Maewo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Maewo | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Lakarere |
| País | Vanuatu |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Novas Hébridas |
| Linguas | |
| Poboación (1979) | 1.772 hab. |
| Superficie | 269 km² |
| Densidade | 6,58 hab./km² |
| Coordenadas | 15°10′S 168°10′E / 15.167°S 168.167°E |
| Maior Altura | 795 m. |
| Localización | |
Maewo (tamén coñecida como Maéwo ou Aurora) é unha illa de Vanuatu situada na provincia de Penama, 150 km ao leste da illa de Espírito Santo. Está situada preto da illa de Ambae e da de Pentecoste. As súas dimensións son 47 quilómetros de longo por seis de ancho, cun área total de 269 quilómetros cadrados. O punto máis alto da illa se situa a 795 metros sobre o nivel do mar. En 1979 a illa contaba cunha poboación de 1.772 habitantes.
Maewo é a illa con maior taxa de choiva de Vanuatu, superando os 2.500 mm por ano. Debido a esta circunstancia, a illa é fértil e abundante en vexetación. A caída da choiva tamén fai que a auga doce sexa abundante na illa e que se formen fervenzas.