Illas Shepherd
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Illas Shepherd ou Illas Pastor (coordenadas 16°8′S 168°5′E / 16.133°S 168.083°E) son un grupo de illas situadas entre as illas máis grandes de Epi e Efaté, en Shefa provincia de Vanuatu.
De norte a sur, as illas principais son: Laika, Tongoa (Kuwaé), Tongariki, Émaé (Mai), Makura (Emwae), Mataso (Matah), Monument (Étarik), Nguna, Émao, Moso, e Lélépa. Émaé e Tongoa son as illas máis grandes do grupo.
A rexión inclúe dous volcáns submarinos, Kuwae e Makura. As illas están principalmente nos contornos das caldeiras destes volcáns.
A maior das illas é Émaé, a 644 m sobre o nivel do mar, Tongariki tamén está por encima dos 500 m.
| Nome da illa | Superficie (km²) | Coordenadas |
|---|---|---|
| Tongoa | 41,1 | 16°54′S 168°33′E / 16.9°S 168.55°E |
| Laika | 0,9 | 16°57′S 168°34′E / 16.95°S 168.567°E |
| Tongariki | 4,7 | 17°00′S 168°37′E / 17°S 168.617°E |
| Buninga | 1,2 | 17°01′S 168°35′E / 17.017°S 168.583°E |
| Émaé | 36,5 | 17°03′S 168°22′E / 17.05°S 168.367°E |
| Makura | 2,1 | 17°08′S 168°26′E / 17.133°S 168.433°E |
| Mataso | 1,5 | 17°15′S 168°25′E / 17.25°S 168.417°E |