Farruco Graña
Farruco Graña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de outubro de 1966 |
Carballo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor, xornalista e profesor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Farruco Graña Rama, nado en Carballo o 7 de outubro de 1966[1], é un escritor, profesor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filosofía en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Establecido en Ribadeo, é profesor de Filosofía no IES Marqués de Casariego, en Tapia de Casarego (Asturias). Ten presentado traballos en varias edicións da Semana Galega de Filosofía, así como en Cursos de Formación do Profesorado. Na actualidade colabora coa prensa local tanto da Mariña (El Progreso-A Mariña, La Comarca del Eo) como de Bergantiños (La Voz de Galicia), así como con prensa de ámbito galego como Xornal.com, A Nosa Terra ou Sermos Galiza.
Tras as eleccións municipais de 2015 foi concelleiro de Ribadeo ata 2019, encargado da área de Cultura.[2][3]
Obras[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- O bosque de Nadgor, 2007, A. C. Francisco Lanza, Ribadeo.
- O soño de Xoán, 2015, Edicións Embora.
- Badaladas de Anllóns, 2017. Edicións Embora.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira.
- Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
- Carballo. Derrubando muros con pintura, 2016. Edicións Embora.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑
- ↑ Acta do pleno de constitución: http://ribadeo.gal/mediateca/albumes/imx/1448448480ACTA_DO_PLENO_2015-0005.pdf
- ↑ Acta do pleno de ordenación. http://ribadeo.gal/mediateca/albumes/imx/1448448647ACTA_DO_PLENO_2015-0007.pdf