Torre de Friol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de Friol
ConcelloFriol
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°01′42″N 7°47′17″O / 43.02833333, -7.78805556Coordenadas: 43°01′42″N 7°47′17″O / 43.02833333, -7.78805556
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico? (século XII)
Estilo actualrománico?
Estado actualAmeaza de ruína.
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A torre de Friol é unha fortaleza medieval situada no concello de Friol.

Historia[editar | editar a fonte]

Probabelmente foi levantada no século XII, conservando da fábrica orixinal nos seus muros interiores marcas de canteiro semellantes aos das igrexas románicas levantadas nese século.

Pertenceu á casa dos Altamira, e dela fixo morgado o conde Fernando de Freixomil. Tamén pertenceu aos Maldonado e á antiga liñaxe dos Prados (de orixe leonesa), que ten como estandarte o león rampante en sable sobre campo de ouro.

Características[editar | editar a fonte]

A fortificación sufriu importantes modificacións, conservándose os restos máis antigos pegados ao pazo levantado con posterioridade.

A antiga torre da homenaxe é de planta cadrada, medindo máis de dez metros de lado. Na súa fachada norte ábrese á altura do terceiro andar unha pequena xanela de arco monolítico falso. A fachada oeste, que olla para o antigo patio de armas, ábrese, nos dous últimos andares, por medio de dúas pequenas xanelas de feitura similar á anterior. A fachada leste coñécese co nome de Vara Alta e foi obxecto de múltiplas modificacións, conservando na súa parte máis antiga unha porta de arco de medio punto realizado con grandes doelas e xambas de aresta en chafrán.

No lado esquerdo do conxunto consérvase outro corpo da fachada, posibelmente do século XVII, divida en tres andares. Ábrese cunha porta con arco moldurado, e un balcón con balaustrada de ferro, apoiada sobre canzorros de pedra.

Na actualidade a torre da homenaxe presenta unha fenda no alto dun dos seus muros, o que fai que o edificio ameace ruína.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]