Castelo de Naraío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castelo de Naraío
Castillo de Naraío I.jpg
ConcelloSan Sadurniño
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°29′40″N 8°03′32″O / 43.49444444, -8.05888889Coordenadas: 43°29′40″N 8°03′32″O / 43.49444444, -8.05888889
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (século XV)
Estilo actual? (século XV)
Estado actualEn restauración. Visitable
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Naraío é un castelo medieval situado ao pé do río Castro, na parroquia de Santa María de Naraío (San Sadurniño). Tralo seu abandono no século XVII foise irmandando co hábitat que o rodea, chegando aos nosos días como unha romántica e florida ruína ao pe do río Castro, afluente do río Grande de Xuvia. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Castelo de Naraío.

Pertenceu esta fortaleza a Gonzalo Piñeiro, nobre galego que tomou partido por Pedro I O Cruel na guerra civil que o enfrontou con Henrique II de Trastámara. Vencido o seu señor as hostes do Trastámara perseguiron aos Piñeiro ata derrotar ao último deles en Anca. Henrique concedeulle as terras e o castelo aos Andrade en pago a súa axuda durante a contenda.

Segundo Comerma y Batalla o castelo tornou aos seus antigos propietarios no ano 1527[2]. O castelo foi abandonado no século XVII e o seu estudo comeza coa publicación a principios do século XX dun libriño sobre tres castelos próximos a Ferrol no que presentaba un plano do castelo cos seus sotos, libro este obra do enxeñeiro catalán residente en Ferrol Andrés Avelino Comerma y Batalla.

A principios do ano 2007 un equipo dirixido polo arqueólogo lugués Anxo Felpeto iniciou un proxecto de investigación e rehabilitación do castelo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Unha escalinata de pedra e madeira permite o ascenso ata o que se conserva da fortificación a torre da homenaxe e os muros do patio de armas.

A entrada principal é unha porta alintelada onde se situaba o anciño e a porta levadiza. Conserva outras portas unhas de arcos de medio punto e outras con arcos escarzanos.

A torre da homenaxe estrutúrase en catro plantas co teito abovedado. A porta de acceso sitúase nove metros máis alta que a porta principal. Outra pequena porta ábrese na planta inferior. No seu lado sur ábrese unha pequena ventá xeminada co parteluz soportando dous arcos de medio punto. Unha última abertura se pode apreciar na torre, trátase dunha latrina apoiada en canzorros.

O Castelo é propiedade da Casa de Alba que o cedeu por 30 anos á Xunta de Galicia[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)" (csv). abert@s. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2019. 
  2. COMERMA Y BATALLA, A. A. (1903): Los castillos feudales de Moeche, Narahío y Andrade, Ferrol: Imp. de El Correo Gallego.
  3. "La herencia gallega de la Casa de Alba. El País, Salvador Rodríguez el 10/02/2011". Arquivado dende o orixinal o 05/10/2011. Consultado o 12/08/2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]