Castelo de Moeche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Castelo de Moeche
Castelo de Moeche 2.jpg
Concello Moeche
Provincia A Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas 43°33′00″N 7°59′35″O / 43.54992, -7.99296Coordenadas: 43°33′00″N 7°59′35″O / 43.54992, -7.99296
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal século XIV (?)
Estilo actual século XVI (En proceso de restauración)
Estado actual Non visitable
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Moeche é un castelo medieval do século XIV, un dos escenarios principais das revoltas irmandiñas. Está situado na parroquia de San Xurxo (Moeche), na cabeceira do val sobre o que se asenta.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a Batalla de Montiel este castelo foi o escenario dunha nova batalla, a última, entre Henrique de Trastámara, axudado polo francés Beltrán du Guesclin e Fernán Pérez de Andrade, e Pedro I o Cruel no que este último perdeu a vida.

As revoltas irmandiñas[editar | editar a fonte]

O castelo foi un dos protagonistas da revolta dos Irmandiños, vasalos oprimidos que se levantaron en armas, e que levaron a Nuno Freire de Andrade, o Mao, a fuxir ao castelo de Andrade (Pontedeume). Finalmente os irmandiños serían vencidos.

A primeira gran revolta tivo lugar aquí como resposta os abusos de don Nuno. Baixo o liderado de Roi Xordo a Irmandade Fusquenlla xurdida en Pontedeume e Betanzos chega a terras lucenses e diríxense a este castelo para dar morte ao señor feudal que, temoroso do levantamento, xa non se atopaba nel. Tras destruír as súas terras perségueno ata Compostela onde o protexe o arcebispo, que lles presenta batalla na Batalla do Eume onde os irmandiños caen derrotados e segundo algunhas fontes Roi Xordo perde a vida finalizando así o primeiro levantamento.

Foi no segundo levantamento irmandiño cando lograron destruír o castelo aló polo ano 1467

Descrición[editar | editar a fonte]

É un castelo medieval do século XIV que pertenceu á nobre familia dos Andrade (señores feudais), construída en cachotería de xisto e perpiaños nos esquinais, arcos e ameas. Mestura trazos señoriais e defensivos. Rodéase o conxunto por un foxo pouco profundo.

A planta é octogonal, e conserva unha torre da homenaxe de 18 metros de altura, planta cadrada e tres pisos en madeira. Os seus muros alcanzan os 4 metros de espesor abertos por estreitas seteiras cara ao exterior e mais abertas no interior. Crese que o primeiro piso foi despensa, o segundo prisión e o terceiro refuxio dos donos do castelo, xa que tiña paso ao patio de honra. Nesta obsérvanse tres escudos gravados (os osos da casa de Osorio, os leóns e castelos da de Enríquez, o de Valcárcel e os roeles dos Castro). No seu ángulo norte presenta un torreón circular con escaleira de caracol que contribuía a distribución do paso de ronda. Acédese a torre desde o patio de armas.

Situación actual[editar | editar a fonte]

Nel celébrase anualmente, desde 1980, co nome de Festival Irmandiño (na terceira semana de agosto), co cal se pretende «conmemorar e reivindicar, cun carácter festivo, o movemento Irmandiño, coas súas características de unión e defensa dos intereses populares». O asalto simbólico ao castelo faise á noite, armados os asaltantes con fachos, mentres o público segue os actos entre outros elementos típicos das romarías: sardiñada, música, danza e esmorga.

Actualmente está completamente restaurado e pódese visitar. Contén unha visita guiada e unha exposición histórica.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]