Forte de San Damián
Coordenadas: 43°32′41″N 7°2′15″O / 43.54472, -7.03750
Castelo de San Damián | |
---|---|
Concello | Ribadeo |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | ? (século XVIII) |
Estilo actual | ? |
Estado actual | Restaurado como sala de exposicións |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castelo de San Damián, tamén coñecido como Forte de San Damián, é unha fortaleza situada en Ribadeo, a carón da ría de Ribadeo.
Historia[editar | editar a fonte]
O castelo vello foi construído a principios do século XVII (documentado en 1624) polo Marqués de Cerralbo, no terreo que ocupaba a chamada Torre Nova, edificio do século XVI.
Máis tarde, ante o temor dun ataque dos franceses, fóronlle retirados os canóns e o forte quedou abandonado, sendo reducido a ruínas no 1719 polos ingleses. Sobre os seus entullos levantouse a mediados do século XVIII (concretamente iniciáronse as construcións no ano 1744) un novo castelo deseñado polos enxeñeiros Vergel e Arrol. Dispuxeron para esta construción dos fondos proporcionados pola Real Facenda e tamén polas parroquias de Arante, Covelas, Vilaselán e Ove, así como dos cedidos polas vilas de Ribadeo e Mondoñedo, esta derradeira, capital da provincia correspondente por aqueles intres.
Nos anos 1778-1779 foi construído o edificio que presenta na actualidade, segundo documentación no Arquivo Xeral de Simancas (GM 3382 MPD 27,83 e MPD 27,85)
Para aquel momento, os canóns eran de gran calibre (algúns de bronce), e foron traídos de Sevilla. O seu coidado corría a cargo dos soldados e dos veciños, que tiñan que se turnaren para facer as gardas. No ano 1774 tivo outras reformas, que non serviron de moito xa que no 1809 os franceses voaron a polvoreira. Posteriormente foi entregado ó Concello, encargándose este da súa restauración.
Na actualidade no interior non se conserva máis que a citada edificación de planta rectangular cun pequeno saínte realizado no seu momento para dispoñer de cociña. Está realizada en cachotería rebocada cun gran patio amurallado, conformando todo o conxunto unha planta poligonal. O muro que rodea o recinto contén numerosas seteiras defensivas orixinais (que non os cuarteis, reconstruídos con posterioridade), baluarte, foso e contrafortes.
A súa función foi sempre a defensa da entrada da ría de Ribadeo ante posibles ataques polo mar.
Foi declarado baixo a protección da Declaración Xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español,[1] e máis recentemente foi declarado Ben de Interese Cultural.[Cómpre referencia]
Hoxe é Sala Municipal de Exposicións. Constitúe o único exemplo de arquitectura militar en Ribadeo. Dispón dun moi bo miradoiro sobre a ría de Ribadeo; no seu contorno inmediato recuperouse o cargadoiro de mineral, integrado nun parque.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|