Tanna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tanna
Vista da illa
Illa de Tanna
Datos
Capital Isangel
País Vanuatu
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Novas Hébridas
Linguas
Poboación (2007) 20.000 hab. aprox.
Superficie 550 km²
Densidade
Coordenadas 19°30′S 169°20′E / 19.500°S 169.333°E / -19.500; 169.333
Maior Altura 1.084 m. monte Tukosmera
Localización
Vanuatu - Tanna.PNG


Tanna ou Tana é unha illa de Vanuatu. Ten 40 km de lonxitude e 19 km de ancho, cun área total de 550 km². É a illa máis poboada da provincia de Tafea, cunha poboación de preto de 20.000, o que a converte nunha das illas máis poboadas do país.

Isangel, a capital administrativa da provincia, atópase na costa occidental, cerca do pobo máis grande: Lénakel. O monte Yasur é o volcán activo máis accesible do mundo, e localízase na costa sueste. A súa altura máxima é o monte Tukosmera, de 1084 m.

Tanna é a base da seita de cargamento John Frum (un grupo relixioso cuxa crenza central é que os cargamentos de bens propiedade dos occidentais fóronlles enviados polos seus antepasados e deberían pertencerlles).

Cultura e economía[editar]

A illa Tanna está poboada completamente por melanesios, que seguen un tipo de vida máis tradicional que os de moitas outras illas. Algunhas das aldeas coñécense como kastom (do inglés custom, costume), onde están prohibidos os inventos modernos, os homes usan kotekas (vainas para pene, chamadas nambas en idioma bislama) e camisas de céspede, e os nenos non van á escola.

Historia[editar]

A illa foi habitada desde o 400 a.C. En agosto de 1774, a luz brillante do volcán Yasur atraeu ao Capitán Cook, o primeiro europeo. Fundou o Port Resolution, unha aldea na punta leste da illa. Deulle o nome de Tana, que en idioma kuamera significa "Terra". No século XIX chegaron moitos misioneiros presbiterianos e comerciantes, pero os taneses. Preto de 1.000 persoas foron recrutadas para traballar na base militar estadounidense de Efaté. Esa primeira exposición aos estándares de vida do primeiro mundo xerou o desenvolvemento de seita de cargamento (en inglés cargo cult). Moitas desapareceron, pero a seita John Frum segue forte en Tanna o día de hoxe.

Nos anos setenta comezou un movemento de independencia e o 24 de marzo de 1974 proclamouse a Nación de Tanna. Mentres os británicos foron máis abertos a estas demandas, os colonos franceses opuxéronse. Finalmente as autoridades do Condominio Anglo-Francés reprimíronos o 29 de xuño de 1974.

En 1980 houbo outro intento de independencia, que declarou a Nación Tafea o 1.º de xaneiro de 1980. As forzas británicas reprimíronos o 26 de maio de 1980, e o 30 de xullo de 1980 obrigáronos a formar parte da nación de Vanuatu, recentemente independizada do Reino Unido.

Bandeira de Tanna