Saltar ao contido

Áreas sanitarias de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa coas sete áreas sanitarias e os catorce distritos sanitarios de Galicia

As áreas sanitarias de Galicia son as demarcacións territoriais coas que se organiza o sistema público de saúde galego. Cada área sanitaria está integrada polos centros de saúde e hospitais do SERGAS presentes nos concellos do seu ámbito territorial, e xestiona de xeito unitario os seus recursos e as súas prestacións sanitarias.[1]

As áreas sanitarias de Galicia son sete[2]:

Á súa vez, cada área sanitaria divídese en distritos sanitarios, os cales teñen unha función coordinadora da atención primaria, hospitalaria e socio-sanitaria ofrecida nos centros asistenciais da súa demarcación.[3] En Galicia hai catorce distritos sanitarios, tendo cada un deles como referencia o hospital existente no seu territorio[4]:

  • Distrito sanitario da Barbanza,
  • Distrito sanitario do Barco de Valdeorras,
  • Distrito sanitario de Cee,
  • Distrito sanitario da Coruña,
  • Distrito sanitario de Ferrol,
  • Distrito sanitario de Lugo,
  • Distrito sanitario da Mariña,
  • Distrito sanitario de Monforte de Lemos,
  • Distrito sanitario de Ourense,
  • Distrito sanitario de Pontevedra,
  • Distrito sanitario do Salnés,
  • Distrito sanitario de Santiago de Compostela,
  • Distrito sanitario de Verín,
  • Distrito sanitario de Vigo.