Juan José Teijeiro Leira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan José Teijeiro Leira

Juan José Teijeiro Leira, coñecido como Macicos, nado en Mugardos cara a 1896 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, foi un mariñeiro, funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda República Española foi secretario do concello de Mugardos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, con Juan José Romero Ramos, Jesús Planas Rodríguez, José María Montero Martínez, Francisco Loureda Silvar, Ramón Díaz Pena, Agustín Veiga Hermida, Rogelio Casal Pérez, Juan Carnero Vázquez e José Rivas Fariña, asaltaron o pazo de Piñeiro na procura de armas o 21 de xullo; no tiroteo cos moradores morreron un dos donos e un crego. Foi detido o 25 de marzo de 1937 con Jesús Plana Rodríguez e procesado.[1] Xulgado por un tribunal militar en Ferrol os días 1, 2 e 3 de decembro de 1937 acusado de rebelión polos sucesos do pazo do Piñeiro,[2][3] foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 27 de xaneiro de 1938 canda Amada García, Antonio Eytor Canizo, Ángel Roldos Gelpi e José María Montero Martínez de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas.[4] Abríronlle expediente de responsabilidade civil en xuño de 1938.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 28-3-1937, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 1-12-1937, p, 1.
  3. El Pueblo Gallego, 4-12-1937, p. 5.
  4. El Eco de Santiago, 29-1-1938, p. 2.
  5. El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]