Lanzamento de disco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lanzamento de disco en Atenas 1896 (Robert Garrett, EUA, medalla de ouro).

O lanzamento de disco é unha proba do atletismo actual, onde o obxectivo é lanzar un obxecto pesado de sección circular denominado disco o máis lonxe posible. O disco tírase desde un círculo de 2,50 m de diámetro e debe aterrar dentro dun sector de ángulo de 34° 92'.


Historia[editar | editar a fonte]

Existen rexistros de que esta proba se efectúa polo menos desde o século VI antes de Cristo.

O disco[editar | editar a fonte]

Consérvanse algúns discos antigos e parece ser que non existía nin un peso nin unha medida estándar posto que os discos que se conservan son do máis variado en canto ao seu tamaño e peso que oscila entre os 1,3 e 4 kg, aínda que existe un de 5,707kg que pode ser que fora un disco votivo sen relación coa competición.[1]

Zona de lanzamento[editar | editar a fonte]

A zona de lanzamento suponse que era moi distinta á actual, pero non se sabe con absoluta certeza pois téñense de interpretar as referencias que nos chegaron a nós tales como pinturas, estatuas, etc. Crese que a zona de lanzamento non era circular como na actualidade, senón que era un espazo limitado lateral e frontalmente,

Técnica de lanzamento[editar | editar a fonte]

Coa técnica tamén hai que deducir como era a partir dos restos que nos chegaron, como o discóbolo de Mirón. Crese que a forma máis común de lanzar o disco era levantando o disco pola fronte para a continuación botar o brazo de lanzamento suxeitando o disco cara atrás e acompañándoo co resto do corpo. A continuación avanzábase o corpo cara adiante erguendo e soltando o brazo para efectuar o lanzamento.

Regramento[editar | editar a fonte]

O atleta debe iniciar a súa actuación desde unha posición estática. Pode suxeitar o disco como queira e utilizar calquera técnica de lanzamento manual. Deberá abandonar o círculo pola metade traseira unha vez que o disco tocou o chan. Para que sexa válido o lanzamento o disco deberá caer dentro da parte interior das liñas de demarcación do sector de caída. O lanzamento mídese desde a marca máis próxima efectuada polo disco até o bordo interior da circunferencia do círculo. O atleta non pode introducir nada no círculo. Para realizar cada intento o atleta ten un minuto, normalmente cada atleta realiza tres intentos e os oito atletas con mellor marca válida, realizan outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca.

Motivos de lanzamento nulo:

  • Tocar con calquera parte do corpo a parte superior do bordo metálico do círculo ou ben fóra deste.
  • Saír pola parte dianteira do círculo.
  • Saír do círculo antes de que se produza a caída do artefacto.
  • Lanzar o artefacto fóra do sector.
  • Retraso na execución do lanzamento.
  • Saír polo lado do círculo

Características do disco[editar | editar a fonte]

Na categoría absoluta, o peso do disco é de 2 kg para homes e de 1 kg para mulleres. Ten un diámetro de 219 - 221 mm e unha anchura de 44-46 mm na categoría masculina mentres que na feminina ten un diámetro de 180 - 182 mm e unha anchura de 37 - 39 mm. Non obstante, o tamaño e o peso do disco descenden en categorías inferiores de varóns: 1,5 kg para menores (até 17 anos) 1,75 kg para xuvenís (de 18 a 20 anos).

Récords[editar | editar a fonte]

(actualizado o 23 de decembro de 2010)

Marca Atleta País Lugar Data
WR Homes 74,08 Jürgen Schult Alemaña Democrática Alemaña Oriental Neubrandenburg 06-06-1986
Mulleres 76,80 Gabriele Reinsch Alemaña Democrática Alemaña Oriental Neubrandenburg 09-07-1988
OR Homes 69,89 Virgilijus Alekna Lituania Lituania Atenas 23-08-2004
Mulleres 72,30 Martina Hellmann Alemaña Democrática Alemaña Oriental Seúl 29-09-1988
ER Homes 74,08 Jürgen Schult Alemaña Democrática Alemaña Oriental Neubrandenburg 06-06-1986
Mulleres 76,80 Gabriele Reinsch Alemaña Democrática Alemaña Oriental Neubrandenburg 09-07-1988
AM Homes 71,32 Ben Plucknett Estados Unidos de América Estados Unidos Eugene 04-06-1983
Mulleres 70,88 Hilda Ramos Flag of Cuba.svg Cuba A Habana 08-05-1992
AF Homes 70,32 Frantz Kruger Suráfrica Suráfrica Salon-de-Provence 26-05-2002
Mulleres 64,87 Elizna Naude Suráfrica Suráfrica Stellenbosch 02-03-2007
AS Homes 69,32 Ehsan Hadidi Flag of Iran.svg Irán Tallinn 03-06-2008
Mulleres 71,68 Yanling Xiao Flag of the People's Republic of China.svg China Pekín 14-03-1992
OC Homes 65,02 Benn Harradine Australia Australia Salinas 22-05-2008
Mulleres 68,72 Daniela Costian Australia Australia Auckland 22-01-1994

Atletas con mellores marcas mundiais[editar | editar a fonte]

(actualizado o 1 de agosto de 2010)

Homes[editar | editar a fonte]

Ranking Marca Atleta País Data Lugar
1. 74,08 Jürgen Schult República Federal de Alemaña República Federal Alemá 6 de xuño de 1986 Neubrandenburg
2. 73,88 Virgilijus Alekna Lituania Lituania 3 de agosto de 2000 Kaunas
3. 73,38 Gerd Kanter Estonia Estonia 4 de setembro de 2006 Helsingborg
4. 71,86 Yuriy Dumchev Unión Soviética Unión Soviética 29 de maio de 1983 Moscú
5. 71,70 Robert Fazekas Hungría Hungría 14 de xullo de 2002 Szombathely
6. 71,50 Lars Riedel República Federal de Alemaña República Federal Alemá 3 de maio de 1997 Wiesbaden
7. 71,32 Ben Plucknett Flag of Peru.svg Perú 4 de xuño de 1983 Eugene
8 71,26 John Powell Estados Unidos de América Estados Unidos 9 de xuño de 1984 San José
Rickard Bruch Suecia Suecia 15 de novembro de 1984 Malmö
Imrich Bugar Checoslovaquia Checoslovaquia 25 de maio de 1985 San José

Mulleres[editar | editar a fonte]

Ranking Marca Atleta País Fecha Lugar
1. 76.80 Gabriele Reinsch Alemaña Democrática Alemaña Oriental 9 de xullo de 1988 Neubrandenburg
2 74,56 Zdenka Silhavá Checoslovaquia Checoslovaquia 26 de agosto de 1984 Nitra
Ilke Wyludda Alemaña Democrática Alemaña Oriental 23 de xullo de 1989 Neubrandenburg
4. 74,08 Diana Sachse-Gansky Alemaña Democrática Alemaña Oriental 20 de xuño de 1987 Chemnitz
5. 73,84 Daniela Costian Romanía Romanía 30 de abril de 1988 Bucarest
6. 73,36 Irina Meszynski Alemaña Democrática Alemaña Oriental 17 de agosto de 1984 Praga
7. 120 Tsvetanka Khristova Bulgaria Bulgaria 19 de abril de 1987 Kazanlak
9. 73,10 Gisela Beyer Alemaña Democrática Alemaña Oriental 20 de xullo de 1984 Berlín
10. 72,92 Martina Hellmann Alemaña Democrática Alemaña Oriental 20 de agosto de 1997 Potsdam

Campións olímpicos[editar | editar a fonte]

Xogos Ano Atleta País Marca
Atenas 1896 Homes Robert Garret Estados Unidos de América Estados Unidos 29,15
Mulleres Non participaron
París 1900 Homes Rudolf Bauer Hungría Hungría 36,04
Mulleres Non participaron
San Luís 1904 Homes Martin Sheridan Estados Unidos de América Estados Unidos 39,28
Mulleres Non participaron
Londres 1908 Homes Martin Sheridan Estados Unidos de América Estados Unidos 40,89
Mulleres Non participaron
Estocolmo 1912 Homes Armas Taipale Finlandia Finlandia 45,21
Mulleres Non participaron
Amberes 1920 Homes Elmer Niklander Finlandia Finlandia 44,69
Mulleres Non participaron
París 1924 Homes Clarence Houser Estados Unidos de América Estados Unidos 46,15
Mulleres Non participaron
Ámsterdan 1928 Hombs Clarence Niklander Estados Unidos de América Estados Unidos 47,32
Mulleres Halina Konopacka Polonia Polonia 39,62
Los Angeles 1932 Homes John Anderson Estados Unidos de América Estados Unidos 49,49
Mulleres Lillian Copeland Estados Unidos de América Estados Unidos 40,59
Berlín 1936 Homes Kenneth Carpenter Estados Unidos de América Estados Unidos 50,49
Mulleres Gisela Mauermayer Alemaña Alemaña 47,63
Londres 1948 Homes Adolfo Consolini Italia Italia 52,78
Mulleres Micheline Ostermeyer Flag of France.svg Francia 41,92
Helsinqui 1952 Homes Simeon Iness Estados Unidos de América Estados Unidos 55,03
Mulleres Nina Romashkova Unión Soviética Unión Soviética 51,42
Melbourne 1956 Homes Al Oerter Estados Unidos de América Estados Unidos 56,36
Mulleres Olga Fikotová Checoslovaquia Checoslovaquia 53,69
Roma 1960 Homes Al Oerter Estados Unidos de América Estados Unidos 59,18
Mulleres Nina Romashkova Unión Soviética Unión Soviética 55,10
Toquio 1964 Homes Al Oerter Estados Unidos de América Estados Unidos 61,00
Mulleres Tamara Press Unión Soviética Unión Soviética 57,27
México 1968 Homes Al Oerter Estados Unidos de América Estados Unidos 64,78
Mulleres Lia Manoliu Romanía Romanía 58,28
Múnic 1972 Homes Ludvik Danek Checoslovaquia Checoslovaquia 64,40
Mulleres Faina Melnik Unión Soviética Unión Soviética 66,62
Montreal 1976 Homes Malcom Maurice Wilkins Estados Unidos de América Estados Unidos 67,50
Mulleres Evelin Schlaak Alemaña Democrática Alemaña Oriental 69,00
Moscova 1980 Homes Viktor Rashchupkin Unión Soviética Unión Soviética 66,64
Mulleres Evelin Jahl Alemaña Democrática Alemaña Oriental 69,96
Los Angeles 1984 Homes Rolf Dannenberg República Federal de Alemaña República Federal Alemá 66,60
Mulleres Ria Stalman Países Baixos Países Baixos 65,36
Seúl 1988 Homes Jürgen Schult Alemaña Democrática Alemaña Oriental 68,82
Mulleres Martina Hellmann Alemaña Democrática Alemaña Oriental 72,30
Barcelona 1992 Homes Romas Ubartas Lituania Lituania 65,12
Mulleres Maritza Martén Flag of Cuba.svg Cuba 70,06
Atlanta 1996 Homes Lars Riedel Alemaña Alemaña 69,40
Mulleres Ilke Wyludda Alemaña Alemaña 69,66
Sidney 2000 Homes Virgilijus Alekna Lituania Lituania 69,30
Mulleres Ellina Zvereva Bielorrusia Bielorrusia 68,40
Atenas 2004 Homes Virgilijus Alekna Lituania Lituania 69,89
Mulleres Natalya Sadova Rusia Rusia 67,02
Pequín 2008 Homes Gerd Kanter Estonia Estonia 68,82
Mulleres Stepahnie Brown Trafton Estados Unidos de América Estados Unidos 64,24

Campións mundiais[editar | editar a fonte]

Sede Ano Atleta País Marca
Helsinqui 1983 Homes Imrich Bugár Checoslovaquia Checoslovaquia 67,72
Mulleres Martina Hellmann Alemaña Democrática Alemaña Oriental 68,94
Roma 1987 Homes Jürgen Schult Alemaña Democrática Alemaña Oriental 68,74
Mulleres Martina Hellmann Alemaña Democrática Alemaña Oriental 71,62
Toquio 1991 Homes Lars Riedel Alemaña Alemaña 66,20
Mulleres Tsvetanka Khristova Bulgaria Bulgaria 71,02
Stuttgart 1993 Homes Lars Riedel Alemaña Alemaña 67,72
Mulleres Olga Burova Rusia Rusia 67,40
Gotemburgo 1995 Homes Lars Riedel Alemaña Alemaña 68,76
Mulleres Ellina Zvereva Bielorrusia Bielorrusia 68,64
Atenas 1997 Homes Lars Riedel Alemaña Alemaña 68,54
Mulleres Beatrice Faumuina Nova Zelandia Nova Zelandia 66,82
Sevilla 1999 Homes Anthony Washintong Estados Unidos de América Estados Unidos 69,08
Mulleres Franka Dietzsch Alemaña Alemaña 68,14
Edmonton 2001 Homes Lars Riedel Alemaña Alemaña 69,72
Mulleres Ellina Zvereva Bielorrusia Bielorrusia 67,10
París 2003 Homes Virgilijus Alekna Lituania Lituania 69,69
Mulleres Irina Yachenko Bielorrusia Bielorrusia 67,32
Helsinki 2005 Homes Virgilijus Alekna Lituania Lituania 70,17
Mulleres Franka Dietzsch Alemaña Alemaña 66,56
Osaka 2007 Homes Gerd Kanter Estonia Estonia 68,94
Mulleres Franka Dietzsch Alemaña Alemaña 66,61

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lanzamiento de disco mundoatletismo.com (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lanzamento de disco