Río Severn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Severn
SevernFromCastleCB.JPG
O Severn en Shrewsbury desde o castelo de Shrewsbury
País Gales e Inglaterra
Nacemento Plynlimon, Ceredigion, Gales
Altitude 610 msnm
Lonxitude 354 km
Conca 11.420 km²
Caudal medio 61,17 m³/s
Desembocadura Canal de Bristol (océano Atlántico)
Ríos británicos
Curso e afluentes do Severn

O río Severn (do inglés: River Severn, en galés: Afon Hafren, en latín: Sabrina) é o río máis longo de Gran Bretaña con 354 quilómetros de lonxitude.

O río nace a 610 msnm no monte galesa de Plynlimon, no condado de Ceredigion. Corre por catro pobos do condado Powys: Llanidloes, Caersws, Newtown e Welshpool antes de entrar en Inglaterra. Brevemente, o Severn é a fronteira entre Gales e o condado inglés de Shropshire.

Atravesa a capital de Shropshire, Shrewsbury, e logo a vila de Telford, onde se atopa a primeira ponte de ferro fundido, o Ironbridge. Máis ao sur o Severn pasa por Bridgnorth antes de entrar no condado de Worcestershire. No norte de Worcestershire a vila de Stourport on Severn leva o seu nome. Tras Stourport o río pasa pola capital do condado, Worcester e dá o seu nome á pequena localidade de Upton on Severn. Cando entra no condado de Gloucestershire, pasa a carón de Tewkesbury, e despois pola capital condal Gloucester. O Severn desemboca na canle de Bristol a través do seu estuario no suroeste de Inglaterra. O quinto río máis longo do Reino Unido, o río Wye, desauga á dereita da boca d estuario do Severn, así como tamén o río Usk e, pola ribeira esquerda, faino o río Avon (Avon de Bristol).

O seu principal afluente é o río Avon, o décimo cuarto río máis longo do Reino Unido.

Tributarios[editar | editar a fonte]

Os principais afluentes do río Severn son os seguintes (ordenados):

  • río Vyrnwy, pola esquerda, cunha lonxitude de 64 km que discorre por Gales e Inglaterra;
  • río Tern, pola esquerda, de 48 km e que discorre por Inglaterra;
  • río Teme, pola dereita, de 130 km e que discorre por Gales e Inglaterra;
  • río Avon, pola esquerda, de 136 km e que discorre por Inglaterra;

Véxase tamén[editar | editar a fonte]