Illa de Baffin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa de Baffin
ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ
Qikiqtaaluk (en inuktitut)
Wfm baffin island.jpg
Imaxe satélite
Baffin Island, Canada.svg
Situación
PaísFlag of Canada.svg Canadá
ArquipélagoIllas Árticas do Canadá
MarOcéano Ártico
Coordenadas69°N 72°O / 69, -72
Xeografía
Superficie507 451 km²
Punto máis altoMonte Odin (2 147m)
Demografía
CapitalIqaluit
Poboación10 745 (2008)
Densidade0,02 hab./km²
Lingua propiaInuktitut

A Illa de Baffin (en Inuktitut: ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ Qikiqtaaluk) é unha illa ártica de Nunavut, Canadá. É a illa máis grande de Canadá e a quinta do mundo, cunha área de 507.451 km², e 11.000 habitantes (2004). O explorador William Baffin deulle o nome. A cidade principal da illa, e capital de Nunavut, Iqaluit (antes coñecida como Frobisher Bay) localízase na costa sur

Historia[editar | editar a fonte]

Os máis antigos restos de hábitat humano localízanse no suroeste da illa e remóntanse ao 2.400 a.C. En 1576 o explorador inglés Martin Frosbisher é o primeiro europeo en chegar á illa e entre 1615 e 1616 William Baffin explora o sur da illa A illa de Baffin (ás veces chamada, Terra de Baffin; en inuit, Qikiqtaaluk, e, en nórdico antigo, Helluland, a «terra da pedra prateada») é unha grande illa situada no extremo noriental de Canadá, pertencente ás illas do arquipélago ártico canadense. É a illa máis grande do Canadá e a 5ª do mundo, cunha superficie de 507.451 km². Administrativamente, pertence ao territorio autónomo de Nunavut e á rexión Qikiqtaaluk.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa de Baffin ten unha forma bastante irregular, asimilable a unha J virada uns 45º á esquerda, cos dous extremos máis anchos e unha parte central máis estreita. Ten unha lonxitude, en dirección NO-SE, de máis de 1600 km, variando a súa anchura entre os 500 km do seu parte setentrional, os 200-300 km da parte central e os de máis de 800 km da parte meridional.

A illa está atravesada por profundos entrantes de mar que conforman varias grandes penínsulas:

  • no extremo suroccidental, a península Foxe, de relevo moi desigual. Avanza no mar, dirección EO, é duns 215 km. O seu istmo ten unha anchura duns 80 km e a súa anchura máxima é de 145 km;
  • no extremo máis meridional, a península Meta Ingognita;
  • na parte suroriental, ao norte da anterior, a península Hall, levemente accidentada;
  • na parte máis oriental, máis ao norte da anterior, a península Cumberland, cunha anchura no punto máis estreito de 335 km;
  • na parte setentrional, a península Borden, unha meseta percorrida por vales fluviais;
  • na parte setentrional, a península Brodeur, outra meseta percorrida por vales fluviais.

Os puntos extremos de illa Baffin son os seguintes. Obtivéronse directamente mediante o Google Earth, polo que a súa precisión pode ter algún erro debido á propia forma da consulta:

Iqaluit -antes denominada Frobisher Bay-, a capital de Nunavut, está situada na costa sur da illa, na baía homónima, da cal recibiu o nome. No 2001 tiña 5236 habitantes.

Ao sur está o estreito de Hudson e o Québec, ao continente. Ao leste sitúase o estreito de Davis e a baía de Baffin e, á outra banda, Groenlandia. Ao oeste e ao norte, a baía de Foxe, o golfo de Boothia e o estreito de Lancaster separan a illa de Baffin do resto do arquipélago.

Illa de Baffin

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Monte Odin (2.147 m), o punto máis alto de Illa Baffin.