Gran Premio da China de 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gran Premio de China de 2009")
Flag of the People's Republic of China.svg Gran Premio de China de 2009
Detalles da carreira[1]
Carreira 3 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009.
Trazado do circuíto de Shanghai.
Trazado do circuíto de Shanghai.
Data 19 de abril de 2009
Nome oficial VI Gran Premio de China Petronas
Localización Circuíto Internacional de Shanghai
Shanghai, República Popular de China
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5,451 km
Distancia 56 voltas, 305,066 km
Clima Chuvia
Pole position
Piloto Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault
Tempo 1:36.184
Volta rápida
Piloto Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Brawn-Mercedes
Tempo 1:52.592 na volta 42
Podio
Primeiro Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault
Segundo Australia Mark Webber Red Bull-Renault
Terceiro Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button Brawn-Mercedes

O Gran Premio de China de 2009 (formalmente o VI Gran Premio de China Petronas) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 19 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Shanghai, Shanghai, República Popular de China. Foi a terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009, trasladando así o Gran Premio de China da fin do campionato (como viña sendo anteriormente) ao comezo nesta temporada.

Sebastian Vettel de Red Bull Racing gañou a carreira despois de empezar desde a pole position. Tanto a vitoria coma a pole position eran as primeiras para o equipo Red Bull[2]. Mark Webber, tamén de Red Bull, acabou segundo seguido polos dous Brawn GP de Jenson Button e Rubens Barrichello. Os coches McLaren de Heikki Kovalainen e Lewis Hamilton remataron quinto e sexto, diante do Toyota de Timo Glock e o Toro Rosso de Sébastien Buemi, que foron sétimo e oitavo.

Ata hoxe, o GP de China nunca foi gañado pola mesma persoa por dúas veces.

Resumo[editar | editar a fonte]

Vista xeral[editar | editar a fonte]

Jenson Button de Brawn GP chega cunha vantaxe de 5 puntos no Campionato de pilotos sobre o seu compañeiro de equipo Rubens Barrichello e de 1,5 puntos sobre Jarno Trulli de Toyota. Asemade no Campionato de construtores, Brawn GP adianta en 9,5 puntos a Toyota. Renault e BMW Sauber están 12,5 puntos por debaixo na terceira praza. Só dúas escuderías, Force India e Ferrari, chegan sen ningún punto nos seus marcadores.

Antes da carreira, o Tribunal da Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) confirmou a legalidade dos difusores deseñados polos equipos Brawn GP, Williams e Toyota[3]. Despois desta decisión, Renault e McLaren decidiron correr cun deseño de difusores máis actualizado nos seus coches durante o conxunto da carreira[4][5]. Foi un movemento apresurado por parte de ambos os dous equipos, con axustes no Renault de Alonso por primeira vez o sábado antes da carreira[6].

Ferrari anunciou que o seu director de equipo Luca Baldisserri foi apartado das operacións de pista para ser substituído polo enxeñeiro de carreira Chris Dyer[7]. O remodelado foi emprendido despois de que Ferrari non obtivese ningún punto nas dúas primeiras carreiras da temporada[8]. Ferrari tamén anunciou que ambos os seus condutores, Kimi Räikkönen e Felipe Massa, non utilizarían o sistema KERS na carreira, citando problemas de fiabilidade e seguridade[9]. BMW Sauber, por outra parte, declaraba que Robert Kubica utilizaría o KERS por primeira vez durante a sesión de práctica do venres. Kubica non utilizara o sistema nas dúas primeiras carreiras xa que no equipo tiñan preocupacións por que o peso adicional o puxese nunha desvantaxe[10]. Non obstante, Kubica escollía non correr co dispositivo despois desta práctica, ao igual có equipo Renault, reducindo a cantidade de coches equipados co KERS a tres[11].

Ademais, os equipos e condutores italianos indicaron o seu apoio ás vítimas do terremoto de L'Aquila de 2009 a través dunha iniciativa de caridade co lema "Abruzzo nel cuore" (Abruzzo no meu corazón) fomentada polos condutores italianos Jarno Trulli e Giancarlo Fisichella[12][13]. Ferrari mostraba o texto "Abruzzo nel cuore" sobre os seus coches, mentres que Trulli tiña o logo no seu mono[14]. E os coches de Toro Rosso tiñan a mensaxe "Vicini All'Abruzzo" (Todos veciños de Abruzzo)[12].

Adestramentos libres e clasificación[editar | editar a fonte]

"O coche parecía un pouco mellor. Podo sentir máis estabilidade e mellor carga aerodinámica na parte frontal. Definitivamente demos un paso adiante de cara a esta carreira. O coche parece moito máis forte polas esquinas e creo que conseguimos unha liña de base moi positiva para o que resta de fin de semana. Na miña primeira execución das opcións sentíao bastante consistente."
Lewis Hamilton, sobre o rendemento do seu coche durante as sesións de práctica do venres[15]

Celebráronse tres sesións de práctica antes da carreira; dúas sesións o venres, 17 de abril de 2009, cada unha de 90 minutos, e outra de 60 o sábado, 18 de abril de 2009. O McLaren do Campión do Mundo Lewis Hamilton foi o máis rápido ao final da primeira sesión de práctica a mañá do venres, quedando por diante dos coches de Brawn GP de Jenson Button e Rubens Barrichello. O compañeiro de equipo de McLaren de Hamilton, Heikki Kovalainen, era o cuarto máis rápido[16]. Hamilton, cuxo McLaren MP4-24 estaba en posesión dun difusor provisional e un alerón frontal novo, rexistrou a súa volta máis rápida cun tempo de 1:37.334, ao redor dunha décima de segundo por riba de Button[17]. O Red Bull de Mark Webber foi quinto na sesión, con Trulli e Timo Glock de Toyota sexto e oitavo. Fernando Alonso, Nico Rosberg e Sébastien Bourdais compleban a táboa dos dez mellores tempos[18]. Button foi o máis rápido na segunda práctica do venres, seguido de Rosberg e Barrichello. Os pilotos de Red Bull Webber e Sebastian Vettel, quen foron os que encabezaron as follas de tempos durante as fases iniciais da sesión, clasificaban ao final cuarto e quinto respectivamente[19]. Os coches de Toyota de novo obtiveron resultados competitivos, con Trulli e Glock na sexta e oitava posicións e co Williams de Kazuki Nakajima entre eles. Os dous McLaren non puideron repetir os resultados da sesión matinal: Kovalainen acabou noveno e Hamilton, décimo terceiro[18].

O Williams de Rosberg foi o máis rápido na sesión de práctica da mañá do sábado. Rosberg, que esvaraba e saía fóra da pista á grava ao comezo da sesión, cronometrou un tempo de 1:36.133, seguido por Trulli e Hamilton[20]. Button acabou cuarto, seguido do Renault de Nelson Piquet, Jr., que rexistrou a quinta volta máis rápida da sesión. Por outra banda, o compañeiro de equipo de Piquet, Fernando Alonso, cuxo Renault R29 estreaba un difusor novo e corría sen o sistema KERS, podería soamente obter un tempo bo abondo para acadar a 19ª praza[21]. O BMW Sauber de Robert Kubica, quen tamén retiraba o seu KERS para esta sesión, melloraba significativamente os seus resultados da sesión anterior[18]. Ademais, o Toyota TF109 de Timo Glock sufriu problemas na caixa de cambios moi cedo na sesión e tiña que a cambiar para a seguinte sesión, a de clasificación. Deste xeito, Glock recibía unha sanción consistente na perda de cinco lugares na grella por este cambio[22].

Fernando Alonso quedaba en segundo lugar, demostrando que o seu Renault mellorara.
"...se soamente tes unha volta e cometes calquera erro, se vas cargado ou o que sexa, non hai segunda posibilidade e significa que é a fin. Non era fácil pero estou moi, moi feliz. Incriblemente conseguimos a pole position ao final."
Sebastian Vettel, na conferencia de prensa tras a sesión[23]

A sesión de clasificación da tarde do sábado foi dividida en tres partes. Sebastian Vettel logrou a súa segunda pole position da súa carreira deportiva e a primeira do seu equipo, Red Bull Racing[24]. Vettel, quen só correu unha volta lanzada en cada unha das dúas primeiras partes da sesión debido a problemas cos palieres do seu coche, desprazaba a Fernando Alonso por dous décimas de segundo nos últimos momentos da terceira parte[25]. O outro piloto de Red Bull, Mark Webber, acabou en terceiro lugar, inmediatamente diante dos coches Brawn GP de Barrichello e Button. Kimi Räikkönen, despois dunha actuación decepcionante durante práctica, asegurou a oitava posición detrás dun Trulli sexto e dun Rosberg en sétimo lugar. Hamilton e o Toro Rosso de Sébastien Buemi completaron as dez primeiras posicións da grella[26]. Nick Heidfeld, Heikki Kovalainen, Felipe Massa, Timo Glock e Kazuki Nakajima fixeron tempos para saír desde o undécimo ata o décimo quinto posto na grella. Os pilotos eliminados na primeira sesión e que clasificaron desde a décimo sexta á vixésima praza foron Sébastien Bourdais, Nelson Piquet, Robert Kubica, Adrian Sutil e Giancarlo Fisichella[26]. Debido á sanción de cinco lugares, Glock foi retrasado ata o décimo noveno lugar e Nakajima, Bourdais, Piquet, Kubica e Sutil avanzaron unha posición na grella de saída[27].

Carreira[editar | editar a fonte]

Sebastian Vettel obtivo a primeira vitoria do equipo Red Bull Racing na Fórmula 1.
Mark Webber completou unha carreira perfecta ao mando do seu Red Bull, finalizando segundo.
Jenson Button manteu o seu liderato no campionato acabando terceiro.

Robert Kubica e Timo Glock empezaron desde o pit lane. Debido á forte chuvia, as primeiras oito voltas da carreira foron dirixidas polo coche de seguridade. Sutil, Rosberg e Alonso facían a súa primeira parada durante o tempo no que estivo o coche de seguridade en pista, así que quedaron ao final da fileira de monoprazas cando se deu bandeira verde. Lewis Hamilton conseguiu un rápido progreso e adiantou a Jarno Trulli e Kimi Räikkönen, antes de que na volta 12 un trompo o volvese retrasar ata a décima posición. Mentres tanto, Jenson Button adiantou a Rubens Barrichello e colocouse terceiro despois de que o brasileiro se fose longo na trazada.

Trulli e Räikkönen foron bastante lentos nas primeiras voltas e foron perdendo posicións. Hamilton volveu progresar unha vez máis e acadaba o posto sete na volta 11, antes de cometer outro erro que o deixaba nun lugar máis atrás. Webber fixo a súa primeira parada programada na volta 14 e Vettel na seguinte. Neste punto, Button desfíxose de Barrichello, Vettel, Buemi, Massa e Webber.

Na volta 17, Robert Kubica chocou contra Jarno Trulli tras ir emparellados ata o final da última curva. Kubica danou o seu aleron dianteiro e Trulli o seu traseiro, o que lle fixo arrastrarse lentamente unha volta ata o pit para retirarse. O coche de seguridade saíu de novo debido a algúns anacos de restos dos coches deixados na pista. Mentres evitaba ao lento Trulli, Vettel sufriu unha colisión menor con Buemi, danando a súa parte dianteira. Buemi fixo entón a súa parada, xunto con Sutil e cos dous pilotos de Brawn GP.

Felipe Massa sufriu un problema eléctrico co coche de seguridade en pista, que o obrigou a deterse na recta posterior. Na reanudación, Sébastien Bourdais trompeou antes da bandeira verde e baixou moitos lugares. A carreira continuou con Vettel na cabeza, por diante de Button, Webber, Räikkönen, Hamilton, Barrichello, Kovalainen e Buemi (conformando as oito primeiras posicións).

Piquet chocou na volta 28 e danou a parte frontal, aínda que foi quen de continuar. Na volta seguinte, Button non conseguiu frear a tempo, permitindo a Webber o adiantamento. Webber saiuse do asfalto dúas voltas máis tarde e Button recuperou o posto que perdera, ata que Webber o pasou pola zona exterior na curva 7.

Hamilton fixo a súa única parada programada na volta 33, e o seu compañeiro de equipo Kovalainen facía o mesmo unha volta máis tarde. Vettel parou na volta 37 e Webber na 39, mentres que os dous coches de Brawn continuaron ata a 42 (Button) e a 43 (Barrichello). Buemi foi o último condutor en facer a parada, na volta 45, tras a cal a orde de carreira era: Vettel, Webber, Button, Barrichello, Hamilton, Kovalainen, Sutil e Heidfeld. Nico Rosberg probara pneumáticos intermedios na súa segunda parada pero deu un trompo e volveu ao pit para pór outra vez os de mollado.

Rubens Barrichello fixo a volta rápida aínda que só acadou a cuarta praza.

Hamilton seguiu con moitos erros, de xeito que Kovalainen e Sutil foron capaces de pasalo. Entón na volta 51, Sutil chocou fortemente antes da curva 5, rematando aí a súa carreira. Heidfeld tivo que evitar o pneumático de Sutil que rodara pola pista e Glock e Buemi adiantárono.

Vettel permaneceu na cabeza ata a fin, logrando a súa segunda vitoria nun Gran Premio e a primeira para o equipo Red Bull Racing. O seu compañeiro de equipo Webber logrou o seu mellor resultado nunha carreira en segundo lugar, mentres que Button, conformando o resto do podio, conseguía o seu terceiro podio consecutivo. Barrichello acababa cuarto, quinto Kovalainen, sexto Hamilton, sétimo Glock e oitavo Buemi.

No podio, houbo unha confusión cando "God Save the Queen", a himno nacional británico soou en honor a Red Bull no canto de "Land der Berge, Land am Strome", o himno nacional austríaco. Red Bull Racing ten a súa base no Reino Unido, pero está rexistrada coa autoridade de carreira nacional austríaca, reflectindo a súa propiedade austríaca.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os monoprazas que empregaron o sistema KERS están marcados cun "‡".

Calificación[editar | editar a fonte]

Pos Nome Construtor Parte 1 Parte 2 Parte 3 Grella
1 15 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:36.565 1:35.130 1:36.184 1
2 7 España Fernando Alonso Renault 1:36.443 1:35.803 1:36.381 2
3 14 Australia Mark Webber Red Bull-Renault 1:35.751 1:35.173 1:36.466 3
4 23 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Brawn-Mercedes 1:35.701 1:35.503 1:36.493 4
5 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button Brawn-Mercedes 1:35.533 1:35.556 1:36.532 5
6 9 Italia Jarno Trulli Toyota 1:36.308 1:35.645 1:36.835 6
7 16 Alemaña Nico Rosberg Williams-Toyota 1:35.941 1:35.809 1:37.397 7
8 4 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:36.137 1:35.856 1:38.089 8
9 1‡ Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:35.776 1:35.740 1:38.595 9
10 12 Suíza Sébastien Buemi Toro Rosso-Ferrari 1:36.284 1:35.965 1:39.321 10
11 6‡ Alemaña Nick Heidfeld BMW Sauber 1:36.525 1:35.975 11
12 2‡ Finlandia Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes 1:36.646 1:36.032 12
13 3 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari 1:36.178 1:36.033 13
14 10 Alemaña Timo Glock Toyota 1:36.364 1:36.066 191
15 17 Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima Williams-Toyota 1:36.673 1:36.193 14
16 11 Francia Sébastien Bourdais Toro Rosso-Ferrari 1:36.906 15
17 8 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet, Jr. Renault 1:36.908 16
18 5 Polonia Robert Kubica BMW Sauber 1:36.966 17
19 20 Alemaña Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:37.669 18
20 21 Italia Giancarlo Fisichella Force India-Mercedes 1:37.672 20
  • Nota 1. Timo Glock recibiu unha penalización de 5 prazas por mudar a súa caixa de cambios durante a práctica do sábado[28].

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Condutor Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 15 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 56 1:57:43.485 1 10
2 14 Australia Mark Webber Red Bull-Renault 56 +10.970 3 8
3 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button Brawn-Mercedes 56 +44.975 5 6
4 23 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Brawn-Mercedes 56 +1:03.704 4 5
5 2‡ Finlandia Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes 56 +1:05.102 12 4
6 1‡ Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 56 +1:11.866 9 3
7 10 Alemaña Timo Glock Toyota 56 +1:14.476 19 2
8 12 Suíza Sébastien Buemi Toro Rosso-Ferrari 56 +1:16.439 10 1
9 7 España Fernando Alonso Renault 56 +1:24.309 2
10 4 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 56 +1:31.750 8
11 11 Francia Sébastien Bourdais Toro Rosso-Ferrari 56 +1:34.156 15
12 6‡ Alemaña Nick Heidfeld BMW Sauber 56 +1:35.834 11
13 5 Polonia Robert Kubica BMW Sauber 56 +1:46.853 17
14 21 Italia Giancarlo Fisichella Force India-Mercedes 55 +1 volta 20
15 16 Alemaña Nico Rosberg Williams-Toyota 55 +1 volta 7
16 8 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet, Jr. Renault 54 +2 voltas 16
17 20 Alemaña Adrian Sutil Force India-Mercedes 50 Accidente 18
Ret 17 Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima Williams-Toyota 43 Transmisión 14
Ret 3 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari 20 Fallo eléctrico 13
Ret 9 Italia Jarno Trulli Toyota 18 Colisión 6

Campionato tras a carreira[editar | editar a fonte]

Campionato de pilotos
Pos Condutor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button 21
2 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello 15
3 Alemaña Sebastian Vettel 10
4 Alemaña Timo Glock 10
5 Australia Mark Webber 9,5
Campionato de construtores
Pos Construtor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg Brawn-Mercedes 36
2 Austria Red Bull-Renault 19,5
3 Flag of Japan.svg Toyota 18,5
4 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 8
5 Francia Renault 4
  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chinese Grand Prix Preview". Fédération Internationale de l'Automobile. 13-04-2009. http://www.fia.com/en-GB/mediacentre/pressreleases/f1releases/2009/Pages/f1_preview_chn.aspx. Consultado o 16-04-2009.
  2. "Vettel seals first Red Bull win". BBC Sport. 2009-04-19. http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/8006717.stm. Consultado o 2009-04-20.
  3. "Jenson Button and Brawn GP claim victory in diffuser row". Times Online (Times Newspapers Ltd). 2009-04-15. http://www.timesonline.co.uk/tol/sport/formula_1/article6096825.ece. Consultado o 2009-04-16.
  4. "Renault set to join Brawn after failing to beat them". Guardian.co.uk (Guardian Newpapers and Media Ltd). 2009-04-15. http://www.guardian.co.uk/sport/2009/apr/15/jenson-button-renault-diffuser. Consultado o 2009-04-16.
  5. Holt, Sarah (2009-04-16). "Renault & McLaren change diffuser". BBC Sport (BBC). http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/8002297.stm. Consultado o 2009-04-16.
  6. Noble, Jonathan (2009-04-18). "Renault fits interim diffuser for Alonso". autosport.com. http://www.autosport.com/news/report.php/id/74561. Consultado o 2009-04-18.
  7. "Motor racing-Struggling Ferrari alter pit personnel". Reuters UK (Thomson Reuters). 2009-04-13. http://uk.reuters.com/article/motoringMotorSportsNews/idUKLD64319220090413. Consultado o 2009-04-16.
  8. Noble, Jonathan (2009-04-13). "Baldisserri gets factory role in reshuffle". Autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/74449. Consultado o 2009-04-16.
  9. "Ferrari abandon Kers for China GP". BBC Sport (BBC). 2009-04-16. http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/8001866.stm. Consultado o 2009-04-16.
  10. "Teams differ on KERS use". Sky Sports. 2009-04-16. http://www.skysports.com/story/0,19528,12433_5194919,00.html. Consultado o 2009-04-16.
  11. Noble, Jonathan (2009-04-18). "More teams ditch KERS for China". autosport.com. http://www.autosport.com/news/report.php/id/74563. Consultado o 2009-04-18.
  12. 12,0 12,1 "Bourdais returns STR to top ten in Shanghai". Crash.net. 2009-04-17. http://www.crash.net/Formula+One/News/145465/1/bourdais_returns_str_to_top_ten_in_shanghai.html. Consultado o 2009-04-18.
  13. "F1 drivers unite for Italy quake relief". Reuters UK (Thomas Reuters). 2009-04-18. http://uk.reuters.com/article/formulaOneNews/idUKIndia-39115420090418. Consultado o 2009-04-19.
  14. "Ferrari Formula One team puts it in perspective". F1SA. 2009-04-18. http://www.f1sa.com/index.php?option=com_content&task=view&id=12420&Itemid=219. Consultado o 2009-04-18.
  15. "Friday practice - selected team and driver quotes". Formula1.com (Formula One Administration Ltd). 2009-04-17. http://www.formula1.com/news/headlines/2009/4/9190.html. Consultado o 2009-04-19.
  16. "Hamilton sets early pace". Sky Sports (BSkyB). 2009-04-17. http://www.skysports.com/story/0,19528,12433_5198452,00.html. Consultado o 2009-04-19.
  17. Strang, Simon (2009-04-17). "Hamilton sets the early pace in China". Autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/74515. Consultado o 2009-04-19.
  18. 18,0 18,1 18,2 "Chinese grand prix practice results". BBC Sport (BBC). http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/results/7920913.stm. Consultado o 2009-04-19.
  19. Strang, Simon (2009-04-17). "Button edges Rosberg in second practice". Autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/74518. Consultado o 2009-04-19.
  20. "Rosberg exits gravel to set quickest time in China". Reuters UK (Thomas Reuters). 2009-04-18. http://uk.reuters.com/article/formulaOneNews/idUKIndia-39110120090418. Consultado o 2009-04-19.
  21. "Final practice - Rosberg makes amends for Williams". Formula1.com (Fomula One Administration Ltd.). 2009-04-18. http://www.formula1.com/news/headlines/2009/4/9196.html. Consultado o 2009-04-19.
  22. "Glock to suffer grid penalty". Crash.net. Crash Media Group. 2009-04-18. http://www.crash.net/Formula+One/News/145482/1/glock_to_suffer_grid_penalty.html. Consultado o 2009-04-20.
  23. "FIA post-qualifying press conference - China". Formula1.com (Fomula One Administration Ltd.). 2009-04-18. http://www.formula1.com/news/headlines/2009/4/9201.html. Consultado o 2009-04-20.
  24. Mulvenney, Nick (2009-04-18). "Vettel on pole for Chinese Grand Prix". Reuters UK (Thomas Reuters). http://uk.reuters.com/article/UK_MOTORSPORT/idUKSP39927720090418?sp=true. Consultado o 2009-04-19.
  25. Beer, Matt (2009-04-18). "Vettel gives Red Bull first F1 pole". Autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/74570. Consultado o 2009-04-19.
  26. 26,0 26,1 "Chinese Grand Prix qualifying results". BBC Sport (BBC). http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/results/7921027.stm. Consultado o 2009-04-20.
  27. "Chinese Grand Prix starting grid". BBC Sport (BBC). http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/motorsport/formula_one/results/7921086.stm. Consultado o 2009-04-20.
  28. "5-place grid penalty for Glock". gpupdate.net. 18-04-2009. http://f1.gpupdate.net/en/news/2009/04/18/5-place-grid-penalty-for-glock/. Consultado o 18-04-2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio da China de 2009


Carreira anterior:
Gran Premio de Malaisia de 2009
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2009
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2009
Carreira anterior:
Gran Premio de China de 2008
Gran Premio de China Carreira seguinte:
Gran Premio de China de 2010