Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego. O seu territorio coincide co da provincia de Ourense, e divídese en tres distritos sanitarios: o Distrito sanitario de Ourense, ao oeste da provincia, o Distrito sanitario do Barco de Valdeorras ao nordés da provincia, e o Distrito sanitario de Verín ao sueste.[1]

O Distrito sanitario de Ourense abrangue os seguintes concellos: Allariz, Amoeiro, A Arnoia, Avión, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos, Gomesende, O Irixo, Leiro, Lobeira, Maceda, Maside, Melón, A Merca, Montederramo, Muíños, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Piñor, Pontedeva, Porqueira, Punxín, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, San Xoán de Río, Sarreaus, Taboadela, A Teixeira, Toén, Trasmiras, Verea, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. Por outra banda, o Distrito sanitario do Barco de Valdeorras esténdese polos concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Manzaneda, Petín, A Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras e Viana do Bolo. Por último, os concellos do Distrito sanitario de Verín son Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós e Vilariño de Conso.[2]

O Distrito sanitario de Ourense conta co Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 240.820 cidadáns con tarxeta sanitaria.[3] O Distrito sanitario do Barco de Valdeorras conta pola súa banda co Hospital Público de Valdeorras que dá servizo aos 30.229 cidadáns con tarxeta sanitaria do distrito.[4] Por último, no Distrito sanitario de Verín, o Hospital Público de Verín ten adscritas 26.097 tarxetas sanitarias.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lei do DOG nº 68 do 2018/4/9 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-20. 
  2. "Decreto do DOG nº 150 do 2011/8/5 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-20. 
  3. "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-20. 
  4. "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-20. 
  5. "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-20.