Saltar ao contido

Castelo de Maside

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Maside

Tipomonumento e castelo Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°30′08″N 7°37′00″O / 42.502172, -7.61655
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Lugo
ConcelloPantón
ParroquiaFerreira de Pantón
LugarA Torre Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data17 de outubro de 1994
IdentificadorRI-51-0008925
Wikidata ]

O castelo de Maside,[1][2][3] ou castelo de Masid,[4][5][6] ou castelo de Ferreira,[4][7][8] é unha fortificación medieval situada no lugar da Torre na parroquia de Ferreira de Pantón no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos.

Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949,[9] ratificado en normativa posterior.[7][10].

É un exemplo de arquitectura feudal do século XI, restaurado no século XIX por Joaquín Arias Sanjurjo. A fortaleza de Ferreira foi morada do caudillo irmandiño Diego de Lemos, morto en 1492 e soterrado na igrexa do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Exemplo de arquitectura defensiva medieval cun palacio apoiado e unha torre da homenaxe cadrada e ameada, con portas de entrada e un escudo. Na fachada destaca unha xanela, de estilo plateresco, enmarcada por dúas columnas estriadas exentas apoiadas nun pedestal labrado e coroada por un tímpano semicircular en forma de venera.[4]

Alzado e planta en Les Travaux de Mars ou l'Art de la Guerre, 1696, de Alain Manesson Mallet.
  1. Castillo López 1911.
  2. Cegarra 1999.
  3. "Ferreira de Pantón", Diciopedia do século 21.
  4. 4,0 4,1 4,2 Castelo de Masid ou de Ferreira turismo.gal Xunta de Galicia
  5. Vázquez Saavedra & Vázquez Pérez-Batallón 2001.
  6. Fernández 1978, p. 17, parágrafo 3… E conocido co nome de Castelo de Ferreira ou Castelo de Masid. Nós non temos sabencia dabondo pra espricar ese «de» co que remata o Masid e que nos sona a catalán. Chócanos e intríganos este nome estrano e esótico chantado no medio e medio da máis enxebre toponímia galega
  7. 7,0 7,1 "Castelo de Ferreira" en "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia" p. 10. Xunta de Galicia, 1/10/2012
  8. Fernández 1978, p. 17, parágrafo 4. O Castelo de Ferreira de Pantón —servidor prefire chamarlle así e que me perdoen os que pensen o contrario— …
  9. "Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección de los castillos españoles" BOE n.º 125, 5/5/1949 (en castelán).
  10. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]