Museo Naval de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Naval de Ferrol
MNF 001.jpg
Herrerías, sede do Museo Naval.
País España España
Cidade Ferrol
Administrador Armada Española
Inauguración 5 de marzo de 1986
Superficie 1.250 M2
Sitio Web EXPONAV

O Museo Naval de Ferrol está situado dentro da base Naval de Ferrol, no antigo Cuartel de Presidiarios coñecido como San Campio, foi proxectado en 1765, lugar onde se aloxaban os presidiarios mentres duraban os traballos de construción, reparación e limpeza dos buques.

Este museo conta con magníficos modelos de barcos de grandes dimensións, cartografía, canons, armamento antisubmarinos, velas, instrumentos de navegación, traxes de mergullo, bandeiras, maquetas de barcos e outro tipo de aparellos relacionados co mar.

Historia[editar | editar a fonte]

A partir de 1970 comezan a recompilarse e catalogarse obxectos dispersos polas múltiples dependencias que, xunto cos da recuperación dos restos do pecio da fragata Magdalena, afundida na ría de Viveiro ano 1810, propician a creación do Museo Naval, inaugurado o 5 de marzo de 1986.

Ademais pódese ver unha variada colección de cartografía con pezas destacables como o “Atlas de Tofiño”. Tamén hai numerosas maquetas de todo tipo de buques e maquetas de batallas navais importantes, proxectís de artillería e torpedos de varios tipos e calibres.

Neste mesmo recinto sitúase a Biblioteca Naval de Ferrol con máis de 40.000 volumes e que conta con varios libros antigos, o máis antigo data do ano 1601.[1] Creada en 1872 polo Capitán Xeneral do Departamento, Miguel Lobo Malagamba, con fondos duplicados da Biblioteca Central de Madrid e da Biblioteca do Observatorio da Mariña de San Fernando. Contén os fondos da antiga Biblioteca de Gardamariñas do século XVIII e da primitiva Escola de Enxeñeiros Navais tamén creada en Ferrol.

Contido[editar | editar a fonte]

Entre o seus obxectos pódense observar restos mariños fosilizados, mecanismos de artes náuticas, compases, mascaróns de proa, cadros e gravados con temática mariñeira, cartas mariñas antigas e documentos históricos.

Presenta información de todos os navíos construídos en Ferrol de 1751 a 1984.

No interior, ademais, exhíbese unha áncora medieval rescatada do fondo da dársena do porto da vila de Mugardos, na ría ferrolá

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]