Alberto Barreiro Docampo
Aparencia
(Redirección desde «Warren»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Moaña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, músico, actor, profesor de ensino secundario |
Alberto Barreiro Docampo, nado en Moaña en 1974, é un filólogo, músico, actor, director e dramaturgo galego, máis coñecido como Warren.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor do TAD "Contribución da Mostra de Cangas á normalización do teatro galego" e foi redactor para os Informes de literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Impartiu cursos de música tradicional en colaboración coa Xunta de Galicia nos centros galegos do exterior de Terrassa (Barcelona) (1998), Os Ánxeles (California) (1999) e Centro Galego do Val Miñor de Buenos Aires (Arxentina) (1999).
No curso 2023-24 é profesor de secundaria no IES Afonso X O Sabio de Cambre.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Música
[editar | editar a fonte]- Mimá (II traballo discográfico de Fiandola, 2011).
- A Subela (Colaboración co grupo de música tradicional A Subela da Sociedade Liceo de Noia, 2011).
- Bricania (2011)
- Chill out celta (Recompilatorio oon Fiandola, 2011).
Audiovisual
[editar | editar a fonte]- Rías Baixas (TVG).
Literatura
[editar | editar a fonte]- Polaroid, dramatización da obra homónima de Suso de Toro.
- Ñaque, ou de piollos e actores, tradución da obra de Sanchís Sinisterra.
- O circo enmeigado, ou a amazona e os excéntricos, tradución da obra de Rafael Dieste.
- Café ás cinco.
- Pocopando.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Titores, Equipo directivo". IES Afonso X O Sabio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Catálogo de dramaturgos galegos. 1973-2004 , López, Yolanda; Paredes, Xavier; et ali. CDAEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2005.
- A freguesía de Moaña. Apuntamentos históricos e etnográficos , García, Manuel Uxío; Chapela, Luís; Villaverde, Xosé C (Editores), 2013, páx.521.