Saltar ao contido

Castelo de Castroverde

Castelo de Castroverde
Vilariño Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Patrimonio
Ben de Interese Cultural
Data17 de outubro de 1994
IdentificadorRI-51-0008885

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 76603
Wikidata C:Commons

O castelo de Castroverde[1] é unha fortaleza situada no concello de Castroverde. A antiga construción do século XIV, pertenceu a Álvaro Pérez Osorio, duque de Aguiar e conde de Villalobos por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde apoderouse do castelo Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, e trala súa morte herdouno a súa curmá Isabel de Castro. Xa no século XVI, Lope Osorio de Moscoso, da casa de Altamira, mercou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada.

Deste antigo castelo, só quedan en pé as ruínas da antiga muralla, e a torre da homenaxe con planta rectangular de 12 por 10 metros, con 20 metros de altura en cinco andares con muros graníticos de 2 metros de espesor.

Situada no cumio dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Destacan no lado norte, a porta de entrada con lintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro (gaiteiro?). Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre seteira, en arco.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Castelo de Castroverde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]