Port Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Port Vila
[[Ficheiro:|120px]] Flag of Port Vila.png
Situación xeográfica
Éfatéetcaetera.png
Estado: Flag of Vanuatu.svg Vanuatu
Rexión:
Subrexión:
Provincia: Shefa
Xeografía
Altitude: msnm
Poboación
Poboación total: 29.356 hab. (1999)
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web:

Port Vila é a capital de Vanuatu e tamén a cidade maior do país. Situada na costa sur da illa de Efaté, na provincia de Shefa , a súa poboación consonte o último censo (1999) era de 29.356 habitantes[1]. Consonte as previsións efectuadas calcúlaselle para 2007 unha poboación de cerca de 40.000 habitantes, o que representaría sobre un 65% da poboación provincial. Port Vila é o centro económico e comercial de Vanuatu.

Índice

Historia [editar]

A área ocupada por Port Vila estivo habitada por melanesios durante centenares de anos.

En 1606, naves do rei de España, patroneadas por Pedro Fernández de Quirós e Luis Váez de Torres descubriron Vanuatu para Occidente.

Durante o século XIX colonos franceses estabeleceron a comuna de Franceville, que declarou a súa independencia en 1889 e se converteu na primeira nación que practicou o sufraxio universal sin distinción de sexo ou raza. Mais aínda que a poboación da época estaba formada por arredor de 500 nativos da illa e menos de 50 occidentais, só se permitía accederen a cargos aos últimos.

Despois de 1887 o territorio pasou a unha administración conxunta de Francia e Gran Bretaña. Isto formalizouse en 1906 como un Condominio franco-británico.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Port Vila acolleu unha base aérea estadounidense e australiana.

En 1987, un tifón danou severamente a cidade. En xaneiro de 2002 un poderoso terremoto causos extensos danos na capital e áreas circundantes.

Parlamento de Vanuatu

Economía [editar]

Port Vila é o porto máis importante e o centro do comercio de Vanuatu. O aeroporto internacional Bauerfield está situado tamén na cidade.

As actividades máis importantes seguen a ser a agricultura e a pesca. O turismo tornouse tamén importante, especialmente con procedencia desde Australia e Nova Celandia. Houbo uns 50.000 visitantes en 1997.

Porén Vanuatu dependende aínda da axuda estranxeira, que na maior parte procede de Australia e Nova Celandia, mais nos últimos anos ven tamén en parte importante da República Popular China.

Un 35.7% das exportacións de Vanuato saen desde Port Vila, mentres que un 86.9% das importacións entran no país através de Port Vila.

Mercado de Port Vila

Demografía [editar]

A poboación da cidade é predominantemente melanesia, con pequenas porcentaxes de polinesios, asiáticos e europeos, estes principalmente franceses e británicos.

Linguas [editar]

En Port Vila, fálase bislama por case toda a poboación na vida decote, mais tanto o inglés como o francés están moi difundidos. Fálanse tamén outros idiomas indíxenas de Vanuatu.

Relixión [editar]

O cristianismo é a relixión predominante en todo Vanuatu, pois seus fieis conforman o 90% da súa poboación. A variante máis espallada é a Igrexa presbiteriana que segue un terzo da poboación. O catolicismo e a Igrexa de Melanesia son observados por un 15% da poboación.

Clima [editar]

Port Vila ten un clima tropical, cunha estación quente e seca, e unha estación de choivas. A precipitación media anual é de arredor de 2.360 mm. Os ventos dominantes son os do sureste.

Educación [editar]

En Port Vila hai unha sección da Universidade do Pacífico Sur, institución financiada por doce países do Océano Pacífico. No campus de Vanuatu hai Dereito e Linguas.

Notas [editar]

  1. National Statistics Office 2000, The 1999 Vanuatu National Population And Housing Census, Government of Vanuatu, Port Vila
Vista xeral de Port Vila
Localización de Port Vila en Vanuatu