Alfonso Mato
Alfonso Mato | |
---|---|
Nacemento | 1956 |
Lugar de nacemento | Ribadavia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | historiador |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alfonso Mato Domínguez, nado en Ribadavia en 1956, é un historiador e documentalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou na Gran Enciclopedia Gallega e no Instituto Galego de Información. Colaborou en obras colectivas, como a edición crítica do Sempre en Galiza de Castelao e Ánxel Casal, un editor para un país. Catálogos de Lar e Nós (2007).
Obras[editar | editar a fonte]
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X.. Coordinador.
- O Seminario de Estudos Galegos na documentación que garda o Instituto Padre Sarmiento, 2001.
- 5 documentos sobre a autonomía galega (1931-1981), 2001.
- De camiños, viaxeiros e camiñantes, 2016 (con Santiago Lamas).
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015 con Santiago Lamas, por De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na Editorial Galaxia Arquivado 01 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.