Malakula
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Malakula | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Lakatoro |
| País | Vanuatu |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Novas Hébridas |
| Linguas | |
| Poboación (2000) | 30.000 hab. |
| Superficie | 2.041 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 16°30′S 167°50′E / 16.5°S 167.833°E |
| Maior Altura | 879 m. |
| Localización | |
Malakula é a segunda illa máis grande da nación de Vanuatu, no Océano Pacífico na Melanesia. O seu nome, acuñado por James Cook, ao parecer procedente do francés mal à cul (literalmente, dor no cu) foi inspirado pola presenza de caníbales, a actividade volcánica e outros desagradables características da illa no momento do seu descubrimento.
Segundo o último censo do 2000, Malakula ten unha poboación de máis de 30.000 habitantes. Está separada das illas de Espírito Santo e Malo polo Estreito de Bougainville. Lakatoro, capital da provincia de Malampa, está situada na súa costa oriental e é o asentamento máis grande na illa.
Ten unha altitude máxima de 879 m.