País insular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estados soberanos e estados insulares con recoñecemento limitado (Australia é considerado un continente): os que teñen fronteiras terrestres sombreados de verde e os que non teñen sombreados de azul escuro.

Un país insular é un estado limitado totalmente a unha illa ou a un grupo de illas, e que non ten ningún territorio sobre o continente. No mundo existen corenta e oito países insulares, incluíndo os máis pequenos.

Características[editar | editar a fonte]

Os países insulares poden ser clasificados en dous grupos. Un grupo comprende aqueles que son grandes, relativamente populosos, e polo xeral preto dun continente. Estes inclúen o Xapón, Sri Lanka, Filipinas, Cuba, o Reino Unido, Islandia e Madagascar. O membro máis grande deste grupo, e o país insular máis grande, é Indonesia. Estes países, tipicamente, comparten semellanzas culturais e políticas cos seus veciños continentais. O seu estado insular era unha vantaxe importante que os illou de invasións, e fíxoos importantes no comercio rexional debido á súa localización e ás capacidades marítimas da poboación. Australia forma parte desta categoría, con todo, varios estudos considérana como sector continental de Oceanía.

O outro grupo comprende países máis pequenos como Malta, Chipre, as Comores, Bahamas, Tonga e as Maldivas. Estes países tenden a ser moi diferentes dos países continentais. O seu pequeno tamaño, polo xeral, quere dicir que contan con pouca terra agrícola e escasos recursos naturais. Con todo, na actualidade, estes pequenos países insulares convertéronse en centros turísticos, facéndose en moitos o turismo, a industria dominante.

Algúns países insulares son centrados a unha ou dúas illas principais, como o Reino Unido. Outros espállanse ao longo de centos ou miles de pequenas illas, como Indonesia ou as Maldivas. Algúns países comparten as súas illas con outros países; estes inclúen a República de Irlanda, Haití e República Dominicana que comparten a illa de Santo Domingo ou A Española, e Papúa Nova Guinea.

Listaxe de países insulares[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]