Castelo de Fornelos
Castelo de Fornelos | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castelo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Crecente | |||
Parroquia | Crecente ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O castelo de Fornelos ou torre de Fornelos[1] é unha fortificación situada na parroquia de Crecente (Crecente), nun outeiro á beira do río Ribadil, moi próximo á fronteira con Portugal, fronte ao castelo de Melgaço.
Historia
[editar | editar a fonte]Estímase que a torre foi levantada xa na época da Antiga Roma e derrubada no século XI, para volver a ser levantada. As primeiras noticias documentais existentes do castelo son de 1158. Foi palco dos combates entre o rei de Galiza Afonso VII e seu curmán Afonso Henriques de Portugal. Sancho I de Portugal fixo doazón deste lugar a dona Aldonza Vázquez de Fornelos e ao seu marido Fernán Pérez de Castro, fundadores da Casa de Fornelos.
Entre os personaxes históricos relacionados co castelo están Martín Sánchez, fillo bastardo de Sancho I de Portugal, Xoán de Castro, bispo de Tui, e Álvar Páez de Soutomaior, que naceu nel.
En 1467 sufriu o ataque irmandiño durante a Gran Guerra Irmandiña, pero ao rematar a revolta foi de novo levantada por Pedro Madruga, que tivo prisioneiro no castelo ao bispo de Tui, Diego de Muros. Segundo as crónicas, durante o cativeiro a súa saúde sufriu moito, chegando a perder todos os dentes.
Unha vez liberado, o bispo organizou un exército co único propósito de derrotar o castelo no que estivera prisioneiro. Porén, a fortificación, só defendida por 15 homes, conseguiu resistir a investida e o sitio realizado polos exércitos do bispo e de García Sarmiento. Nesta batalla faleceu o cabaleiro Francisco López de Avalle.
Na segunda metade do século XX o castelo foi desmantelado case por completo para reutilizar a pedra en diversas construcións veciñas.
Características
[editar | editar a fonte]Do conxunto militar defensivo só se conserva a torre da homenaxe e restos moi danados do recinto murado defensivo e do foso.
A torre da homenaxe é de planta rectangular. Ten 19 metros de altura, estruturada en tres andares. O lado oeste mide 11 metros. Entre a vexetación, que cobre case completamente o edificio, poden verse varias seteiras e algunha xanela con arco de volta perfecta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Torre de Fornelos na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boga Moscoso, R. (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Guías Temáticas Xerais. Xerais. pp. 266–267. ISBN 84-9782-035-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Torre de Fornelos na páxina web do concello de Crecente.
- Ficha en www.castillos.net (en castelán).