Fundación Vicente Risco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dr. Alveiros»)

Coordenadas: 42°11′24″N 7°48′09″O / 42.1899081, -7.8025897

Fundación Vicente Risco
Casa museo de Vicente Risco. Sede da fundación
TipoCultural
Data de fundación12 de abril de 1995
Nomeado en referencia aVicente Risco
Presidente/aCelia Pereira Porto (-) Editar o valor em Wikidata
Localización
SedeCasa museo de Vicente Risco
EnderezoRúa San Lourenzo
EnAllariz
PaísGalicia
Na rede
https://www.fundacionvicenterisco.com
editar datos en Wikidata ]

A Fundación Vicente Risco é unha institución cultural galega constituída o 12 de abril de 1995 dedicada ao escritor, político e ensaísta galego Vicente Risco. Ten a súa sede en Allariz, no nº 3 da rúa de San Lourenzo, na casa da muller de Vicente Risco, Carmen Fernández, e na que naceron os seus fillos: Carmen (morta prematuramente), Antón, María Jesús e Cruz. Na actualidade, é propiedade do municipio.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

O principal obxectivo da fundación é seleccionar documentación para poñer a disposición dos estudosos e investigadores. Nela custódianse dous fondos bibliográficos, documentais e plásticos de Vicente Risco e do seu fillo, Antón, en fase de catalogación e dixitalización. A intención da fundación é ir subindo documentos na web para facilitar o traballo dos investigadores. Ademais, pódese descargar a obra publicada de Vicente Risco practicamente na súa totalidade.

Por outro lado, esta institución ocúpase de promover obras, eventos e premios literarios en diferentes categorías coa intención de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Na entrada, hai uns paneis que explican brevemente o labor de Risco.

No baixo, nas antigas cortes e bodega, hai unha sala multiúsos preparada para exposicións temporais. Ademais, nesta planta fanse actividades para grupos de até setenta persoas.

O primeiro piso conta cun salón modernista, no que se celebran concertos de cámara, recitais de poesía, presentacións de libros e actividades de pequeno formato. Á súa dereita, encóntrase unha recreación do despacho de Risco. O orixinal estaba situado na rúa Santo Domingo de Ourense.

Enriba dese primeiro andar, na actualidade[cando?], estase a reorganizar o espazo coa intención de inaugurar a finais de maio[cando?] unha sala con caricaturas de Vicente Risco, e unha exposición permanente sobre O porco de pé a cargo de Xabier Varela. No último piso está a parte administrativa da institución. É o lugar onde se organizan os arquivos e onde están os despachos de traballo.

Promoción de premios[editar | editar a fonte]

Fundación Vicente Risco promove, en colaboración con outras entidades e institucións, os seguintes premios:

Promoción de eventos[editar | editar a fonte]

Fachada da sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz.

A Fundación promove as Xornadas Romasanta. Nas tres últimas edicións convidáronse escritores que prepararon un conxunto de relatos curtos no xénero de terror e fantástico.

Alén doutras actividades puntuais, en especial nas Letras Galegas, a Fundación promove:

  • Ciclo de cine clásico Caspervek. Cine mudo en directo (4 sesións ao ano, que se celebran no Espazo Ben Común de Allariz).
  • Ciclo e Cámara Petiscos Musicais, catro concertos ao ano na sala do piano do primeiro andar da Fundación.
  • Actividades poéticas como "Ponme un poema" durante a fin de semana máis próxima ao día internacional da poesía.
  • Poetas na corte d´el Rei Sabio (en colaboración con Yolanda Castaño)
  • Poemagosto, celebrado en outubro.

Do mesmo xeito, a fundación está a impulsar a Oficina Utriculari, na que o grupo de Cámara Residente na Fundación Ensembre Hotteterre está a recuperar, baixo a dirección de Paulo Gonçalves, a gaita de fol para a música erudita.

Ademais, esta impulsou o grupo "Cultura que une", que en colaboración con outras entidades portuguesas está a promover o intercambio de experiencias entre escritores, poetas, fotógrafos e artistas plásticos de Galiza e Norte de Portugal.

Literatura impulsada pola fundación[editar | editar a fonte]

A Fundación ten unha liña editorial chamada Doutor Alveiros, onde alén das obras de Vicente e Antón Risco, pretende promover os premios e xornadas que se organizan, así como obras que sexan do interese da Fundación.

Algunhas das obras de literatura galega impulsadas son as seguintes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]