Castelo de Sandiás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Sandiás
ben de interese cultural
ConcelloSandiás
ProvinciaOurense
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°07′24″N 7°44′39″O / 42.12341389, -7.74411944Coordenadas: 42°07′24″N 7°44′39″O / 42.12341389, -7.74411944
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século XI-XII)
Estilo actualrománico (século XII)
Estado actualEn ruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Situación[editar | editar a fonte]

O Castelo de Sandiás, tamén coñecido como A Torre de Sandiás, ou coma A Torre do Castro, é un castelo situado nun outeiro illado, tendo o seu pé o lugar do Castro, no concello de Sandiás, na comarca da Limia, provincia de Ourense.

Historia[editar | editar a fonte]

A fundación deste castelo aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX). Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o rei de Galiza, León e Castela, Afonso VII e Afonso Henriques de Portugal.

No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde no ano 1467 arrasárono os Irmandiños e logo da revolta reconstruíuse de novo. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia.

Conta a lenda que dentro do castelo hai un pozo con varios metros de auga, pozo que é a entrada a un salón cheo de ouro. Para desencantalo e poder acceder ó ouro hai que levar un ovo dunha pita negra e maila propia pita. Sóltase a pita no salón e, cando sae o xigante que protexe o ouro, armado cun machado, debe estampárselle o ovo na fronte, co que o xigante desaparecerá. Pero se non se lle dá co ovo, o xigante matará ó intruso [1].

Situación actual[editar | editar a fonte]

Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admira-los seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, con tres pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vicente Risco 1962, 311.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]