Cadáver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado mostrando os restos de cadáveres momificados, no val de Saqqara, Exipto.

Un cadáver (acrónimo do latín caro data vermibus, que significa "carne dada aos vermes") é o corpo dun ser vivo morto.[1]

A palabra cadáver provén do latín cadāver, -eris, en relación con el verbo cadere, 'caer', e significa 'caído', e tamén 'morto'.[2] [3]

Caracaterísticas[editar | editar a fonte]

Curiosamente, noutras linguas, a palabra tamén deriva de cadaver(em) (Kadaver en alemán, kadaver en neerlandés), pero sobre todo para indicar o corpo dun animal morto, mentres que en galego e pode referirse tanto ao corpo morto dun animal como, máis frecuentemente, ao dunha persoa.

Pero na súa versión latina e o vocábulo cadáver é un composto de tres termos diferentes con significado propio dentro do latín. Descomponse nos seguintes termos: caro ('carne'), data ('dado, dada', paticipio de do, das, dare, dedi, datum, 'dar') e vermibus ('a ou para os vermes, dativo de plural de vermis, -is, 'verme'). É dicir, o significado antigo de cadáver vén ser, literalmente, 'carne dada aos vermes' que, segundo a antiga Roma, lugar de onde vén o termo, é unha palabra derivada da simple observación do que sucede cun cadáver en circunstancias meteorolóxicas de intemperie, non sendo manipulada a súa descomposición natural mediante embalsamamento.

O ser humano, desde a antigüidade, tomou diversas medidas para eliminar os cadáveres, normalmente mediante sepulturas escavadas no solo, ou depositando o cadáver en sarcófagos onde o corpo se descompoñía pola acción de vermes e bacterias.

Unha práctica alternativa, tamén de orixe antiga, é a cremación ou eliminación do corpo mediante lume en piras funerarias ou, hoxe, en crematorios.

A atracción sexual cara aos cadáveres denomínase necrofilia, que na maioría das culturas se considera unha práctica socialmente inaceptábel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cadáver s.m. Corpo sen vida dunha persoa ou dun animal. O forense examinou o cadáver. CF. defunto. (Definición de cadáver no diccionario da RAG). [1]
  2. [2] Caduceus Caducary Cadaver. Word Roots Medical Etymology (en inglés)
  3. Etimoloxía de cadáver (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]