Castelo de Tebra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Tebra
Castillo de Tebra.jpg
Concello Tomiño
Provincia Pontevedra
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas 42°02′10″N 8°44′43″O / 42.0361, -8.74528Coordenadas: 42°02′10″N 8°44′43″O / 42.0361, -8.74528
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal ? (século XIII)
Estilo actual mestura (século XVI)
Estado actual Vivenda particular non visitábel
Véxase tamén
Castelos de Galicia

O castelo de Tebra ou torre de Tebra é un castelo medieval situado no lugar do Outeiro da parroquia de Santa María de Tebra, no concello de Tomiño, no val do Tebra afluente do río Miño.

Historia[editar | editar a fonte]

Coñécese a súa existencia dende os anos 1211 e 1217 e no ano 1353 autorízase a reedificación dun castelo no lugar de Samuelle.

No ano 1345 pertencía a Alonso Gómez Churruchao. No ano 1468 Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, apoderouse do castelo que tivo que volver a levantar no ano 1477, pero entre os anos 1481 e 1486 Fernando de Acuña, Xustiza Maior do Reino de Galicia, derrubouno de novo.

No ano 1506 a Real Audiencia de Galicia manda entregar os restos da fortaleza e a súa xurisdición á familia dos Suárez de Deza. Deste xeito no ano 1508, por sentenza da Real Chancelería de Valladolid, toma posesión do val de Tebra Álvaro Suárez de Deza, conde de Camiña, Meriño do Val de Tebra en 1508. Testou e fundou o morgado de Tebra en 1566 e no ano 1532 conseguiu a autorización da Raíña Xoana para reconstruílo como pazo-fortaleza.

Descrición[editar | editar a fonte]

Na actualidade só se conserva a torre da homenaxe, que na actualidade forma parte dun pazo.

A torre de estilo renacentista ten planta cadrada e está feita de perpiaños de granito. Remátase cun ameado voado apoiado en ménsulas. Nas súas esquinas sitúanse garitóns voados sobre unha base cónica. Adórnase con bolas semellantes as das torres de Xunqueiras (A Coruña) e os Púlpitos (Cáceres) Os lados da torre miden ao redor duns 8 metros, e o grosor medio dos seus muros é de 1,5 metros aproximadamente. No seu lado sur pódese contemplar o escudo de armas dos Suárez de Deza.

Na actualidade a torre consta de catro pisos: planta baixa e tres alturas. Conserva na súa planta alta as xanelas rematadas en forma de arco conopial. Destaca o amplo miradoiro, unha galería con arcos semicirculares, un torreón alto e estreito, a cheminea da cociña e unha capela.

Unha pequena muralla pecha o recinto, ao que se acede por unha porta de arco de medio punto ou por unha escaleira.

Situación actual[editar | editar a fonte]

Na actualidade é unha propiedade privada non visitable.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]