Castelo do Carbedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo do Carbedo
ben de interese cultural
ConcelloFolgoso do Courel
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°38′07″N 7°07′37″O / 42.635286, -7.127066Coordenadas: 42°38′07″N 7°07′37″O / 42.635286, -7.127066
Estilo arquitectónico
Estado actualAbandono
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O castelo do Carbedo é unha fortaleza de orixe medieval, situado preto da aldea do Carbedo (Esperante, Folgoso do Courel).

Está situado a 930 m de altitude no cumio dun outeiro, na beira da estrada de Seoane a Visuña. Consérvanse as ruínas de muros, unha torre circular e divisións interiores.

Non se sabe certa a súa data de construción pero xa aparece citado en 1550 polo Licenciado Molina, que o chama "Fortaleza de Courel". Pertenceu a Nuno Peláez, que máis tarde o deixou aos Cabaleiros da Orde de Santiago[1].

Escavacións[editar | editar a fonte]

As últimas exploracións arqueolóxicas feitas no castelo datan de 1977 e 1979. O traballo foi realizado por un equipo coordinado por José María Luzón Nogué e Francisco Javier Sánchez-Palencia. Os resultados publicáronse en 1980 nun libro titulado El Caurel e editado polo Ministerio de Cultura, dentro da colección:Excavaciones arqueológicas en España[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Serra do Courel (ed.). "Castelo de Carbedo". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  2. Castelo do Carbedo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Luzón Nogué et all), J M, ed. (1980). El Caurel. Madrid: Ministerio de Cultura. p. 155. ISBN 9788474831139. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.