(A torre de Viana) “é unha das máis grandes deste Reino (de Galicia), tanto en fábrica como en altura (...). Posúe un gran valado e contramuro, foso e contrafoso, e desde el baixaba unha escaleira abovedada baixo terra para sacar auga do río Bibei. Tiña un castro como todos os demais do Reino, moi parecido en todo ao de Ponferrada, por ter tres valados, e os antigos señores del habitárono ata os últimos tempos do rei Filipe II o Prudente, pois ademais da fortaleza e casa vella fixeron cuartos e galerías ao seu redor, de gran custo e consideración, e máis tarde viviron nela os seus alcaldes, escribáns e mordomos, e había sitio para todos.
Á esquerda érguese o cumio triangular, cheo de breixos, do monte Bernabé, e finalmente vese Viana do Bolo, branca sobre un outeiro en pendente, ao pé dunha torre cadrada e alta, agora usada como prisión, no lugar onde conflúen os ríos Bibei e Támega.