Manuel Silva Ferreiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Santa Cruz de Ribadulla, España |
Morte | 1969 (72/73 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Silva Ferreiro, nado en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) en 1896 e finado en Santiago de Compostela en 1969, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutorouse en Teoloxía e Dereito canónico pola Universidade Pontificia Compostelá, na que desempeñou as cátedras de Cosmoloxía, Psicoloxía e Ética. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela. Exerceu os cargos de fiscal xeral do arcebispado e consiliario da Escola Nocturna de Obreiros e das Xuventudes Universitarias de Acción Católica. Colaborou na prensa galega e revistas diocesanas e estatais sobre temas de carácter histórico, é coñecido polo seu libro Galicia y el Movimiento Nacional.
Obras[editar | editar a fonte]
- Galicia voto en Cortes, 1925.
- Galicia y el Movimiento Nacional, 1938.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, A. (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 360.
- Rodríguez Fraiz, A. (2005). "Silva Ferreiro, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.