Salto de lonxitude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Helsinqui, xullo de 2005

O salto de lonxitude é unha proba do actual atletismo consistente en percorrer a máxima distancia posible no plano horizontal a partir dun salto tras unha carreira. A carreira previa debe realizarse dentro dunha área existente para iso, que finaliza nunha táboa de batida que indica o punto límite para realizar o impulso. A caída ten lugar sobre un foso de area. A distancia do salto mídese desde a táboa de batida ata a marca máis atrasada sobre a area feita por calquera parte do corpo do atleta, e consta de catro partes: carreira, impulso, voo e caída.

Os competidores realizan tres saltos cada un e os oito mellores pasan á seguinte rolda doutros tres saltos. Sempre se ten en conta o salto máis longo. En caso de empate gañará, entre os dous atletas, o que realice o segundo salto máis longo.

É proba olímpica na categoría masculina desde a súa primeira edición celebrada en Atenas en 1896. A categoría feminina da proba debutou nos Xogos celebrados en Londres en 1948. Porén esta proba xa se realizaba nos Xogos Olímpicos da Antigüidade, polo menos desde o ano 708 aC incluída dentro da proba do péntatlon.

Descrición[editar | editar a fonte]

Área de competición[editar | editar a fonte]

A pista de aceleración non ten unha lonxitude concreta, pero adoita medir aproximadamente uns 45 m. A táboa de batida estará situada entre 1 e 3 metros antes do foso. A continuación desta colocarase unha táboa cuberta de plastilina ou similar que permita a visibilidade da proba no caso de ser pasada e/ou pisada. A área de aterraxe ou foso é un banco de area húmida, de 3 m. de ancho e 10 m. de lonxitude (empezando a un metro como mínimo desde a liña de engalaxe). Os competidores calzan zapatillas con sola de cravos.

Procedemento[editar | editar a fonte]

Non hai unha distancia concreta de carreira antes do salto. O salto considérase errado se o competidor:

  • Toca o indicador (a pegada queda marcada na superficie branda).
  • Salta desde fóra do ferro de engalaxe.
  • Realiza unha viravolta.
  • Toca o terreo fóra da área de aterraxe deixando unha marca máis próxima á liña de engalaxe que a que deixou no banco de area.
  • Camiña de costas pola área de aterraxe.
  • Supera o tempo estipulado para realizar o salto.

A medida tómase desde o bordo máis próximo da marca na area, respecto da liña de engalaxe, deixada por calquera parte do corpo da persoa que realizou o salto. Cada saltador executa 3 saltos de clasificación. Declárase vencedora á persoa que consegue maior lonxitude de salto. Se se produce empate, o segundo mellor intento determina a vitoria. Cando haxa máis de oito concursantes, cada un terá dereito a 3 intentos e os 8 mellores realizarán outros 3 intentos de mellora. O tempo que se dispón para realizar os intentos é de 1 minuto e de 2 minutos nas fases finais de competición.

Técnica[editar | editar a fonte]

Fase de carreira[editar | editar a fonte]

Xunto coa batida constitúe a base do salto. Debe ser previamente talonada (medida con precisión), e ha de realizarse en progresión e con gran elevación da coxa. O penúltimo apoio é mais longo que os demais e o último é o máis curto.

Fase de batida[editar | editar a fonte]

A batida transforma a carreira en salto. Comeza co apoio do pé de batida sobre a táboa e termina coa perda dese contacto. O pé de batida chega á táboa de planta. A extensión da perna de batida será completa e coincide coa elevación da perna libre flexionada. Nesta fase tamén existe un movemento enérxico de brazos.

Fase de suspensión ou voo[editar | editar a fonte]

saltador aterrizando na area

Existen tres técnicas nos movementos que executa o atleta durante esta fase: devanditos movementos van encamiñados a adoptar unha posición final máis equilibrada e rendible:

a) Técnica Natural: para saltos de pouca lonxitude e principiantes. É moi simple: durante a suspensión a perna de batida únese á libre e nesa posición de "sentado" efectúase a translación.

b) Técnica extensión: nesta técnica, terminando a engalaxe, a perna libre reláxase e vai atrás, para colocarse á mesma altura que a de batida. Os brazos por arriba ou lateralmente van tamén atrás, propiciando a flexión dorsal do tronco. Posteriormente prodúcese unha acción global en sentido inverso "golpe de riles" para prepararse para a caída.

c) Técnica de paso ou tesoiras: o saltador en certa forma continúa correndo no aire, e en función do número de pasos que realice poderá denominarse "salto de 2 e medio" ou "3 e medio". Para efectuar o medio, o atleta recolle a perna libre e moi flexionada lévaa cara a adiante, semiextendéndoa cara á horizontal e aproximadamente o mesmo altura que a perna de batida. Para propiciar o equilibrio dos movementos de pernas, os brazos realizan rotacións a nivel da articulación do ombreiro e no sentido de atrás adiante. Estas accións van totalmente coordinadas cos movementos das pernas. Déanse os pasos que se dean, finaliza a secuencia cunha flexión de tronco adiante sen que baixen as pernas.

Atleta[editar | editar a fonte]

Velocidade[editar | editar a fonte]

Das catro especialidades de saltos, na que é máis vital a velocidade é no salto de lonxitude. O saltador de lonxitude debe adquirir unha gran aceleración de 30 ou 40 metros de carreira antes de chegar á táboa. Logo, no aire, deben ser capaces de desenvolver o salto.

Fibras[editar | editar a fonte]

As fibras dos saltadores son, nunha enorme proporción, explosivas e moi rápidas, totalmente anaeróbicas na súa funcionalidade desde o punto de vista enerxético. O saltador debe nacer con estas fibras, pero tamén se poden desenvolver a base de pesas, multisaltos e moitos exercicios de flexibilidade e técnica.

Capacidade de impulsión[editar | editar a fonte]

Todos os saltadores teñen unha gran capacidade de impulsión. Tanto en altura como en pértega, lonxitude e triplo salto hai unha elevación sobre o chan. Dentro da elevación tamén hai algo de salto en extensión. Para levar a cabo este salto é imprescindible ter unha boa capacidade de impulsión, ou o que no argot chámase -bote-. Sen bote non se pode saltar, e conséguese grazas ás fibras explosivas e rápidas, ás que fixemos referencia.

Memoria para mecanizar[editar | editar a fonte]

Os saltadores han de ser persoas hábiles e flexibles, cunha serie de calidades innatas: capacidade de mecanizar, de asimilar, de arquivar movementos musculares. Nas catro especialidades, os saltadores fan a película -in mente- de como van realizar o salto antes de levalo a cabo.

Teñen perfectamente talonada (medida) a súa carreira, saben os pasos exactos que dan desde o sitio en que a inician, que previamente marcan na pista, e saben tamén o lugar desde onde deben bater. Se se equivocan, aínda que sexa medio pé abaixo ou arriba, pode ser fatal para o resultado final.

Logo, unha vez que se elevan, os saltadores teñen que mecanizar no aire toda unha serie de movementos, segundo o estilo característico de cada un. Esta mecanización ensáiase nos adestramentos, repetindo miles e miles de veces, ata que o poidan facer practicamente sen pensar.

Concentración[editar | editar a fonte]

Outra calidade dos saltadores é a súa gran capacidade de concentración. Algúns piden palmas aos espectadores, pero é porque ese tipo de apoio axúdalles a concentrarse.

Nutrición[editar | editar a fonte]

Como todos os saltos atléticos caracterízanse por ser probas explosivas, a nutrición dos saltadores é moi parecida á que levan a cabo os especialistas en probas de velocidade ou valos.

Os saltadores queiman fundamentalmente glucógeno, por facer uso de fibras explosivas ou rápidas, que só gastan este combustible de gran calidade. Aos saltadores cústalles especialmente queimar graxas e, como xeralmente han de ser altos e delgados, coller demasiado peso sería un hándicap enorme na competición. A calidade na alimentación é a mesma para todos os saltadores. A súa dieta debe ser variada e equilibrada. A cantidade de calorías que deben inxerir está en función da cantidade de traballo que desenvolvan diariamente e tamén do volume corporal que hai que nutrir.

Como fan numerosos adestramentos de forza, deben asimilar máis calorías en forma de proteinas que calquera outro atleta dunha especialidade non explosiva. Ao redor dun 2 ou 3% máis. En canto ás vitaminas refírese, toman as mesmas que calquera outro atleta.

Adestramento[editar | editar a fonte]

Algúns exercicios destacados nesta proba son:

  1. Circuítos de velocidade e potencia
  2. Exercicios de axilidade
  3. Series de velocidade (60-80 metros)
  4. Multisaltos e saltos completos con aumento do número de pasos
  5. Pesas, cargas medias (50%) executadas rapidamente.
  6. Traballo técnico (talonamiento, batida, voo...)

Paralímpicos[editar | editar a fonte]

Nas probas de salto, as clases con discapacidade nalgunha extremidade inferior poderán utilizar os seguintes métodos de saída: correr, saltar e saída de pé.

Deficientes visuais[editar | editar a fonte]

Os competidores con deficiencias visuais poderán utilizar un avisador que lles proporcione orientación acústica. Para iso, o avisador debe colocarse nunha posición que non estorbe aos oficiais da proba.

No salto de altura, poderán tocar o listón previamente para orientarse antes de tomar carreira. Para algúns tipos de atletas, permíteselles colocar un distintivo visual no listón como axuda para orientarse.

As zonas de batida en salto de lonxitude e triplo salto adoitan ser áreas de 1 metro x 1,22 metros, recuberto de modo (xiz, pos de talco, area fina etc.) que o atleta poida distinguir este área ao pisar nela.[1]

Marcas[editar | editar a fonte]

(actualizado a 01-10-2007)

Marca Atleta País Lugar Data
WR Homes 8.95 Mike Powell Estados Unidos de América Estados Unidos Toquio 30-08-1991
Mulleres 7.52 Galina Chistyakova Unión Soviética Unión Soviética Leningrado 22-05-1988
OR Homes 8.90 Bob Beamon Estados Unidos de América Estados Unidos México D.F. 18-10-1968
Mulleres 7.40 Jackie Joyner-Kersee Estados Unidos de América Estados Unidos Seúl 29-09-1988
ER Homes 8.86 Robert Emmiyan Unión Soviética Unión Soviética Tsakhkadzor 22-05-1987
Mulleres 7.52 Galina Chistyakova Unión Soviética Unión Soviética Leningrado 22-05-1988
AM Homes 8.95 Mike Powell Estados Unidos de América Estados Unidos Toquio 30-08-1991
Mulleres 7.49 Jackie Joyner-Kersee Estados Unidos de América Estados Unidos Nova York 22-05-1994
AF Homes 8.46 Cheikh Tidiane Senegal Senegal Bad Langensalza 15-06-1997
Mulleres 7.12 Chioma Ajunwa Nixeria Nixeria Atlanta 02-08-1996
AS Homes 8.48 Mohamed Salman Ao Khuwalidi Arabia Saudita Sotteville 02-07-2006
Mulleres 7.01 Weili Yao China Jinan 05-06-1993
OC Homes 8.49 Jai Taurima Australia Australia Sydney 28-09-2000
Mulleres 7.00 Bronwyn Thompson Australia Australia Melbourne 07-03-2002

Atletas con mellores marcas mundiais[editar | editar a fonte]

(actualizado a 31/12/2010)

Rama masculina[editar | editar a fonte]

Clasificación Marca Atleta País Data Lugar
1. 8.95 Mike Powell Estados Unidos de América Estados Unidos 30 de agosto de 1991 Toquio
2. 8.90A Bob Beamon Estados Unidos de América Estados Unidos 18 de outubro de 1968 México D.F.
3. 8.87 Carl Lewis Estados Unidos de América Estados Unidos 30 de agosto de 1991 Toquio
4. 8.86A Robert Emmiyan Unión Soviética Unión Soviética 22 de maio de 1987 Tsakhkadzor
5. 8.74 Larry Myricks Estados Unidos de América Estados Unidos 18 de xullo de 1988 Indianápolis
6. 8.74A Erick Walder Estados Unidos de América Estados Unidos 2 de abril de 1994 El Paso
7. 8.74 Dwight Phillips Estados Unidos de América Estados Unidos 7 de xuño de 2009 Eugene
8. 8.73 Irving Saladino Panamá 24 de maio de 2008 Hengelo
9. 8.71 Iván Pedroso Cuba 18 de xullo de 1995 Salamanca
10. 8.66 Loúis Tsátoumas Grecia Grecia 2 de xuño de 2007 Kalamata

Rama feminina[editar | editar a fonte]

Clasificación Marca Atleta País Data Lugar
1. 7.52 Galina Chistyakova Unión Soviética Unión Soviética 11 de xuño de 1988 Leningrado
2. 7.49 Jackie Joyner-Kersee Estados Unidos de América Estados Unidos 22 de maio de 1994 Nova York
3. 7.48 Heike Drechsler Alemaña Democrática Alemaña Oriental 9 de xullo de 1988 Neubrandenburg
4. 7.43 Anisoara Cusmir-Stanciu Romanía Romanía 4 de xuño de 1983 Bucarest
5. 7.42 Tatiana Kotova Rusia Rusia 23 de xuño de 2002 Annecy
6. 7.39 Yelena Belevskaya Unión Soviética Unión Soviética 18 de xullo de 1987 Bryansk
7. 7.37 Inessa Kravets Unión Soviética Unión Soviética 11 de xuño de 1988 Kíiv
8. 7.33 Tatiana Lebedeva Rusia Rusia 31 de xullo de 2004 Tula
9. 7,31 Yelena Khlopotnova Unión Soviética Unión Soviética 12 de setembro de 1985 Alma Atá
Marion Jones Estados Unidos de América Estados Unidos 12 de agosto de 1998 Zúric

Campións olímpicos[editar | editar a fonte]

Xogos Ano Atleta País Marca
Atenas 1896 Homes Ellery Clark Estados Unidos de América Estados Unidos 6.35
Mulleres Non participaron
París 1900 Homes Alvin Kraenzlein Estados Unidos de América Estados Unidos 7.185
Mulleres Non participaron
San Luís 1904 Homes Meyer Prinstein Estados Unidos de América Estados Unidos 7.34
Mulleres Non participaron
Londres 1908 Homes Francis Irons Estados Unidos de América Estados Unidos 7.48
Mulleres Non participaron
Estocolmo 1912 Homes Albert Gutterson Estados Unidos de América Estados Unidos 7.60
Mulleres Non participaron
Anveres 1920 Homes William Petterson Suecia Suecia 7.15
Mulleres Non participaron
París 1924 Homes William DeHart Hubbard Estados Unidos de América Estados Unidos 7.445
Mulleres Non participaron
Amsterdam 1928 Homes Edward Hamm Estados Unidos de América Estados Unidos 7.73
Mulleres Non se disputaron
Los Ángeles 1932 Homes Edward Gordon Estados Unidos de América Estados Unidos 7.64
Mulleres Non se disputaron
Berlín 1936 Homes Jesse Owen Estados Unidos de América Estados Unidos 8.06
Mulleres Non se disputaron
Londres 1948 Homes William Steele Estados Unidos de América Estados Unidos 7.82
Mulleres Olga Gyarmati Hungría Hungría 5.69
Helsinqui 1952 Homes Jerome Biffle Estados Unidos de América Estados Unidos 7.57
Mulleres Yvette Williams Nova Zelandia Nova Zelandia 6.24
Melbourne 1956 Homes Gregory Curtis Bell Estados Unidos de América Estados Unidos 7.83
Mulleres Elzbieta Dunska-Krzesinska Polonia Polonia 6.23
Roma 1960 Homes Ralph Boston Estados Unidos de América Estados Unidos 8.12
Mulleres Beira Krepkina Unión Soviética Unión Soviética 6.37
Tokio 1964 Homes Lynn Davies Reino Unido Reino Unido 8.07
Mulleres Mary Rand Reino Unido Reino Unido 6.76
México 1968 Homes Bob Beamon Estados Unidos de América Estados Unidos 8.90
Mulleres Viorica Viscopoleanu Romanía Romanía 6.82
Munich 1972 Homes Randell Luvelle Williams Estados Unidos de América Estados Unidos 8.24
Mulleres Heidemarie Rosendahl Alemaña Alemaña 6.78
Montreal 1976 Homes Arnie Robinson Estados Unidos de América Estados Unidos 8.35
Mulleres Angela Voigt República Democrática Alemá Alemaña Oriental 6.72
Moscova 1980 Homes Lutz Dombrowski República Democrática Alemá Alemaña Oriental 8.54
Mulleres Tatyana Kolpakova Unión Soviética Unión Soviética 7.06
Os Angeles 1984 Homes Carl Lewis Estados Unidos de América Estados Unidos 8.54
Mulleres Anisoara Cusmir-Stanciu Romanía Romanía 6.96
Seúl 1988 Homes Carl Lewis Estados Unidos de América Estados Unidos 8.72
Mulleres Jackie Joyner-Kersee Estados Unidos de América Estados Unidos 7.40
Barcelona 1992 Homes Carl Lewis Estados Unidos de América Estados Unidos 8.67
Mulleres Heike Drechsler Alemaña Alemaña 7.14
Atlanta 1996 Homes Carl Lewis Estados Unidos de América Estados Unidos 8.50
Mulleres Chioma Ajunwa Nixeria Nixeria 7.12
Sidney 2000 Homes Iván Pedroso Cuba 8.55
Mulleres Heike Drechsler Alemaña Alemaña 6.99
Atenas 2004 Homes Dwight Phillips Estados Unidos de América Estados Unidos 8.59
Mulleres Tatyana Lebedeva Rusia Rusia 7.07
Beijing 2008 Homes Irving Saladino Panamá 8.34
Mulleres


Campións mundiais[editar | editar a fonte]

Sede Ano Atleta País Marco
Helsinqui 1983 Homes Carl Lewis Estados Unidos de América Estados Unidos 8.55
Mulleres Heike Drechsler Alemaña Democrática Alemaña Oriental 7.27
Roma 1987 Homes Carl Lewis Estados Unidos de América Estados Unidos 8.67
Mulleres Jackie Joyner-Kersee Estados Unidos de América Estados Unidos 7.36
Tokio 1991 Homes Mike Powell Estados Unidos de América Estados Unidos 8.95
Mulleres Jackie Joyner-Kersee Estados Unidos de América Estados Unidos 7.32
Stuttgart 1993 Homes Mike Powell Estados Unidos de América Estados Unidos 8.59
Mulleres Heike Dauter Alemaña Alemaña 7.11
Gotemburgo 1995 Homes Iván Pedroso Cuba 8.70
Mulleres Fiona May Italia Italia 6.98
Atenas 1997 Homes Iván Pedroso Cuba 8.70
Mulleres Liudmila Galkina Rusia Rusia 7.05
Sevilla 1999 Homes Iván Pedroso Cuba 8.56
Mulleres Niurka Montalvo España España 7.06
Edmonton 2001 Homes Iván Pedroso Cuba 8.70
Mulleres Fiona May Italia Italia 7.02
París 2003 Homes Dwight Phillips Estados Unidos de América Estados Unidos 8.32
Mulleres Eunice Barber Francia 6.99
Helsinqui 2005 Homes Dwight Phillips Estados Unidos de América Estados Unidos 8.60
Mulleres Tianna Madison Estados Unidos de América Estados Unidos 6.89
Osaka 2007 Homes Irving Saladino Panamá 8.57
Mulleres Tatiana Lebedeva Rusia Rusia 7.03

Récord mundial: Mike Powell (Estados Unidos) con 8.95

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] en castelán

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]