Canle de Bristol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canle de Bristol
Bristol Channel - Môr Hafren
Bristol channel landsat7.jpg
Localización administrativa
EstadoReino Unido Reino Unido
DivisiónGales Gales
Inglaterra Inglaterra (Suroeste de Inglaterra)
SubdivisiónCondados galeses de Pembrokeshire, Carmarthenshire, Swansea, Neath Port Talbot, Bridgend, Vale of Glamorgan, Cardiff e Newport
Condados ingleses de Gloucestershire, South Gloucestershire, Brístol, Somerset e Devon
Localización xeográfica
Océano / MarMar Céltico (océano Atlántico)
ContinenteEuropa
Xeografía
SubdivisiónsEstuario do río Severn
Illas interioresFlat Holm, Steep Holm e Lundy (4´24 km²)
AfluentesRío Severn (354 km), río Taff e río Tywi
Accidentes
Golfos e baíasBaías de Carmarthen, Swansea, Bridgewater e Barnstaple
CabosPunta Hartland e St. Govans Head
Características
Lonxitude máxima135 km.
Anchura máxima50 km.
Profundiade máxima120 m.
Mapa
Bristol channel detailed map.png
Canle de Bristol

A canle de Bristol (en inglés: Bristol Channel) é a maior enseada da illa de Gran Bretaña. Separa o sur do País de Gales de Devon e Somerset no suroeste de Inglaterra e esténdese desde a parte inferior do estuario do río Severn até o Atlántico Norte.

Leva o nome da cidade inglesa de Bristol e ten máis de 50 km de largo no seu punto de maior amplitude.