Cabo Prior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización

O cabo Prior forma un promontorio que se adentra no mar uns catro quilómetros en dirección SE-NO, interrompendo unha liña de costa que se estende desde punta Frouxeira (Valdoviño) ata cabo Prioriño (Ferrol).

A súa altura supera escasamente os 100 m, pero a súa proximidade ao mar converte os seus materiais granodioríticos en impresionantes acantilados nos que as sucesivas etapas de transgresión e regresión mariñas deron lugar a unha roseira de illotes entre os que destacan Os Cabalos -ao norte, cunha colonia dunhas vinte parellas de corvo mariño cristado e a gaivota patiamarela na Pena Maior ao suroeste.[Cómpre referencia]

O relevo do cabo forma unha península cun istmo formado por litoloxía de xistos do Sistema de Ordes que presentan unha superficie de tipo chaira de rasa mariña.

Cabo Prior desde Santa Comba.

É un excelente punto de observación de paso de aves mariñas migratorias.

A costa é accidentada e abrupta, sendo posible a práctica da pesca. Próximas ao faro, hai varias praias limpas e espazosas, San Xurxo, ou Vilar, Santa Comba e Ponzos, concorridas durante a época estival, momento no que aumenta sensiblemente a poboación de Covas, a aldea máis próxima a 3,5 km, ao ser zona de veraneo. Covas é unha península flanqueada por areais, unha extensa planicie, na que se asenta a poboación e os campos de cultivo.

O faro[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Faro de cabo Prior.

O faro de cabo Prior atópase a 14 km de Ferrol, alén dos montes de Serantes. Para chegar a el abandónase Ferrol e vaise ascendendo sempre a pendente ata remontar o cume que chaman a Bailadora, onde se inicia o descenso ata Covas e a subida ata o faro. Comezou a funcionar o 1 de marzo de 1953.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]