Bislama
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O Bislama é unha lingua crioula melanesia falada principalmente en Vanuatu. Ademais é unha das linguas oficiais xunto co inglés e o francés. É a lingua principal de moitos dos ni-Vanuatu Urbanos (os que viven en Port Vila e Luganville), e a segunda lingua para o resto dos habitantes do país.
O bislama é unha mestura de palabras do inglés, francés e as linguas aboríxes das familias do norte, centro e sur do arquipélago, cunha sintaxe máis parecida a unha lingua de Vanuatu.
Está moi relacionado co tok pisin de Papúa Nova Guinea, o Pijin das illas Salomón e o broken do Estreito de Torres en Australia.
O himno nacional, Yumi, Yumi, Yumi, está escrito en bislama.
[editar] Historia
Milleiros de ni-Vanuatu foron recrutados para traballar en Queensland, Australia, así como nas plantacións de Fiji entre 1870 e 1880. Coas linguaxes que se falaban nestas plantacións creouse o pidgin.
[editar] A orixe do nome
A orixe do Bislama, antes chamado Bichelama, provén do século XIX coa palabra "Beach-la-mar" do francés "bêche de mer", cogombro de mar. A mediados dese século, os cogombros de mar foron colleitados e secados, ó mesmo tempo que os sándalos foron colleitados. O nome vén asociado coa clase de pigdin que usaron os traballadores, tanto por eles mesmos como polos habitantes británicos.