Castelo da Picoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo da Picoña
Livro das Fortalezas 101- Piconha.jpg
Concello Calvos de Randín
Provincia Ourense
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas 41°54′58″N 7°51′02″O / 41.91611111, -7.85055556Coordenadas: 41°54′58″N 7°51′02″O / 41.91611111, -7.85055556
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal (XII)
Estado actual En ruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia

O castelo da Picoña é unha fortaleza situada no outeiro da Almena, no municipio de Calvos de Randín, no camiño que une Randín con Vilar e Vilariño. Está situado ó leste da actual freguesía portuguesa de Tourém. Situado na Raia, na marxe esquerda do río Salas, era a cabeza das Terras da Picoña, defendendo o chamado Couto Mixto, que pasou ó reino de España polo Tratado de Lisboa de 1864. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público e de escavacións arqueolóxicas. Actualmente, só é visible o alxibe escavado na rocha.

Historia[editar | editar a fonte]

Na época da Independencia de Portugal, intensificouse o poboamento das fronteiras con Galicia. Nesa fase, no século XII, o Castelo da Picoña constituíase en importante fortificación fronteiriza portuguesa, destinado a guarnecer, xuntamente cos castelos de Portelo, Montalegre, Monforte de Río Frío e Chaves, a defensa dos acesos ós vales do río Cávado e do río Támega. A Carta Foral de Tourém é atribuída a D. Sancho I (1185-1211) en 1187, como cabeza das Terras da Picoña.

En 1650, no contexto da Guerra da Restauración, este castelo, xuntamente con outras prazas veciñas na rexión, foi demolido por tropas castelás.

Conforme ós termos do Tratado de Lisboa, ó pasar a maior parte das dúas terras a dominio español en 1865, o termo da Picoña foi extinguido en 1866.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • GOMES, Rita Costa. Castelos da Raia (v. II: Trás-os-Montes). Lisboa: IPPAR, 2003.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]