Torre de San Sadurniño
Torre de San Sadurniño | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | torre ![]() | |||
Conservación | en ruínas ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Cambados ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008962 | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
A Torre de San Sadurniño atópase na Illa de Figueira, unha pequena illa con forma de triángulo irregular (San Tomé do Mar) fronte á actual zona urbana de Cambados na provincia de Pontevedra.
Historia
[editar | editar a fonte]O lugar no que se encontra foi probablemente o núcleo de poboación máis antigo de Cambados[1], e coñecido antigamente como Vila Vella[2] e que despois adoptaría a actual denominación de San Tomé do Mar.
O estilo construtivo da torre, que nada ten que ver coas construcións altomedievais anteriores ao ano 1000 como se pensaba, indican que tivo que ser construída a finais do século XV ou inicios do século XVI. A torre conservada hoxe non era polo tanto unha torre de vixianza para avisar dos ataques viquingos na ría de Arousa se non unha casa-torre residencial da familia dos Soutomaior. De feito o fundador da vila de San Tomé foi Sueiro Gomes de Soutomaior, que deixa para a ermida de San Tomé do mar no seu testamento" un marco de plata para ajuda de facer cada un seu caliz de plata"[3] Fala polo tanto este documento da existencia da ermida cuxos alicerces localizaron recentes escavacións arqueolóxicas. A veneración nesta igrexa de santos como San Sadurniño ou San Tomé dan seguramente nome á illa e á vila anexa. Foron seguramente a filla (María) ou a neta (Xoana) de Sueiro, as que mandaron construír a torre.
A fortificación estivo vinculada primeiro á familia Chariño - Soutomaior, logo aos condes de Castronovo, ata que o IV Conde de Castronovo, Martín Domingo de Guzmán y Niño, vendeu o señorío e as posesións ó primeiro marqués de Montesacro, Diego de Zárate y Muga.
Características
[editar | editar a fonte]

Na pequena illa que ocupaba a antiga fortificación só se conservan uns poucos restos: unha esquina dos muros rexos de cantaría de granito cunha xanela. Ademais atópanse restos dunha lareira no encontro dos muros, que consta dunha cambota de granito sostida por canzorros e unha cheminea formada por un cano tamén de granito.
A súa función principal foi residencial e tamén simbólica do señorío dos Soutomaior, a onde acudían os vasalos a pagar as rendas.
A principios do século XX aínda eran visibles os alicerces da antiga capela do complexo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Memorias do arcebispo Jerónimo del Hoyo, que visitou Cambados en 1607.
- ↑ Segundo Caamaño Bournacell
- ↑ Suso Vila: "A casa dos Soutomaior", editorial Toxosoutos, (2010), p. 476
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de San Sadurniño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gumersindo Mosteiro: "A Torre e a sombra" (2018) Cambados. ISBN 978-84-09-05332-2.
- Suso Vila: "A casa dos Soutomaior", editorial Toxosoutos, (2010), p. 476. Noia, A Coruña, ISBN 978-84-92792-36-8
- José Caamaño Bournacell: Cambados a la luz de la historia (1933)