Castelo de Navia
Castelo de Navia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | castelo ![]() | |||
Estilo | arquitectura románica ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Navia de Suarna ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O castelo de Navia é unha fortaleza medieval situado no centro urbano de Navia de Suarna.
Situación
[editar | editar a fonte]Sitúase no concello lugués de Navia de Suarna, ao nordeste da vila, sobre un risco de lousa dende o que domina o paso do río, que nese lugar é posible a través dunha fermosa ponte altomedieval.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa orixe remóntase ao século XI. No ano 1037 Rodrigo Gutiérrez entregouno como dote a súa esposa Senior. Co tempo pasou a mans dos Osorio e dos Altamira. No ano 1467 os Irmandiños destruíron o castelo, que foi reconstruído tempo máis tarde. Pasou despois a mans dos Losada Quiroga e a dos Freire de Andrade. Finalmente acabou nas mans do cura Manuel López Armesto que transformou o castelo nun edificio de vivendas, tal e como permanece hoxe en día.
Descrición
[editar | editar a fonte]Nel mestúranse elementos antigos con feísmos e amaños modernos. A construción de orixe no século XI foi completamente reedificada no século XV e na actualidade está completamente deformada para facer dela vivendas particulares.