Praia de Doniños
Aparencia
| Praia de Doniños | |
|---|---|
| 43°29′43″N 8°19′13″O / 43.4953, -8.32028 | |
| Características xerais | |
| Localización | Ferrol |
| Lonxitude | 1.900 m |
| Largo medio | 50 m |
| Grao de ocupación | Media |
| Grao de urbanización | Ningún |
| Paseo marítimo | |
| Características específicas | |
| Tipo de praia | Mar Aberto |
| Tipo de area | Fina e branca |
| Condicións do baño | |
| Praia nudista | Si |
| Aspectos medioambientais | |
| Bandeira Azul | Si |
| Seguridade | |
| Equipo de vixilancia | Si |
| Sinalización do perigo | Si |
| Policía local | Si |
| Equipo de salvamento | Si |
| Accesibilidade | |
| Accesible a discapacitados | |
| Tipo de acceso | Peonil con aparcadoiro |
| Sinalización do acceso | |
A praia de Doniños e a súa lagoa son unha contorna natural case virxe do concello de Ferrol. A praia ten bandeira azul e tódolos equipamentos. A zona vixiada son os dous extremos da praia sendo perigosa polas correntes nas zonas indicadas. Está moi ben comunicada e ten amplos aparcadoiros. A contorna está moi ben coidada. É con diferenza a praia máis coñecida de Ferrol. O seu amplo e limpo areal é empregado para todo tipo de deportes náuticos. Preto dela está un amplo pinar de monte común e o castro de Lobadiz. Accedese á praia polos dous extremos e pola parte central por camiños peonís sinalizados.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Batalla de Brión.
O 25 e 26 de agosto de 1800 tropas británicas desembarcaron na praia de Doniños para atacar Ferrol, tamén coñecida como batalla de Doniños.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Surf en Doniños
- Desembocadura da Lagoa de Doniños na praia
- A praia
- Praia de Doniños, regato da Lagoa de Doniños.