Apeadoiro de Arcade
Arcade | |
---|---|
Apeadoiro de Arcade | |
Situación | Estación de Ferrocarril s/n 36690 Arcade (Soutomaior) |
Liñas | |
Media distancia | MD e Rexional |
Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.[1]
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Atópase no punto quilométrico 7,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela, a 12 metros de altitude, entre o apeadoiro de Cesantes e a estación de Redondela-AV polo sur e a estación de Pontevedra polo norte.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1886 a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, xeralmente abreviada como MZOV, concluíu o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.[3] Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba Pontevedra na que se situou a estación de Arcade. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, Oeste integrouse como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 23 de xuño de 2016.
Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
1 | MD | A Coruña Pontevedra Santiago de Compostela |
Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Real Decreto 664/2015, de 17 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Circulación Ferroviaria." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). Consultado o 30-12-2017.
- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 3,0 3,1 Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Artigos relacionados
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.