Castelo de Andrade
- Non confundir co Torreón dos Andrade, tamén en Pontedeume.
- Non confundir co Castelo dos Andrade de Vilalba, Lugo.
Castelo de Andrade | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | monumento e castelo ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Casa de Alba ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Pontedeume | |||
Parroquia | Nogueirosa ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008864 | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O castelo de Andrade, tamén coñecido como fortaleza da Nogueirosa, é un castelo medieval, tamén coñecido en tempos como "Castelo da Fame". Desde a súa orixe estivo moi vinculado á poderosa familia dos Andrade.
Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949,[1] ratificado en normativa posterior.[2]
Situación
[editar | editar a fonte]Sitúase sobre un pequeno promontorio rochoso no lugar do Castelo, parroquia de Nogueirosa do concello de Pontedeume.
Historia
[editar | editar a fonte]Xa desde a súa orixe foi fonte de disputas. Mandado construír por Fernán Peres de Andrade, O Boo, atopou a oposición do prior do mosteiro de Sobrado dos Monxes frei Esteban de Seixas, quen se negaba a súa construción e que incluso conseguiu paralizar as obras por un tempo. Pero o conde de Andrade, valido de Henrique II de Trastámara e de quen obtivera o territorio, rematou impoñéndose na disputa e a construción levouse a cabo.
A maioría do conxunto conservado é o resultado das obras comezadas no ano 1369 sobre a ruína dunha antiga fortaleza, probablemente do século XIII. A partir do século XIV foi denominado como Alcázar dos Andrade.
Trala súa destrución no ano 1467 a causa das revoltas irmandiñas tivo que ser practicamente reedificado. Poucos anos despois, en 1486, foi un dos corenta e seis castelos aos que os Reis Católicos ordenaron o seu desmochado.
No século XIX foi obxecto dunha profunda restauración levada a cabo polo arquitecto Tenreiro a instancia do duque de Alba.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Trátase dun castelo de reducidas dimensións construído sobre a rocha viva da Pena Leboreira.
Unha porta con arco de medio punto permite o acceso ao patio de armas a través dun paso abovedado. O patio de armas ocupa 140 m² polos 100 m² da torre da homenaxe. A torre divídese en tres plantas, alcanza unha altura de 20 metros e os seus muros teñen un grosor medio de dous metros e medio.
Na primeira planta ábrense ao exterior estreitas seteiras de sección trapezoidal e baixo algunha delas pódense observar cazoletas empregadas para a recollida da auga da choiva. A segunda planta ábrese con ventás con arcos de medio punto conformando no interior estreitos parladoiros. Na terceira planta consérvase unha ventá xeminada que perdeu o parteluz. O castelo foi construído nun dos pasos de acceso á desenvocadura do río Eume, desde o seu alto domínase a vila dos Andrade.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do castelo de Andrade.
-
O castelo de Andrade desde Sada
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección de los castillos españoles" BOE n.º 125, 5/5/1949 (en castelán).
- ↑ "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia" Xunta de Galicia, 1/10/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Andrade ![]() |