María Xosé Agra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Xosé Agra
Nome completoMaría José Agra Romero
Nacemento11 de febreiro de 1956
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilósofa
Na rede
Dialnet: 145073
editar datos en Wikidata ]

María Xosé Agra Romero, nada o 11 de febreiro de 1956 en Santiago de Compostela,[1] é unha filósofa galega especializada na área de filosofía política. A súa obra céntrase, fundamentalmente, no estudo das teorías da xustiza e na teoría crítica feminista. É catedrática de Filosofía Moral e Política pola Universidade de Santiago de Compostela. É recoñecida como unha das máis salientables filósofas feministas españolas. Forma parte da comisión de xénero do Consello da Cultura Galega e coordina a súa comisión de igualdade[2]. Á súa vez, coordina o Grupo de Investigacións da USC “Xustiza e Igualdade”[3] e é compoñente do Centro de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero (CIFEX) da mesma universidade.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

María Xosé Agra Romero naceu en Santiago de Compostela o 11 de febreiro de 1956. Comezou a súa formación educativa no céntrico instituto compostelán IES Rosalía de Castro, onde foi alumna de Gonzalo Anaya, quen incentivou o seu gusto pola reflexión e comprensión do mundo. Esta influencia, xunto co seu gusto polo grego e a escisión da Filosofía do grao de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, impulsouna a decantarse por ditos estudos na súa cidade natal.[5]

Dende o bacharelato alternou a vida académica co activismo sindical, enrolándose en organizacións como Larga Marcha, entre outras, nas que xa comezaba a facer tamén achegas dende a perspectiva de xénero. Agra describe o seu período estudantil como un tempo convulso, no que foi testemuña e partícipe de manifestacións e diversas loitas contra a ditadura que remataron co fin da mesma no 1975, ano no que a autora se atopaba no ecuador da súa titulación universitaria.[5]

Formación universitaria[editar | editar a fonte]

Comezou os seus estudos na Facultade de Filosofía no curso 1973-1974, na primeira promoción de dita titulación en Galicia. Nestes anos centrouse na lectura e no estudo autodidacta, sobre todo en autores de índole marxista como Alexandra Kollontai, Flora Tristán e Josep Ferrater Mora. Profundou tamén na lectura e estudo de clásicos como Hegel e Marx.[5]

En 1978 rematou os seus estudos universitarios coa pretensión de dedicarse á docencia en institutos, chegando incluso a ser contratada para dar filosofía en COU no colexio Doña Emma. En xullo de 1979 presentouse a unha vacante de axudante na Facultade de Filosofía.

En 1981 presentou unha tesiña centrada en Geoffrey Warnock e o cambio que se estaba operando naquel tempo no seo da filosofía analítica con respecto á crítica do positivismo. Tres anos máis tarde coincidiu academicamente con José Montoya, quen sería o seu director de tese e unha das súas maiores influencias. A súa tese de doutoramento, El significado de la teoría ética de J. Rawls (1984), é un estudo sobre a Teoría da Xustiza de John Rawls, publicada orixinalmente en 1971, no que relaciona ó pensador norteamericano con Warnock. De feito, Agra foi das primeiras lectoras e revisoras de Rawls en España dentro do ámbito da filosofía, xunto con Fernando Vallespín. Por este traballo doutoral recibiu a máxima distinción cum laude.

Primeira etapa de docencia e investigación: anos 80 e principios dos noventa[editar | editar a fonte]

En 1983 comezou a impartir clases na Universidade de Santiago de Compostela como profesora colaboradora, e en 1986 conseguiu a praza de titular de profesora de filosofía política, ética e socioloxía na mesma institución. Foi tamén por esta época que Agra forxou unha forte relación académica coa autora e teórica feminista española Cèlia Amorós Puente. Ambas pensadoras entraron en contacto no contexto dun congreso de filosofía ética en Madrid. Posteriormente, Agra foi convidada por Amorós a traballar no seminario Feminismo e Ilustración.

De 1991 a 1994 foi presidenta da Comisión da Biblioteca da USC, levando a cabo o proceso de automatización de dita biblioteca. Durante este inicio do primeiro lustro da década tamén participou en libros colectivos Convicciones políticas e responsabilidades éticas (1990), Filosofía Política. Razón e Historia (1991) e Concepciones de la Ética. Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía (1992).

Segunda etapa de docencia e investigación: finais dos 90 e século XXI.[editar | editar a fonte]

Nestes anos, e ata a súa xubilación académica en 2020, construíu relacións profesionais e participou en intercambios filosóficos e culturais alén do panorama académico compostelán e español. Participou coa Universidade Autónoma Metropolitana de México (UAM) nos congresos que posteriormente conformaron as bases da creación da que sería durante vinte anos a Revista Internacional de Filosofía Política, publicada por vez primeira no ano 1993. Xa nos primeiros anos do século XXI, a autora tamén se dedicou a establecer relacións co Instituto de Filosofía do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de Madrid, co Grupo de Filosofía e Xénero de Cataluña, fundado por Fina Birulés e Rosa Rius; e coa Universidade do Minho. Nesta institución impartiu docencia en programas de periodicidade bianual.

En 2004 entrou a formar parte da Comisión de Pensamento do Consello da Cultura,[6] coordinada por Torres Queiruga. Dentro desta comisión, colaborou na posta en marcha da Comisión Técnica de Xénero e Igualdade. Un ano máis tarde, en 2005, tamén participou na constitución da Comisión de Xénero,[6] esta vez xa desligada da Comisión de Pensamento. Nesta comisión desempeñou as funcións de coordinadora até 2013.

En 2005 realizou unha estadía na London School of Economics and Political Science con Anne Phillips, teórica marxista feminista. Durante os tres meses que residiu en Londres centrouse na investigación destinada á elaboración do texto de defensa da cátedra universitaria. En 2006 habilitouse como catedrática de Universidade e en 2007[7] conseguiu a cátedra perante o tribunal integrado por Francisco Quesada, José Montoya, Victoria Camps, Cèlia Amorós e Esperanza Guisán.

Xubilouse en 2020, sendo nomeada socia de honra da Sociedade Española de Ética e Filosofía Política. Dirixiu 13 teses de doutoramento. Na actualidade continúa coa investigación filosófica e colabora ocasionalmente con actos culturais e académicos da Universidade e outras organizacións.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Para María Xosé Agra, pensar e actuar son dúas disposicións que van da man.[8] Dende que iniciou a súa formación académica na Universidade de Santiago de Compostela estivo moi involucrada en movementos activistas.

A propia autora cualifica o seu pensamento de “pouco ortodoxo”,[9] afastado da escolástica, pero encadrable dentro da teoría crítica. As dúas vertentes principais do seu pensamento foron as teorías da xustiza e a teoría crítica feminista.

En canto á filosofía política, tratou as diversas temáticas centrais da disciplina nos anos finais do século XX, como a problemática da cidadanía ou o multiculturalismo. Dado que sempre tivo un foco central na xustiza, é recoñecida por ser unha das primeiras pensadoras en facer unha revisión crítica de autores coma John Rawls e a súa Teoría da xustiza, sobre o cal versa a súa tese doutoral. O seu pensamento foi altamente influenciado pola lectura de autores e autoras marxistas coma Karl Marx, Antonio Gramsci e Alexandra Kollontai; así como Flora Tristán ou Hegel, sendo a Fenomenoloxía do espírito un libro de referencia e inspirador para ela.[10]

Colaborou con outros autores e autoras en obras coma En torno a la justicia. As aportacións de Aristóteles, o pensamento español do XVI, J.S. Mill, a fenomenoloxía e Rawls, onde traballa con Luis García Soto, Beatriz Fernández Herrero, Cristina Caruncho Michinel e María Luz Pintos Peñaranda, nun estudo novamente sobre autor norteamericano e a súa teoría.

Alén do estudo das teorías da xustiza, o gran campo de pensamento político no que se desenvolveu filosoficamente foi a teoría crítica feminista. Nos seus escritos encadrados en dito ámbito trata problemáticas políticas coma a cidadanía, a xustiza e a igualdade dende unha perspectiva de xénero. No eido da crítica feminista analizou a obra de autoras como Susan Moller Okin, Iris Marion Young, Adriana Cavarero, Judith Butler ou Judith Sklar. A súa produción feminista recolle o facho de autoras que lle precederon no panorama intelectual nacional, como é o caso de Amelia Valcárcel, Victoria Camps ou Cèlia Amorós. Mantivo, con esta última, unha vinculación académica que se fai patente en numerosas publicacións como As mulleres están en terra de ninguén: conversas con Celia Amorós; así como en diversas participacións conxuntas en grupos de investigación académica.

Nunha das súas máis recentes publicacións no ámbito da teoría crítica feminista, ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad (2016), a filósofa realizou unha análise exhaustiva das complexas relacións no mundo contemporáneo entre xustiza e igualdade sen perder a óptica da perspectiva de xénero.[11]

Obras[editar | editar a fonte]

Publicacións de teoría crítica feminista[editar | editar a fonte]

  • Legitimidad y necesidad del disenso feminista. Convicciones políticas, responsabilidades éticas: V Semana de Ética y Filosofía Política / José María González García (ed. lit.), Carlos Thiebaut Luis (ed. lit.), 1990, ISBN 84-7658-217-X, páxs. 184-205
  • La justicia como equidad: neocontractualismo y crítica desde el género-sexo. La filosofía contemporánea desde una perspectiva no androcéntrica / coord. por Alicia H. Puleo García, 1993, ISBN 84-369-2338-3, páxs. 125-136
  • Liberalismo, antiesencialismo e xustiza. Corpo de muller: discurso, poder, cultura / coord. por María Xosé Agra Romero, 1997, ISBN 84-87847- 87-0, páxs. 153-182
  • Limiar. Corpo de muller: discurso, poder, cultura / coord. por María Xosé Agra Romero, 1997, ISBN 84-87847-87-0, páxs. 7-12
  • Xustiza e política feminista. Entre a igualdade e a diferencia / coord. por Cristina Caruncho Michinel, Purificación Mayobre Rodríguez, 1998, páxs. 103-120
  • Feminismo y ecofeminismo. Ecología y feminismo / María Xosé Agra Romero (comp.), 1998, ISBN 84-8151-578-7, páxs. 1-22
  • El alcance de la justicia y las complejas desigualdades de género. Género y ciudadanía: revisiones desde el ámbito privado: XII Jornadas de Investigación Interdisciplinaria / Cristina Sánchez Muñoz (ed. lit.), Margarita Ortega López (ed. lit.), Celia Valiente Fernández (ed. lit.), 1999, ISBN 84-7477-728-3, páxs. 11- 36
  • Multiculturalismo, justicia y género. Feminismo y filosofía / Celia Amorós Puente (ed. lit.), 2000, ISBN 84-7738-728-1, páxs. 135-164
  • Capítulo 5. Ciudadanía: el debate feminista. NATURALEZA Y SENTIDO DE LA CIUDADANÍA HOY. / coord. por Fernando Quesada Castro, 2002, ISBN 84-362-4595-4, páxs. 129-160
  • Liberalismo político y feminismo. Crítica feminista al psicoanálisis y a la filosofía / coord. por Teresa López Pardina, Asunción Oliva Portolés, 2003, ISBN 84-7491-744-1, páxs. 181-208
  • Internacionalismo, feminismo y justicia. La filosofía política de Martha C. Nussbaum. Siglo XXI: ¿un nuevo paradigma de la política?: I Simposium de Filosofía Política Alberto Saoner / coord. por Fernando Quesada Castro, 2004, ISBN 84-7658-681-7, páxs. 177-211
  • Ecología y feminismo. ¿Es esencialista todo diferencialismo? María Xosé Agra Romero (comp.) Editorial Comares, 1998. Ecorama, 10. ISBN 84-8151-578-7
  • ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad. Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico, 2016, ISBN 978-84-16533-78-7
  • Non é que non existiran…pensadoras, filósofas. Fidelidade á terra: estudos dedicados ó profesor Xosé L. Barreiro Barreiro. / Javier Barcia González (coord.), 2011, ISBN 978-84-9887-673-4, páxs. 187-198
  • Xénero e teorías da xustiza. Xénero e educación social / Elisa Jato e Lucia Iglesias da Cunnha (coord.), 2003, ISBN 84-8487-042-1, páxs. 37-56
  • Feminismos del siglo XXI. Lectora: revista de dones i textualitat, ISSN: 1136-5781, nº12, 2006, páxs. 13-19
  • Feminismo e ilustración. Anales de la Cátedra Francisco Suárez. ISSN 0008-7750, nº33, 1999, páxs. 321-326
  • É de xustiza: In memoriam: Susan Moller Okin e Iris Marion Young. Andaina: revista do Movemento Feminista Galego. ISSN 2843-6346 Nº 45, 2006, páxs. 9-12
  • Sexo y filosofía de Amelia Valcárcel. María Xosé Agra Romero (res.). Festa da palabra silenciada, ISSN 1139-4854, Nº9, 1992, páxs. 143-144
  • El feminismo y/en la filosofía política. Laguna: Revista de Filosofía, ISSN 1132-8177, Nº 30, 2012, páxs. 31-46
  • Defensa da muller: Benito Feixóo, Martín Sarmiento, Vicente do Seixo. Festa da palabra silenciada, ISSN 1139-4854, Nº. 22, 2006 (Ejemplar dedicado a: Os feministas), páxs. 16-22
  • Que é unha muller?: a persistente relevancia de "O segundo sexo". Andaina: revista do Movemento Feminista Galego, ISSN 2483-6346, Nº. 23, 1999, páxs. 34-37
  • Las mujeres y la ética. Anthropos: Boletín de información y documentación, ISSN 0211-5611, Nº 96, 1989 (Ejemplar dedicado a: Adela Cortina y Esperanza Guisán: de la justicia a la felicidad), páxs. 60-63
  • El emblema de lo privado: Notas sobre filosofía política y crítica feminista. Isegoría: Revista de filosofía moral y política, ISSN 1130-2097, Nº 6, 1992, páxs. 161-166
  • Justicia y género: algunas cuestiones relevantes en torno a la teoría de la justicia de J. Rawls. Anales de la Cátedra Francisco Suárez, ISSN 0008- 7750, Nº 31, 1994 (Ejemplar dedicado a: Multiculturalismo y diferencia. Sujetos, nación, género), páxs. 123-146
  • El alcance de la justicia y las complejas desigualdades de género. Género y ciudadanía: revisiones desde el ámbito privado: XII Jornadas de Investigación Interdisciplinaria / Cristina Sánchez Muñoz (ed. lit.), Margarita Ortega López (ed. lit.), Celia Valiente Fernández (ed. lit.), 1999, ISBN 84-7477-728-3, páxs. 11- 36
  • Xéneros e teorías da xustiza. Pensares galegos: mulleres decisivas, 2005, páxs. 39-43
  • Feminist Philosophy in Spain. New Women of Spain: SocialPolitical and Philosophical Studies of Feminist Thought / Elisabeth M. de Sotelo (ed. lit.), 2005, ISBN 3825861996, páxs. 141-1532009.
  • "Exclusiones de la ciudadanía: género, etnia, raza y clase". Congreso Internacional "¿Hacia que modelo de ciudadanía?", 2005, ISBN 8487595995, páxs. 141-154
  • Ciudadanía, feminismo y globalización. Lo público y lo privado en el contexto de la globalización / coord. por Ana María Rubio Castro, Joaquín Herrera Flores, 2006, ISBN 84-690-2249-0, páxs. 67-96
  • Cultura, diversidad cultural y política: apuntes para una reflexión feminista. Feminismo y multiculturalismo / Celia Amorós Puente (ed. lit.), Luisa Posada Kubissa (ed. lit.), 2007, ISBN 978-84-690-9856-1, páxs. 13-29
  • Capacidades humanas e igualdad de las mujeres. El reto de la igualdad de género: nuevas perspectivas en ética y filosofía política / coord. por Alicia H. Puleo García, 2008, ISBN 978-84-9742-866-8, páxs. 125-146
  • Multiculturalidad, género y justicia. Miradas multidisciplinares para un mundo en igualdad: ponencias de la I Reunión Científica sobre Igualdad y Género / coord. por María José Clavo Sebastián, María Ángeles Goicoechea Gaona, 2010, ISBN 978-84-96487-54-3, páxs. 77-98
  • Justo el amor. Miedos, culpas, violencias invisibles y su impacto en la vida de las mujeres: ¡A vueltas con el amor! Actas VI Congreso Estatal Isonomía sobre Igualdad entre mujeres y hombres, 2010, ISBN 9788469364765, páxs. 15-29
  • Construcciones sociales vinculadas a la violencia de género. Violencia de género y justicia / coord. por Cristina Alonso Salgado; Raquel Castillejo Manzanares (dir.), 2013, ISBN 978-84-15876-01-4, páxs. 31-43

Publicacións de filosofía política[editar | editar a fonte]

  • J. Rawls: análisis del concepto de justicia. Ágora: Papeles de filosofía, ISSN 0211-6642, Nº3, 1983, páxs. 99-118.
  • ¿Es la versión castellana de" A Theory of Justice" de J. Rawls una versión modificada? Teorema: Revista Internacional de Filosofía, ISSN 0210-1602, Vol. 13, Nº 1-2, 1983, páxs. 273-284
  • Consideraciones sobre la metodología de J. Rawls. Ágora: Papeles de filosofía, 1984, ISSN 0211-6642, Nº 4, páxs. 99-112
  • Os ilustres escuros. Simposio sobre el pensamiento filosófico y político en la Ilustración francesa: en conmemoración del bicentenario de la Revolución francesa, Santiago de Compostela 9-11 de octubre de 1989 / coord. por María Xosé Agra Romero, Jesús Ríos Vicente, Martín González Fernández, Luis Rodríguez Camarero, 1992, ISBN 84-7191-877-3, páxs. 257-262
  • Individualismo y democracia: narcisismo, resistencia, disidencia. Arbor: Ciencia, pensamiento y cultura, ISSN 0210-1963, Nº 533, 1990, páxs. 73-86
  • Justicia, conflicto doctrinal y estabilidad social en el liberalismo político de J. Rawls. Revista agustiniana, ISSN 0211-612X, Vol. 37, Nº 114, 1996, páxs. 999-1048
  • Una concepción clásica de la justicia social y política. Daimon: Revista internacional de filosofía, ISSN 1130-0507, ISSN-e 1989-4651, Nº 15, 1997 (Ejemplar dedicado a: John Rawls), páxs. 135-156
  • Sobre la agonía de Europa de María Zambrano. Laguna: Revista de Filosofía, ISSN 1132-8177, Nº 7, 2000, páxs. 241-256
  • Ciudadanía: fronteras, círculos y cosmopolitismo. Anales de la Cátedra Francisco Suárez, ISSN 0008-7750, Nº 36, 2002 (Ejemplar dedicado a: El derecho de una democracia cosmopolita), páxs. 9-28, 2004.
  • Antes y después de Rawls: la filosofía política en la brecha. Revista internacional de filosofía política, ISSN 1132-9432, Nº 23, 2004 (Ejemplar dedicado a: La filosofía política después de Rawls), páxs. 71-92
  • Encrucilladas da vulnerabilidade. Grial: revista galega de cultura, ISSN 0017-4181, Nº. 231, 2021, páxs. 150-153
  • Sin perder el rastro: pensando politicamente la igualdad. Las Torres de Lucca: revista internacional de filosofía política, ISSN-e 2255-3827, Vol. 9, Nº. 17 (xullo-decembro), 2020 (Ejemplar dedicado a: Teoría política feminista: tensiones, dilemas y debates), páxs. 19-42
  • Fitos e fíos da xustiza distributiva. Experientia et sapientia: estudios dedicados a la memoria de Ángel Alvarez Gómez / coord. por María Jesús Vázquez Lobeiras, Juan Vázquez Sánchez, César Lorenzo Raña Dafonte; Ángel Álvarez Gómez (hom.), 2007, ISBN 978-84-9750-902-2, páxs. 67-82
  • La justicia social y política. Ciudad y ciudadanía: senderos contemporáneos de la filosofía política / coord. por Fernando Quesada Castro, 2008, ISBN 978-84-9879-011-5, páxs. 323-346
  • Martha C. Nussbaum: liberalismo político de las capacidades. Teorías políticas contemporáneas / coord. por Ramón Máiz Suárez, 2009, ISBN 978-84- 9876-463-5, páxs. 365-398
  • Conceptualizar es politizar: más que una consigna. Pensar con Celia Amorós/ Marián López Fernández Cao (ed. lit.), Luisa Posada Kubissa (ed. lit.), Celia Amorós Puente (hom.), 2010, ISBN 978-84-245-1213-2, páxs. 19-30
  • Venganza, vulnerabilidad, justicia. Pensar radicalmente a humanidade: ensaios em homenagem ao Prof. Doutor Acílio da Silva Estanqueiro Rocha / coord. por João Cardoso Rosas, Vitor Moura, 2011, ISBN 9789898139986, páxs. 569- 585
  • La conversación filosófico-política: nuevos movimientos sociales. La filosofía política hoy: homenaje a Fernando Quesada / coord. por Antonio García Santesmases, 2012, ISBN 9788436263923, páxs. 177-196

Publicacións de ética[editar | editar a fonte]

  • Sobre la ética aplicada. Agora: Papeles de filosofía, 1982, ISSN 0211-6642, Nº 2, páxs. 121-128
  • Hegel e a ética. Festa da palabra silenciada, ISSN 1139-4854, Nº. 6, 1989 (Ejemplar dedicado a: Emilia Pardo Bazán), páxs. 129-131
  • Ética neo-contractualista. Concepciones de la ética / Victòria Camps i Cervera (ed. lit.), Osvaldo Guariglia (ed. lit.), Fernando Salmerón (ed. lit.), 2004, ISBN 84-87699-50-2, páxs. 247-268
  • Vulnerabilidad e injusticia estructural: a propósito de la ‘penuria’ de la vivienda. Políticas y derecho a la vivienda: gente sin casa y casas sin gente / coord. por Natalia Paleo Mosquera; Alba Nogueira López (pr.), 2020, ISBN 9788413550046, páxs. 53-76

Outras temáticas[editar | editar a fonte]

  • Martha Nussbaum. 20 pensadoras del siglo XX / María José Guerra Palmero (ed. lit.), Ana Hardisson Rumeu (ed. lit.), Vol. 2, (Tomo II), 2006, ISBN 84-7985-235-6, páxs. 101-126
  • Embrollo y desacuerdo. Palabras clave: Reflexiones para Fina Birulés / Àngela Lorena Fuster Peiró (ed. lit.), 2010, ISBN 978-84-9888-955-0, páxs. 91- 99
  • Ecoloxía e xustiza. A razón ecolóxica: do VIII Simposio Internacional Luso-Galaico de Filosofía, Santiago de Compostela, 11-12 de xuño de 2009 / coord. por Javier Barcia González, 2011, ISBN 978-84-9887-783-0, páxs. 209-230
  • Señores da terra e donas de seu: un achegamento ao feminismo galego. As mulleres na historia de Galicia / coord. por Miguel García-Fernández, Silvia Cernadas Martínez, Aurora Ballesteros Fernández, Vol. 1, 2012, ISBN 978-84-8408-647- 5, páxs. 259-275
  • Vulnerabilidad: injusticias y cuidados. Bioética: justicia y vulnerabilidad / Margarita Boladeras i Cucurella (aut.), 2013, ISBN 9788415549956, páxs. 49-82
  • A fraternidade nas Irmandades da Fala: 1916-1922. María Xosé Agra Romero, Mariam Mariño Costales. Repensar Galicia: as Irmandades da Fala / Justo G. Beramendi (ed. lit.), Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (ed. lit.), Carme Fernández Pérez-Sanjulián (ed. lit.), María Pilar García Negro (ed. lit.), Xosé Manuel González Reboredo (ed. lit.), 2017, ISBN 978-84-88508-59-1, páxs. 87-104
  • Desorden de las mujeres y contrato sexual. Ser feminista: pensamiento y acción / Alicia H. Puleo García. (ed.lit.), 2020, ISBN 978-84-376-4193-5, páxs, 71-73

Libros[editar | editar a fonte]

  • J. Rawls: el sentido de justicia en una sociedad democrática. Universidade de Santiago de Compostela. 1985, ISBN 84-7191-352-6
  • En torno a la justicia: las aportaciones de Aristóteles, el pensamiento español del XVI, J.S. Mill, la fenomenología y Rawls. María Xosé Agra Romero, Luis García Soto, Beatriz Fernández Herrero, Cristina Caruncho Michinel, María Luz Pintos Peñaranda. Eris, 1999, ISBN 84-921261-2-4
  • Galiza e Portugal: identidades e fronteiras: actas do IV Simposio Internacional Luso-Galaico de Filosofía, Santiago, 28-29 novembro 2003. María Xosé Agra Romero (ed. lit.), Nel Rodríguez Rial (ed. lit.). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico, 2003, ISBN 84-9750-268-X
  • A revoluçâo pendente: feminismo e democracia. Carlos Diegues, María Xosé Agra Romero. Estaleiro Editora, 2008. ISBN 978-84-612-2570-5
  • Leviatán ou A materia, forma e poder dunha república eclesiástica e civil. Thomas Hobbes; María Xosé Agra Romero (pr.), Vicente Araguas (trad.) Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico, 2017, ISBN 9788416954582
  • Nosotros, sin patria. Ursula Hirschmann; María Xosé Agra Romero (pr.). Bellaterra, 2019, ISBN 9788472909328
  • El contrato sexual. Carole Pateman; María Luisa Femenías (trad.), María Xosé Agra Romero (pr.), Ménades, 2019, ISBN 978-84-120006-4-1

Tese de doutoramento[editar | editar a fonte]

  • El significado de la teoría ética de J. Rawls. María Xosé Agra Romero. S.I.: M.J. Agra, 1984 (Santiago de Compostela: Imp. Universitaria. ISBN 84-398-1998-6)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]