Francisco Montaigú
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVII Francia |
Morte | 9 de setembro de 1733 A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro militar, arquitecto |
Francisco Montaigú de la Perille (tamén nomeado Montaigut ou Montaygut[1]) nado en Francia no século XVII e finado na Coruña o 9 de setembro de 1733, foi un brigadier e enxeñeiro militar español de orixe francesa.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a Guerra de Sucesión española, en 1708 foi nomeado enxeñeiro en xefe en Flandres e no ano 1709 foi ascendido a coronel.[3][4] Desde Cataluña, onde participara no Sitio de Barcelona, trasladouse a Mallorca en 1716 co propósito de realizar un proxecto de enxeñaría na capital.[4]
Foi destinado á Coruña en 1721, primeiro como enxeñeiro en xefe e desde 1726 como enxeñeiro director de Galicia.[5][4]
Entre 1722 e 1730 proxectou a reforma do Hospital Militar da Coruña,[6] a ampliación da cidade, a fortificación dos castelos de Santo Antón e San Diego, á vez que realizou a construción da viaxe de auga de San Pedro de Visma, o segundo proxecto de abastecemento de auga que se realizou na Coruña e unha das obras máis importantes no desenvolvemento da cidade.[7][8] En 1723 deseñou o proxecto para ampliar e fortificar a cidade, máis debido á súa complexidade tivo que realizar outro máis práctico só de fortificación que pechaba o barrio da Pescaría.[1]
Desde 1726 comezou a realizar proxectos en Ferrol. Ese mesmo ano debuxaba o plano do primeiro estaleiro desa cidade, na Graña, ampliado en 1728.[9] Amais, entre 1726 e 1730 realizou a ampliación das fortificacións e baterías da ría de Ferrol e a reforma dos castelos da Palma e de San Filipe.[10]
En 1732, elaborou dous proxectos de construción dun arsenal na enseada de Ferrol en substitución do estaleiro da Graña. Ese mesmo ano realizaba a primeira tentativa de levantar un espazo urbanizado cun desenvolvemento elemental e un trazado en cuadrícula que serviu de base para o futuro barrio da Magdalena.[11] Faleceu na Coruña o 9 de setembro de 1733, sendo brigadier.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Real Academia de la Historia
- ↑ Valeiro Solsona, Carlos (22-24 de outubro de 1998). "Los orígenes del abastecimiento de agua a la ciudad de La Coruña" (PDF): 484–485. Consultado o 28 de xullo de 2021.
La respuesta a estas necesidades va a llegar de la mano de un ingeniero militar de origen francés: Francisco Montaigu, y cuya participación en las transformaciones de la ciudad abarca diversos campos que van desde los proyectos de fortificación a propuestas de intervención en el borde marítimo.
- ↑ Los ingenieros militares en España. Siglo XVIII (1ª ed.). Publicacions Edicions Universitat de Barcelona. 1983. pp. 337–338. ISBN 84-7528-117-6.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Albornoz y Galbeño, Juan Carrillo de (2018). "Francisco Montaigut de la Perille". Real Academia de la Historia. Consultado o 28 de xullo de 2021.
- ↑ Vigo Trasancos, Alfredo (1984). Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII (1ª ed.). Vigo: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (C.O.A.G.). p. 34. ISBN 84-85665-11-2.
- ↑ Fernández Caamaño, J.M. (14 de febreiro de 2015). "Seis siglos de hospitales militares en A Coruña". El Ideal gallego. Consultado o 28 de xullo de 2021.
Una vez restaurado el Hospital Real, este entra en funcionamiento a finales del siglo XVII, siendo ampliado en 1725, obra de Francisco de Montaigú.
- ↑ Diario de Ferrol (30 de xaneiro de 2016.). "Los ingenieros militares del Arsenal Francisco Montaigú y Francisco Llovet". Consultado o 28 de xullo de 2021.
- ↑ Varela Vázquez, Marcos Edmundo (2020). "Los viajes de agua de la ciudad de A Coruña y su impacto en la trama urbana" (PDF): 32. Consultado o 28 de xullo de 2021.
una de las obras más importantes y que más influencia tuvo en el desarrollo de la ciudad en este período fue la construcción del viaje de agua de San Pedro de Visma, el segundo proyecto de abastecimiento de agua que se realizó en A Coruña. Esta canalización fue proyectada también por [ Francisco Montaigú] el ingeniero militar encargado de la construcción de las nuevas murallas y se ejecutó entre los años 1722 y 1726
- ↑ Vigo Trasancos, Alfredo (1984). Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII (1ª ed.). Vigo: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (C.O.A.G.). p. 25. ISBN 84-85665-11-2.
- ↑ Vigo Trasancos, Alfredo (1984). Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII (1ª ed.). Vigo: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (C.O.A.G.). pp. 35–36. ISBN 84-85665-11-2.
- ↑ Vigo Trasancos, Alfredo (1984). Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII (1ª ed.). Vigo: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (C.O.A.G.). pp. 51–60. ISBN 84-85665-11-2.