Sanma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanma (Vanuatu).png

Sanma é unha provincia ao sur do Pacífico pertencente a Vanuatu, ocupa a illa máis grande do arquipélago, Espírito Santo, localizada aprox. 2.500 km ao nordés de Sydney, Australia. O nome Sanma deriva das letras iniciais das illas principais Espiritu Santo e Malo. Ten unha poboación de 32.340 habitantes e unha superficie de 4.248 km².

Resumo[editar | editar a fonte]

A capital da provincia é Luganville. Outros centros de poboación son Champagne Beach, Hogharbour, Port Olry e Aseviah.

O consello provincial de Sanma é responsable de realizar as actividades diarias da provincia. O consello é elixido cada catro anos, o partido que ten a maioría dos asentos configura o goberno provincial. O xefe do goberno provincial é o presidente da provincia de Sanma. A sé da provincia está situada no centro da cidade de Luganville.