Torre da Lanzada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°25′46.80″N 08°52′36.60″O / 42.4296667, -8.8768333

Torre da Lanzada
A Lanzada Tower, Sanxenxo, Galicia (Spain).jpg
Concello Sanxenxo
Provincia Pontevedra
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas 42°25′46″N 8°52′37″O / 42.429554, -8.876999Coordenadas: 42°25′46″N 8°52′37″O / 42.429554, -8.876999{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal - (románico, século X)
Estilo actual (románico, restaurada)
Estado actual ruínas consolidadas, visita libre
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Torre da Lanzada, é o resto dunha torre-castelo de orixe medieval construída polos meiriños de Iria Flavia no Salnés para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Situación[editar | editar a fonte]

A torre érguese na marxe esquerda da praia da Lanzada, na parroquia de Noalla (Sanxenxo), á beira da ermida da Nosa Señora da Lanzada e do castro do mesmo nome.

Historia[editar | editar a fonte]

É o último vestixio dun castelo datado no século X (arredor do ano 960) construído sobre os restos dun antigo faro fenicio ou romano. Foi mandado construír polo Sisnando para defensa de Compostela contra os ataques viquingos e normandos. Servía de avanzada defensiva ao lado doutras fortalezas da mitra compostelá e como primeiro contacto contra posíbeis inimigos, transmitindo sinais de perigo ás outras torres defensivas que marcaban a ría de Arousa coma as torres de Cambados e as torres do Oeste en Catoira. O sistema defensivo consistía en facer fogueiras na torre que eran vistas dende a Torre de San Sadurniño (Cambados), que alertaban á súa vez ás de Catoira, e así até Santiago de Compostela.

No ano 1121, coincidindo co acordo de paz da raíña Dona Urraca co bispo Diego Xelmírez, decídese que ao segundo se lle deberán entregar a primeira das fortalezas do Castelo Honesto e o da Lanzada; pouco tempo despois sofre un ataque de piratas mouros que sucederan aos normandos como ameaza nas costas galegas. O castelo tamén aparece citado en documentos do século XIII.

En 1467 é sitiado polos irmandiños, acadando a súa conquista atacándoo dende o mar. Trala derrota dos principais xefes irmandiños, Afonso de Lanzós e Pedro Osorio, o castelo da Lanzada convértese no último bastión dos sublevados e nas mesmas ruínas da fortaleza destruída por eles mesmos, resistiron até que, esgotadas todas as posibilidades de defensa, foron capturados. Tras estes feitos o castelo ficou abandonado.

Situación actual[editar | editar a fonte]

Do antigo castelo hoxe só quedan a ermida e unha das torres semiderruída. A torre actual é de planta cuadrangular con muros de cachotaría-cantaría de pedra de gra non moi conformada, agás nos encontros dos muros. Hai algúns anos fixéronse obras neste recinto histórico que afectaron gravemente á súa integridade, perdéndose os vestixios que restaban da súa muralla e tapándose cunha nova a antiga ponte de comunicación co castelo que orixinalmente fora levadiza.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]