Saltar ao contido

Castelo da Palma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo da Palma
Mugardos Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Patrimonio
Ben de Interese Cultural
Data17 de outubro de 1994
IdentificadorRI-51-0008856
Códigos e identificadores
VIAF248770940 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 3564
Wikidata C:Commons

O castelo da Palma ou castelo de Nosa Señora da Palma é un castelo do século XVI situado no concello de Mugardos, que formaba parte do sistema defensivo da ría de Ferrol.

A súa orixe remóntase á época dos enxeñeiros militares de Filipe II, no último cuarto do século XVI, concretamente no ano 1597. Formaba parte do sistema defensivo de acceso á ría de Ferrol dende o mar polo que se empraza nunha enseada na entrada da ría de Ferrol fronte ao castelo de San Filipe.

Nace integrado nunha estrutura defensiva de tres castelos, coñecida como un "triángulo de fogo": San Filipe, San Martín e o da Palma. Este sistema defensivo bloqueaba a entrada da ría por medio dunha cadea submarina tendida desde este castelo ao de San Filipe.

Co desenvolvemento do Arsenal Militar realízanse obras de ampliación nos séculos XVIII e XIX por mor dos avances tecnolóxicos no eido militar.

Pouco armamento posuía e a súa función limitábase a vixilancia do tráfico marítimo. Contaba cunha batería en ángulo aberto cara ao mar e unha dobre fronte con baluartes cara a terra firme.

O edificio actual provén das reformas levadas a cabo no século XVIII e finais do século XIX.

A súa última función, na segunda metade do século XX, foi como cárcere militar, onde estivo confinado, entre outros, o golpista do 23-F o tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero.[1]

En 2002, un grupo hoteleiro iniciou negociacións para adquirir o castelo ao Estado español,[2] sen que o proxecto se tivese levado a cabo ata o momento.[3][4] En 2021 a Oficina de Turismo de Mugardos organizou visitas guiadas ao edificio.[5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Así era la cómoda 'celda' del golpista Tejero en el Castillo de la Palma de Ferrol. www.europapress.es.
  2. Vellón, M.; Cheda, M. (21 de outubro de de 2002). "Una promotora madrileña compra el castillo de La Palma para convertirlo en hotel de lujo". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de abril de 2022.
  3. Collado, Rebeca (13 de outubro de de 2021). "Mugardos no tira la toalla de retomar el proyecto de hotel en el Castillo de la Palma". Radio Ferrol/ Cadena SER. Consultado o 29 de abril de 2022.
  4. Bustabad, Lorena (26 de setembro de 2002). "Burocracia y falta de ayudas frustran inversiones hoteleras en dos castillos". El País. Consultado o 29 de abril de 2022. La Palma fue declarada Bien de Interés Cultural (BIC) en 1994 y, desafectada en 2001, cambió de manos un año después. Se subastó por 1,4 millones y fue adjudicada a Castillo de la Palma-Mugardos, SA. Detrás de esta sociedad, están el grupo coruñés Invertaresa, Maxi Logistic y la cadena Diana Grandes Hoteles.
  5. La Voz de Galicia (13 de agosto de 2021). "El castillo de la Palma vuelve a abrir sus puertas hasta finales de septiembre". Consultado o 28 de abril de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blanco Rotea, Rebeca. El castillo de La Palma (Mugardos, A Coruña). Un enclave defensivo en la ría de Ferrol. Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-08732-6. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]