Sixto Aguirre
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de setembro de 1901 Rianxo |
| Morte | 14 de agosto de 1936 Saa |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | médico |
| Familia | |
| Parentes | Luís Aguirre del Río, tío |
Sixto de Aguirre Garín, nado en Rianxo o 1 de setembro de 1901 e finado en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Residía na aldea de Imo en Dodro. A súa casa familiar era unha mansión grande e suntuosa pero sen excesivos fastos, construída a fins do século XVIII polos seus devanceiros. Era fillo do avogado Alejandro Nicolás Aguirre del Río e María Dolores Garín. Sobriño do poeta Luís Aguirre del Río[1].
Viviu en Santiago de Compostela e estaba vinculado á Izquierda Republicana. Foi detido en Dodro[2] e paseado con Camilo Díaz Baliño en Palas de Rei; o seu cadáver apareceu á beira da estrada nas proximidades do lugar de Saa[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gloria a Sixto Aguirre! Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. El Correo Gallego (11-8-2008).
- ↑ "Os sucesos de outubro de 1934", no blog Rianxeiros (23-12-2009).
- ↑ Sixto Aguirre Garín, Nomes e Voces.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sixto Aguirre |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. Concello de Rianxo.