Castelo de Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°33′50″N 08°45′43″O / 42.56389, -8.76194

Castelo de Lobeira
Cruz Lobeira.jpg
ConcelloVilanova de Arousa
ProvinciaPontevedra
Comunidade
autónoma
Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (século IX)
Estilo actual? (En ruínas)
Estado actualDesaparecido
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Lobeira era unha fortificación medieval situada no monte Lobeira, nun enclave natural que proporciona un miradoiro cara á ría de Arousa, no concello de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés.

Historia[editar | editar a fonte]

Parece ter antecedentes mesmo nun antigo castro na zona, e aparece mencionado en textos da Catedral de Santiago de Compostela como Castro Lupus. A súa toponimia así o indica, pois Lupara en latín significa castelo ou mansión real.

Antigüidade[editar | editar a fonte]

O dato máis antigo documentado é nacemento en Lobeira no século IX do bispo de Iria Flavia Teodomiro, do que a lenda conta que foi partícipe do descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago.

A fortaleza de Lobeira foi reforzada para defende-la ría dos continuos asedios de viquingos e musulmáns (recordar que no termo municipal onde se atopa Vilanova de Arousa veu destruída a súa vila por unha invasión normanda, e mesmo os musulmáns camparan en illas tan próximas como Sálvora ou mesmo a Illa de Arousa). Como inmellorable punto estratéxico do Salnés e da ría de Arousa, a súa posesión significaba ter un perfecto control sobre a fértil e cobizada comarca. Debido a este carácter defensivo/estratéxico, tras estar baixo rendistas eclesiásticos, o castelo é doado a destacamentos militares para mellor protección da cidade de Compostela.

Co tempo converteuse nunha fortaleza de grande importancia na Idade Media, onde se forxaron capítulos destacables da historia do Reino de Galiza. Nos séculos XI e XII a fortaleza adquiriu unha nova relevancia, da cal son protagonistas Dona Urraca, o seu fillo Afonso VII a mais do Arcebispo Xelmírez. Tras o finamento de Raimundo de Borgoña, home de Dona Urraca, esta volve casar, perdendo así a posibilidade de herdar ó trono do reino de Castela posto que o seu pai o establecera así nunha cláusula no seu testamento. Comeza entón o enfrontamento entre os que queren coroar ó seu fillo Afonso (entre eles o Arcebispo Xelmírez) e os que apoian ó novo home de Dona Urraca, Afonso I de Aragón, que quere controla-las terras da Galiza. Un dos aliados do aragonés é Arias Pérez, que por aquel entón rexentaba a fortaleza de Lobeira, e quen con enganos consegue apresar a Xelmírez no castelo. A pesar diso, Afonso I de Aragón non consegue dominar a Galiza e Arias Pérez é tamén vencido. Entende entón Dona Urraca que o seu inimigo para chegar ó trono é Xelmírez e empregará sen éxito todos os seus esforzos para vencelo. En 1116 comeza unha guerra na que Lobeira volve ser clave e en 1117 a Raíña decide reconciliarse co seu fillo e claudica.

Da época de Don Raimundo e Dona Urraca son os tres petróglifos que se atopan nas inmediacións do miradoiro, e que representan xogos flamengos cos que se entretiñan os soldados holandeses que custodiaban a torre (que trouxera Don Raimundo do seu país).

Ó longo da súa historia posterior, Lobeira foi cobizada por calquera das partes nos diversos conflitos vinculados co poder de Compostela, como enclave para a defensa e abastecemento da capital compostelá, que xunto coas Torres de Oeste eran coñecidos coma as portas a Compostela.

Destrución da fortaleza[editar | editar a fonte]

A fortaleza foi finalmente derrocada durante a Gran Guerra Irmandiña, sendo as tropas irmandiñas patroneadas nesta zona por Sueiro Gomes e Pedro Álvarez de Soutomaior, como revelación contra os abusos dos señores feudais e do arcebispo de Santiago, a quen pertencía por aquel entón este castelo.

Os danos que sufridos polo enclave na Gran Guerra Irmandiña foron moitos, polo que a mitra acabaría decidindo cederlla a Juan Antonio Mariño de Lobeira (descendente de Ruy Soga de Lobeira, anterior beneficiario da torre e importante personaxe tamén na historia de Compostela), pois a acometida da reconstrución resultaba moi custosa para a mitra compostelá xa que a poboación quedara dezmada a causa das continuas persecucións posteriores cando os nobres volveron a Galiza. Posteriormente, os seus novos propietarios aproveitaron a pedra e trasladárona ó Rial, onde construíron o pazo Rial, actualmente convertido en hotel. O estrago total da torre foi obra de furtos veciñais e absurdas concesións de pedra, deixando así Lobeira á marxe da historia posterior.

Idade contemporánea[editar | editar a fonte]

Miradoiro de Lobeira.

En 1896 levantouse unha gran cruz. O símbolo do cristianismo foi erixido como homenaxe ás vítimas dos naufraxios de navíos das costas próximas. Tralo afundimento do buque-escola Serpent o almirantado británico colocou nunha das rochas do miradoiro unha placa con inscrición inglesa para lembranza destes mariños.

Tralo alzamento nacional e durante a guerra civil o monte Lobeira foi bombardeado para eliminar aos maquis que se refuxiaron na mesma ao inicio da contenda e foi usado por falanxistas para pasear a persoas do lugar.

Na década de 1960 promoveuse a instalación dunha figura do Sagrado Corazón de 30 metros de altura, a carón da cruz do cumio. O concello, a deputación de Pontevedra, o arcebispado e a casa civil deron o visto e prace, pero o Ministerio de Educación obrigou a desprazalo a 500 m, tamén dentro do perímetro da construción medieval. Finalmente, non se logrou recadar a cantidade prevista (2 525 000 pesetas) para pagar a obra, encargada ao escultor de Vilalonga Afonso Vilar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]