Torre da Penela
| Torre da Penela | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| A Penela | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O castelo da Penela ou torre da Penela é unha construción fortificada situada no lugar da Penela (A Silvarredonda, Cabana de Bergantiños).
Historia
[editar | editar a fonte]O antigo castelo foi fundado por Lope Bermúdez, que emparentou coa liñaxe dos Altamira casando con Urraca de Moscoso,[1] descendente da liñaxe dos Bermúdez de Traba. Era parte dunha rede de fortificacións fronteirizas para a defensa da comarca de Bergantiños. Con posterioridade pasou a ser patrimonio dos condes de Priegue, donos da torre de Celas de Peiro. En 2022 mercouno o Concello de Cabana de Bergantiños.[2]
As reformas levadas a cabo durante o século XVII configuraron a súa actual tipoloxía de residencia palaciana.
Conta a lenda que un cruceiro, hoxe situado preto da torre, atopábase antes á entrada da fortificación de xeito que todo o que pasase por diante quedaba ceibe dos seus perseguidores. Segundo a lenda, unha muller achegouse ao cruceiro, sendo apreixada xusto antes e decapitada; os veciños sentiron mágoa por ela, “Pena dela”. Así, conforme a lenda, se orixinou o nome, Penela.[Cómpre referencia]
Heráldica
[editar | editar a fonte]A liñaxe dos Riobó representa no escudo de armas como armas sobre campo de sinople unha torre de prata cunha silva envolvéndoa.

Características
[editar | editar a fonte]A torre é de planta cadrada distribuída en dous andares e un soto no cal se abre unha porta con arco de volta perfecta composto por doelas de bo tamaño. No alto remátase cunha terraza con ameas en toda a súa volta. Algunhas das xanelas foron abertas en tempos posteriores.
Na fachada conserva escudos de armas dos Castro, Rioboo e Bermúdez. Na fachada posterior existe un acceso directo á terceira planta debido ao desnivel do terreo.
Hoxe en día é usado como celeiro e no seu interior consérvase a estrutura dunha escaleira de caracol.
Encaixado nun lavadoiro consérvase outro escudo moi gastado. Detrás da torre atópase unha fonte con pia e forma de cadaleito.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Torre da Penela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOGA MOSCOSO, R. (2003): Guía dos castelos medievais de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, páx. 48. ISBN 84-9782-035-5.
- ↑ "La Torre da Penela ya es propiedad del Concello de Cabana". Diario de Bergantiños (en castelán). 24 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A torre da Penela na web do concello de Cabana de Bergantiños Arquivado 03 de xullo de 2011 en Wayback Machine.