Brooklyn Nets
| Brooklyn Nets | |
|---|---|
| Conferencia | Conferencia Leste |
| División | División Atlántico |
| Fundado en | 1967 |
| Historia | New Jersey Americans 1967-1968 New York Nets 1968-1977 New Jersey Nets 1977-2012 Brooklyn Nets 2012-presente |
| Pavillón | Barclays Center (2012-presente) |
| Cidade | Brooklyn, Nova York |
| Cores | Negro, branco |
| Propietario(s) | Mikhail Prokhorov Shawn "Jay-Z" Carter |
| Mánager xeral | Billy King |
| Adestrador | P.J. Carlesimo |
| Afiliado da D-League | Springfield Armor |
| Campionatos | ABA: 2 (1974, 1976) NBA: 0 |
| Títulos de conferencia | 2 (2002, 2003) |
| Títulos de división | ABA: 1 (1974) NBA: 4 (2002, 2003, 2004, 2006) |
| Dorsais retirados | 6 (3, 4, 23, 25, 32, 52) |
| Web Oficial | nets.com |
Os Brooklyn Nets son unha franquía de baloncesto da National Basketball Association (NBA) con sede en Brooklyn, Nova York.
O equipo foi fundado en 1967 co nome de New Jersey Americans e comezou xogando na ABA. En 1968 a franquía cambiou o nome a New York Nets. Con este nome ingresou na NBA en 1976, nove anos despois da súa fundación. Actualmente, os New Jersey Nets xogan na División Atlántica da Conferencia Leste da NBA e disputan os seus partidos coma local no Izod Center. Ao longo da súa historia, os Nets lograron 2 campionatos da ABA, 2 de conferencia e 5 de división (un deles na ABA).[1] Os seus éxitos máis recentes datan das Finais da NBA dos anos 2002 e 2003, onde alcanzaron de modo consecutivo a final da NBA.[2]
Tras pasar a súa historia xogando nos estados de Nova Jersey e Nova York, o equipo trasladouse de novo ao condado de Brooklyn en Nova York para a tempada 2012-13, e pasou a xogar os seus partidos coma local no Barclays Center. Tras o traslado, o equipo cambiou o seu nome a Brooklyn Nets.[3]
Índice |
Pavillóns [editar]
- Teaneck Armory (1967-1968)
- Long Island Arena (1968-1969)
- Island Garden (1969-1972)
- Nassau Veterans Memorial Coliseum (1972-1977)
- Louis Brown Athletic Center (1977-1981)
- Izod Center (1981-2010)
- Prudential Center (2010-2012)
- Barclays Center (2012-presente)
Historia da franquía [editar]
1967 a 1976 - Os anos ABA [editar]
A franquía estableceuse en 1967 coma parte da ABA, co magnate empresario camioneiro Arthur Brown coma dono.[4] Brown tivo intencións de nomear o equipo coma New York Freighters, xogando na armería do 69º rexemento no lado leste de Manhattan, pero a presión exercida polos New York Knicks forzou o equipo a mudarse á armería en Teaneck, Nueva Jersey, trocando o seu nome polo de New Jersey Americans.[5] Non sería a derradeira vez que os Knicks afectarían directamente ao futuro da franquía.
Os Americans tiveron unha boa primeira tempada, empatando cos Kentucky Colonels polo último posto nos playoffs da División Leste.[6] Porén, a armería estaba ocupada, obrigando os Americans a buscaren un pavillón de substitución de último minuto. Atoparon un lugar en Commack, Nova York, o Long Island Arena.[7] Cando os Americans e os Colonels chegaron para o partido, atopáronse con que o pavillón de xogo lle faltaban moitas táboas e parafusos. O comisionado da liga George Mikan postergou o xogo debido a este inconveniente.
Para a segunda tempada, o equipo optou por permanecer en Long Island, cambiando o seu nome polo de New York Nets. O equipo foi renomeado coma "Nets" para que o nome deste estivese en concordancia cos otros dous equipos deportivos profesionais de Nova York que nese intre xogaban en Long Island, o equipo da MLB New York Mets, e o equipo de fútbol americano New York Jets.[8]
O equipo rematou último na súa primeira tempada en Nova York.[9] Brown vendeu o equipo a Roy Boe, empresario textil, logo desa tempada. Boe fíxose cargo deseguida durante o final da tempada de 1969.[10] Logo de errar no seu intento de contratar o xogador da UCLA Lew Alcindor, quen fora elixido no draft e logo contratado polo equipo da NBA Milwaukee Bucks.[11] O Island Garden en West Hempstead converteuse na súa nova casa e os Nets finalizaron terceiros acadando a primeira rolda dos playoffs en 1969-70. Un ano despois o equipo adquiriu a Rick Barry proveniente dos Washington Capitols.[12] Após dous anos o equipo voltou mudarse, desta vez cara ao novo Nassau Veterans Memorial Coliseum en Uniondale para a tempada 1971-72.[13]
En 1972, dous anos despois da contratación de Barry, os Nets chegaron ás finais da ABA. Porén, non puideron cos Indiana Pacers e perderon a serie por 4-2.[14] Barry partiu pasada esa postempada, logo da cal os Nets afrontaron unha etapa de reordenamento. A tempada 1972-73 foi decepcionante, xa que os Nets soamente gañaron 30 partidos.[15]
Na tempada 1973-74 os Nets finalmente lograron xuntar todas as pezas. Aínda que a chave chegou a finais de 1973 cando os Nets contrataron a Julius Erving de Virginia Squires.[16] Con Erving, coñecido coma "Dr. J," os Nets atinxiron un equipo competitivo, rematando a tempada cun récord de 55 vitorias.[17] Erving foi elixido coma xogador máis valioso da ABA, e o equipo tivo unha excelente actuación nos playoffs para gañar o seu primeiro título, logo de derrotar os Utah Stars nas finais ABA de 1974.[18]
O éxito continuou na tempada seguinte logrando o récord que aínda se mantén na franquía de 58 partidos gañados nunha tempada regular. Así e todo, a sorte non os acompañou nos playoffs e foron eliminados catro xogos a un por Saint Louis Spirits na primeira rolda de 1975.[19]
Os Nets continuaron gañando na tempada 1975-76 -a última na historia da ABA- con Erving liderándoos a un récord de 55 vitorias na tempada regular; "Dr. J" foi novamente elixido MVP. Derrotaron os Denver Nuggets en seis partidos nunha serie sumamente esixente, e fixéronse co último campionato ABA na historia desta liga logrando o segundo campionato en 3 anos.[20]
1976 a 1980 - Cara á NBA e New Jersey [editar]
Durante o verán de 1976, a ABA e a NBA fusionáronse. Como parte do acordo, catro franquías da ABA, Nets, Nuggets, Pacers e San Antonio Spurs, pasaron a integrar a NBA.[21] Os Nets e os Nuggets solicitaran a adhesión á NBA en 1975. Antes da súa primeira tempada NBA, cambiaron a Kansas City Kings dúas eleccións no draft polo base Nate Archibald.[22] Os Nets semellaban estar preparados para continuaren coma remataran na ABA.
Con todo, leváronse unha desagradable sorpresa cando os Knicks os obrigaron a pagarlles 4.8 millóns de dólares por "invadiren" o seu territorio NBA. Sumado iso aos 3 millóns de dólares que o equipo pagara para unirse á NBA, Boe, pola falta de diñeiro, non puido cumprir co que lle prometera Ervin, e como este se negou a xogar para os Nets so esas condicións, non tivo máis remedio que vendelo aos Philadelphia 76ers por 3 millóns de dólares.[23] Sen Erving, o equipo deu a tempada coma unha causa perdida. Porén, perderon toda esperanza cando Archibald sufriu unha lesión no seu pé en xaneiro. O equipo rematou co peor récord da liga, 22-60.[24]
Previo ao inicio da tempada 1977-78, Boe mudou a franquía novamente a New Jersey, e o equipo pasou a chamarse como se lle coñece agora, New Jersey Nets.[25] Mentres agardaban a que rematasen a construción dun novo estadio no Meadowlands Sports Complex, xogaron catro tempadas no Louis Brown Athletic Center no campus da Universidade de Rutgers, coñecido nese tempo coma Rutgers Athletic Center. En 1978, Boe vendeu a franquía a un grupo de sete empresarios locais (liderados por Joe Taub e Alan Cohen) os cales foron coñecidos coma os "Secaucus Seven".[26] Os primeiros catro anos en New Jersey foron para o esquecemento, xa que sufriron catro anos de derrotas sen chegaren incluso aos playoffs.
Anos 80 [editar]
O equipo mudouse ao Brendan Byrne Arena (actualmente coñecido coma Continental Airlines Arena) en 1981 e experimentaron un modesto éxito durante catro boas campañas.[27] Na tempada 1982-83, so o mando de Larry Brown, os Nets estaban a vivir a súa mellor tempada dende a súa chegada á NBA. Malia todo, Brown aceptou o cargo de adestrador da Universidade de Kansas durante o último mes da tempada e foi desafectado do equipo. Non se recuperarían do cambio de adestrador e perderían na primeira rolda dos playoffs.[28]
Na tempada 1983-84, armaron o que pensaron era o mellor equipo dende o seu inicio na liga. Liderados por Darryl Dawkins, Buck Williams, Otis Birdsong, e Michael Ray Richardson, o equipo gañou a súa primeira serie nun playoff da NBA, derrotando ao campión defensor do anel, Philadelphia 76ers, na primeira rolda de 1984 antes de caer en seis partidos fronte aos Milwaukee Bucks nas semifinais da Conferencia Leste.[29]
O equipo ateigouse de lesións durante a tempada 1984-1985,[30] porén o equipo atinxiu 42 vitorias antes de ser eliminado dos playoffs polos Detroit Pistons.[31] Os Nets non se clasificarían para os playoffs durante as sete seguintes tempadas (entre 1984 e 1992) e non terían un récord positivo en oito anos.
Anos 90 [editar]
Nos temperáns 1990 os Nets comezaron a mellorar os seus resultados novamente polo pulo dun grupo de xogadores moi novos, entre eles salientan os elixidos no draft, Derrick Coleman, Kenny Anderson e Drazen Petrovic, que veu dun troco cos Portland Trail Blazers. Aínda que tiña unha marca negativa durante a tempada 1991-92, os Nets clasificáronse para os playoffs, perdendo cos Cleveland Cavaliers na primeira rolda, por 3-1.[32]
Era Chuck Daly (1992-94) [editar]
O equipo mellorou significativamente en 1992-93, liderado polo trío formado por Coleman, Petrovic e Anderson e o novo adestrador Chuck Daly. Así e todo, a finais da tempada mancáronse Anderson e Petrovic, polo cal sufriu unha xeira negativa dunha vitoria en dez partidos. O equipo rematou cunha marca de 43-39, na sexta posición da Conferencia Leste, e volvéronse a enfrontar aos Cavaliers na primeira rolda.[33] Con Anderson recuperado dunha fractura nunha man e Petrovic xogando cunha lesión no xeonllo, os Nets perderon no quinto partido dunha serie moi igualada. En troques, o optimismo do equipo foi destruído o 7 de xuño, cando Petrovic sufriu un accidente automobilístico na Alemaña no cal perdeu a vida á idade de 28 anos.
A pesar da devastadora perda de Petrovic, o equipo gañou 45 partidos durante a tempada 1993-94, perdendo na primeira rolda de playoffs fronte aos New York Knicks. Daly renunciou ao seu cargo ao remate da tempada e foi substituído por Butch Beard.[34]
A seguinte tempada non contaría con Coleman nos Nets, xa que foi traspasado aos Philadelphia 76ers nunha operación que trouxo a Shawn Bradley, entre outros.
O equipo tivo unha difícil segunda metade de década. Durante este período un dos problemas da NBA era o de coidar a imaxe dos seus deportistas, e afastalos do estereotipo de xogador egoísta e inmaduro que se estaba a formar. Un dos mellores exemplos dese problema eran os Nets. En 1995, Coleman apareceu na portada de Sports Illustrated coma exemplo significativo dese problema.[35] Anderson, Benoit Benjamin, Dwayne Schintzius e Chris Morris eran outros posibles candidatos para apareceren na portada da revista. Nas tempadas 1994-95 e 1995-96 os Nets remataron con idénticas marcas de 30-52.
Era Calipari (1996-99) [editar]
Nun esforzo por reconstruír o equipo, Kenny Anderson foi traspasado con Gerald Glass aos Charlotte Hornets a cambio de Kendall Gill e Khalid Reeves.[36] Kerry Kittles foi seleccionado no Draft da NBA de 1996[37] e Sam Cassell chegou a mediados de tempada. Ademais, John Calipari fíxose cargo do equipo na tempada 1996-97. Pero as cousas non funcionaron e rematouse cun balance de 26-56.
En xuño de 1997, adquiriron a Keith Van Horn e Lucious Harris, entre outros, por Tim Thomas.[38] O único xogador de principios dos anos 90 que quedou no equipo foi Jayson Williams.
A tempada 1997-98 foi a única luz nunha época escura nos últimos anos da década dos 90. O equipo xogou ben so o mandato de Calipari, gañando 43 partidos e clasificándose para a postempada no último día da tempada regular. O equipo ficou oitavo na Conferencia Leste da NBA e perdeu cos Chicago Bulls en tres partidos.[39]
O "Secaucus Seven" vendeu o equipo en 1998 a un grupo de axentes inmobiliarios da cidade, os cales ao ano seguinte asinaron un acordo co dono dos New York Yankees, George Steinbrenner formando YankeeNets, unha compañía que sería propietaria de ambos os equipos, o que levaría a un incremento na influencia á hora de asinar futuros contratos de transmisión de radio e televisión. Após recibir ofertas de numerosas transmisoras, incluíndo ao que era ata ese momento o portador dos dereitos Cablevision, YankeeNets decidiu lanzar unha nova compañía televisiva deportiva rexional chamada YES Network.
A tempada 1998-99 comezou mal para New Jersey con Cassell lesionado no primeiro encontro. Cunha xeira de 3-15, os Nets enviaron a Cassell e a Chris Gatling aos Bucks, e adquiriron a Stephon Marbury dos Minnesota Timberwolves.[40] Logo doutras dúas derrotas, Calipari foi despedido do seu cargo coma adestrador. O equipo nunca se recuperaría do seu pobre comezo e remataría a tempada cunha marca de 16-34.
Tempadas [editar]
| Campións de liga | Campións de conferencia | Campións de división | En posición de playoffs |
| Tempada | Liga | Conferencia | División | Tempada regular | Resultados nos playoffs | Adestrador | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Posto | Vitorias | Derrotas | % | |||||||
| New Jersey Americans | ||||||||||
| 1967–68 | ABA | Leste | 4º | 36 | 42 | .456 | Max Zaslofsky | |||
| New York Nets | ||||||||||
| 1968–69 | ABA | Leste | 5º | 17 | 61 | .218 | Max Zaslofsky | |||
| 1969–70 | ABA | Leste | 4º | 39 | 45 | .464 | Perdida Primeira Rolda (Kentucky) 4–3 | York Larese | ||
| 1970–71 | ABA | Leste | 3º | 40 | 44 | .476 | Perdida Primeira Rolda (Virginia) 4–2 | Lou Carnesecca | ||
| 1971–72 | ABA | Leste | 3º | 44 | 40 | .524 | Gañada Primeira Rolda (Kentucky) 4–2 Gañadas Semifinais da ABA (Virginia) 4–2 Perdidas Finais da ABA (Indiana) 4–2 |
Lou Carnesecca | ||
| 1972–73 | ABA | Leste | 4º | 30 | 54 | .357 | Perdida Primeira Rolda (Carolina) 4–1 | Lou Carnesecca | ||
| 1973–74 | ABA | Leste | 1º | 55 | 29 | .655 | Gañada Primeira Rolda (Virginia) 4–1 Gañadas Semifinais da ABA (Kentucky) 4–0 Gañadas Finais da ABA (Utah) 4–1 |
Kevin Loughery | ||
| 1974–75 | ABA | Leste | 1º | 58 | 26 | .690 | Perdida Primeira Rolda (St. Louis) 4–1 | Kevin Loughery | ||
| 1975–76 | ABA | 2º | 55 | 29 | .655 | Gañadas Semifinais da ABA (San Antonio) 4–3 Gañadas Finais da ABA (Denver) 4–2 |
Kevin Loughery | |||
| 1976–77 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 22 | 60 | .268 | Kevin Loughery | ||
| New Jersey Nets | ||||||||||
| 1977–78 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 24 | 58 | .293 | Kevin Loughery | ||
| 1978–79 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 37 | 45 | .451 | Perdida Primeira Rolda (Philadelphia) 2–0 | Kevin Loughery | |
| 1979–80 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 34 | 48 | .415 | Kevin Loughery | ||
| 1980–81 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 24 | 58 | .293 | Kevin Loughery Bob MacKinnon |
||
| 1981–82 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 44 | 38 | .537 | Perdida Primeira Rolda (Washington) 2–0 | Larry Brown | |
| 1982–83 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 49 | 33 | .598 | Perdida Primeira Rolda (New York) 2–0 | Larry Brown Bill Blair |
|
| 1983–84 | NBA | Leste | Atlántico | 4º | 45 | 37 | .549 | Gañada Primeira Rolda (Philadelphia) 3–2 Perdidas Semifinais de Conferencia (Milwaukee) 4–2 |
Stan Albeck | |
| 1984–85 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 42 | 40 | .512 | Perdida Primeira Rolda (Detroit) 3–0 | Stan Albeck | |
| 1985–86 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 39 | 43 | .476 | Perdida Primeira Rolda (Milwaukee) 3–0 | Dave Wohl | |
| 1986–87 | NBA | Leste | Atlántico | 4º | 24 | 58 | .293 | Dave Wohl | ||
| 1987–88 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 19 | 63 | .232 | Dave Wohl Bob MacKinnon Willis Reed |
||
| 1988–89 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 26 | 56 | .317 | Willis Reed | ||
| 1989–90 | NBA | Leste | Atlántico | 6º | 17 | 65 | .207 | Bill Fitch | ||
| 1990–91 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 26 | 56 | .317 | Bill Fitch | ||
| 1991–92 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 40 | 42 | .488 | Perdida Primeira Rolda (Cleveland) 3–1 | Bill Fitch | |
| 1992–93 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 43 | 39 | .524 | Perdida Primeira Rolda (Cleveland) 3–2 | Chuck Daly | |
| 1993–94 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 45 | 37 | .549 | Perdida Primeira Rolda (New York) 3–1 | Chuck Daly | |
| 1994–95 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 30 | 52 | .366 | Butch Beard | ||
| 1995–96 | NBA | Leste | Atlántico | 6º | 30 | 52 | .366 | Butch Beard | ||
| 1996–97 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 26 | 56 | .317 | John Calipari | ||
| 1997–98 | NBA | Leste | Atlántico | 2º | 43 | 39 | .524 | Perdida Primeira Rolda (Chicago) 3–0 | John Calipari | |
| 1998–99 | NBA[41] | Leste | Atlántico | 7º | 16 | 34 | .320 | John Calipari Don Casey |
||
| 1999–00 | NBA | Leste | Atlántico | 6º | 31 | 51 | .378 | Don Casey | ||
| 2000–01 | NBA | Leste | Atlántico | 6º | 26 | 56 | .317 | Byron Scott | ||
| 2001–02 | NBA | Leste | Atlántico | 1º | 52 | 30 | .634 | Gañada Primeira Rolda (Indiana) 3–2 Gañadas Semifinais de Conferencia (Charlotte) 4–1 Gañadas Finais de Conferencia (Boston) 4–2 Perdidas Finais da NBA (Los Angeles Lakers) 4–0 |
Byron Scott | |
| 2002–03 | NBA | Leste | Atlántico | 1º | 49 | 33 | .598 | Gañada Primeira Rolda (Milwaukee) 4–2 Gañadas Semifinais de Conferencia (Boston) 4–0 Gañadas Finais de Conferencia (Detroit) 4–0 Perdidas Finais da NBA (San Antonio) 4–2 |
Byron Scott | |
| 2003–04 | NBA | Leste | Atlántico | 1º | 47 | 35 | .573 | Gañada Primeira Rolda (New York) 4–0 Perdidas Semifinais de Conferencia (Detroit) 4–3 |
Byron Scott Lawrence Frank |
|
| 2004–05 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 42 | 40 | .512 | Perdida Primeira Rolda (Miami) 4–0 | Lawrence Frank | |
| 2005–06 | NBA | Leste | Atlántico | 1º | 49 | 33 | .598 | Gañada Primeira Rolda (Indiana) 4–2 Perdidas Semifinais de Conferencia (Miami) 4–1 |
Lawrence Frank | |
| 2006–07 | NBA | Leste | Atlántico | 2º | 41 | 41 | .500 | Gañada Primeira Rolda (Toronto) 4–2 Perdidas Semifinais de Conferencia (Cleveland) 4–2 |
Lawrence Frank | |
| 2007–08 | NBA | Leste | Atlántico | 4º | 34 | 48 | .415 | Lawrence Frank | ||
| 2008–09 | NBA | Leste | Atlántico | 3º | 34 | 48 | .415 | Lawrence Frank | ||
| 2009–10 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 12 | 70 | .146 | Lawrence Frank Tom Barrise Kiki Vandeweghe |
||
| 2010–11 | NBA | Leste | Atlántico | 4º | 24 | 58 | .293 | Avery Johnson | ||
| 2011–12 | NBA | Leste | Atlántico | 5º | 22 | 44 | .333 | Avery Johnson | ||
| Brooklyn Nets | ||||||||||
| 2012–13 | NBA | Leste | Atlántico | 2º | 49 | 33 | .598 | Perdida Primeira Rolda (Chicago), 4–3 | Avery Johnson P. J. Carlesimo |
|
| Tempada Regular | 1631 | 2099 | .437 | 1967–2013 | ||||||
| Playoffs | 92 | 100 | .472 | 1967–2013 | ||||||
Xogadores [editar]
Plantel actual [editar]
| Brooklyn Nets 2012-2013 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cadro • Transaccións |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membros do Basketball Hall of Fame [editar]
Dorsais retirados [editar]
| Dorsal | Xogador | Posición | Anos |
|---|---|---|---|
| 3 | Dražen Petrović | E | 1990–93 |
| 4 | Wendell Ladner | A | 1974–75 |
| 23 | John Williamson | E | 1973–80 |
| 25 | Bill Melchionni | B | 1969–76 |
| 32 | Julius Erving | E/A | 1973–76 |
| 52 | Buck Williams | AP/P | 1981–89 |
Adestradores [editar]
| P | Partidos adestrados |
| V | Vitorias |
| D | Derrotas |
| V% | Porcentaxe de vitorias |
| # | Número de adestradores |
| * | Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Americans/Nets |
| Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador | |
| * | Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador e pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Americans/Nets |
| # | Nome | Anos | P | V | D | V% | P | V | D | V% | Logros | Referencia |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tempada regular | Playoffs | |||||||||||
| 1 | Max Zaslofsky* | 1967–1969 | 156 | 53 | 103 | .400 | — | — | — | — | [42] | |
| 2 | York Larese* | 1969–1970 | 84 | 39 | 45 | .464 | 7 | 3 | 4 | .429 | ||
| 3 | Lou Carnesecca* | 1970–1973 | 252 | 114 | 138 | .452 | 30 | 13 | 17 | .433 | ||
| 4 | Kevin Loughery | 1973–1980 | 615 | 297 | 318 | .483 | 34 | 21 | 13 | .618 | 2 Campionatos da ABA (1974, 1976) | |
| 5 | Bob MacKinnon | 1980-1981 | 47 | 12 | 35 | .255 | — | — | — | — | [43] | |
| 6 | Larry Brown | 1981–1983 | 158 | 91 | 67 | .576 | 2 | 0 | 2 | .000 | ||
| 7 | Bill Blair | 1983 | 6 | 2 | 4 | .333 | 2 | 0 | 2 | .000 | [44] | |
| 8 | Stan Albeck | 1983–1985 | 164 | 87 | 77 | .530 | 14 | 5 | 9 | .357 | [45] | |
| 9 | Dave Wohl* | 1985–1987 | 179 | 65 | 114 | .363 | 3 | 0 | 3 | .000 | ||
| — | Bob MacKinnon | 1987-1988 | 39 | 10 | 29 | .256 | — | — | — | — | [43] | |
| 10 | Willis Reed | 1988–1989 | 110 | 33 | 77 | .300 | — | — | — | — | [46] | |
| 11 | Bill Fitch | 1989–1992 | 246 | 83 | 163 | .337 | 4 | 1 | 3 | .250 | Incluído no top 10 de adestradores da historia da NBA | [47] |
| 12 | Chuck Daly | 1992–1994 | 164 | 88 | 76 | .537 | 9 | 3 | 6 | .333 | Incluído no top 10 de adestradores da historia da NBA | |
| 13 | Butch Beard* | 1994–1996 | 164 | 60 | 104 | .366 | — | — | — | — | [48] | |
| 14 | John Calipari* | 1996–1999 | 184 | 72 | 112 | .391 | 3 | 0 | 3 | .000 | ||
| 15 | Don Casey | 1999–2000 | 112 | 44 | 68 | .393 | — | — | — | — | [49] | |
| 16 | Byron Scott | 2000–2004 | 288 | 149 | 139 | .517 | 40 | 25 | 15 | .625 | ||
| 17 | Lawrence Frank | 2004–2009 | 466 | 225 | 241 | .483 | 38 | 18 | 20 | .474 | [50] | |
| 18 | Tom Barrise* | 2009 | 2 | 0 | 2 | .000 | — | — | — | — | [51] | |
| 19 | Kiki Vandeweghe* | 2009-2010 | 64 | 12 | 52 | .188 | — | — | — | — | [52] | |
| 20 | Avery Johnson | 2010–2012 | 176 | 60 | 116 | .341 | — | — | — | — | [53] | |
| 21 | P. J. Carlesimo | 2012– | — | — | — | .000 | — | — | — | — | [54] | |
Premios [editar]
|
Segundo equipo All-NBA
Terceiro equipo All-NBA
Mellor quinteto defensivo da NBA
Segundo mellor quinteto defensivo
|
Primeiro quinteto de Rookies NBA
Segundo quinteto de Rookies NBA
|
Notas [editar]
- ↑ nbahoopsonline.com Campeones ABA, consultado febreiro de 2009
- ↑ NBA.com Campeones NBA, consultado febreiro de 2009
- ↑ "Jay Z: NBA Nets Renamed 'Brooklyn Nets'". My Fox NY. 2011-09-26. http://www.myfoxny.com/dpp/news/jay-z-makes-announcement-about-nba-nets-20110926-KC#ixzz1Z4IqbEe6. Consultado o 2011-09-26.
- ↑ NBA.com Historia New Jersey Nets, consultado maio de 2008
- ↑ remembertheaba.com Historia New Jersey Americans, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1967-68 da ABA, consultado maio de 2008
- ↑ remembertheaba.com Historia New Jersey Americans, consultado maio de 2008
- ↑ remembertheaba.com New Jersey pasa a ser New York Nets, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1968-69 da ABA, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Roy Boe compra o equipo, consultado maio de 2008
- ↑ Ultimatenba.comAbdul Jabbar, elixido polos Nets, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Barry chega aos Nets, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Historia New Jersey Nets, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1971-72 da ABA, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1972-73 da ABA, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Julius Erving rescata aos Nets, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1973-74 da ABA, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Erving, MVP da tempada, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1974-75 da ABA, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1975-76 da ABA, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Os Nets entran na NBA, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Os Nets fanse con Archibald, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Historia de New Jersey Nets, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1976-77 da NBA, consultado maio de 2008
- ↑ Ultimatenba.com Os Nets múdanse a New Jersey en 1977, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Boe vende o equipo, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com O Brendan Byrne Arena, novo pavillón, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1982-83 da NBA, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1983-84 da NBA, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com As lesións azotan aos Nets en 1985, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Tempada 1984-85 da NBA, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com 1992 Playoff Results, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com 1992 Playoff Results, consultado maio de 2008
- ↑ Basketball-reference.com Temporada 1993-94 da NBA, consultado maio de 2008
- ↑ thebiglead.com Coleman, portada de SI, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Kenny Anderson Bio, consultado febreiro de 2009
- ↑ Basketball-reference.com NBA Draft 1996, consultado maio de 2008
- ↑ NBA.com Tim Thomas Bio, consultado febreiro de 2009
- ↑ NBA.com 1998 Playoff Results, consultado maio de 2008
- ↑ NYtimes.com Marbury, aos Nets por Cassell, consultado maio de 2008
- ↑ O lockout reduciu a tempada a 50 partidos.
- ↑ "Max Zaslofsky Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/zasloma01c.html. Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ 43,0 43,1 "Bob MacKinnon Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/mackibo99c.html. Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ "Bill Blair Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/blairbi99c.html. Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ "Stan Albeck Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/albecst99c.html. Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ "Willis Reed Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/reedwi01c.html. Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ "Bill Fitch Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/fitchbi99c.html.
- ↑ "Butch Beard Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/beardbu01c.html. Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ "Don Casey Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/caseybo99c.html. Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ "Lawrence Frank Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/frankla99c.html. Consultado o 22 de novembro de 2008.
- ↑ "Tom Barrise Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/barrito99c.html. Consultado o 13 de decembro de 2009.
- ↑ "Kiki Vandeweghe Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/vandeki01c.html. Consultado o 13 de decembro de 2009.
- ↑ "Nets Reach Agreement with Avery Johnson to Become Coach". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 10 de xuño de 2010. http://www.nba.com/nets/news/Johnson_Coach_Release_100610.html. Consultado o 11 de xuño de 2010.
- ↑ "P. J. Carlesimo Coaching Record". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. http://www.basketball-reference.com/coaches/johnsav01c.html. Consultado o 27 de decembro de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||